Últimas Novas (538)

Últimas novas da asociación LugoPatrimonio

Venres, 09 Setembro 2022 08:17

Viaxe a Cudillero

Visita á Quinta de Selgas
 7 de setembro
A viaxe a Cudillero (Asturias) tivo por finalidade visitar a Quinta Selgas, un conxunto de palacete e xardíns dunha familia burguesa de fin do século XIX e principios do XX, obra dos irmáns Ezequiel e Fortunato de Selgas e Albuerne, onde se pode ver a forma de vida dunha clase de orixe popular, o pai dos Selgas tiña unha tenda de ultramarinos en Cudillero, que acada unha formación e éxito nos negocios, e que mostran na súa residencia estival os obxectos que adquiren en anticuarios.  
A visita guiada que organizamos para tres grupos da Asociación comezou no xardín francés que se atopa diante da fachada principal do edificio, que xa é por sí un exemplo do que son as artes decorativas e suntuarias, desenvolvidas por distintos artesáns, vidreiros, carpinteiros, tallistas e pintores.  
Este xardín está situado na zona sur no que destacan as esculturas e as fontes. É dunha ampla avenida, marcada polos elementos xeométricos: os muros de camelios recortados, as pedras horizontais de céspede e os xardíns con céspede e flores de buxo crean un conxunto de liñas rectas que conflúen no palacio.

31 de maio de 2022

Como actividade previa a viaxe a Asturias os días 24 , 25 e 26 de xuño, a licenciada en Historia da Arte e profesional especializada en Patrimonio Industrial, María Fernanda Fernández Gutiérrez, deu unha conferencia ilustrada con imaxes para explicar o estado deste tipo de patrimonio e a súa posta en valor, facendo tamén referencia ao patrimonio lamentablemente destruído.

Comezou dicindo que é un patrimonio cultural como calquera outro que neste caso amosa a un mundo do traballo que desapareceu, polo que tamén é unha memoria do traballo. Que se chegase a valorar o Patrimonio Industrial foi un esforzo, a veces grazas a mobilización da cidadanía que foron as que obrigaron ás administracións a que se ocupasen del, sendo froito destas acción a aprobación recente dunha lei de protección da industrialización de Asturias. Puxo como primeiro exemplo a Fábrica de Armas de Oviedo, un enorme conxunto de deseño urbanístico situado na entrada da cidade, fronte a igrexa prerrománica de Santuyano de los Prados, que marcou o inicio da industrialización de Asturias, no que se poden ver avenidas, instalacións de enxeñería e elementos de arquitectura, pódese dicir que é unha cidade dentro doutra cidade. Tivo Escola de Artes e Oficios para formar aos fillos dos traballadores, conservándose as portadas da capela románica do mosteiro desamortizado que había no lugar onde se levantou este complexo, O claustro dotouse dunha cuberta metálica en serra para destinar o espazo a almacén.

3 de maio

Con motivo do Día das Letras Galegas, consideramos oportuno aceptar a proposta do escritor Lois Diéguez, ex-presidente de Lugo Patrimonio, de organizar unha mesa redonda, previa á representación que terá lugar en Lugo o día 19 de maio, sobre o monólogo dramático do que é autor o director Xulio Lago, interpretado por María Barcala.

Participaron a profesora Pilar García Negro, a actriz María Barcala, o director e autor da obra, Xulio Lago e como moderador Lois Diéguez, que abriu as intervencións facendo unha reflexión sobre o impacto que sobre o comportamento das persoas está tendo o avance tecnolóxico, especialmente o das comunicacións, que nos está deshumanizando, porque falar coas persoas, mirando aos ollos antes era o natural, agora falamos ás máquinas, e referiu que nunha sala de espera mentres el lía nun libro os demais pasaban o tempo co móbil. Viu no ordenador o anuncio da obra Libre coma os paxaros e foi vela e quedou prendado da interpretación, da iluminación e da escolma de textos en prosa e verso de Rosalía, en galego e castelán feitos por Pilar García Negro e Xulio Lago, considerando que para a actualidade do país esta obra sería representativa.

Luns, 04 Abril 2022 08:44

Viaxe a Allariz

2 de abril

A viaxe a Allariz nun día de primavera con sol, tivo un dobre fin, por un lado ver un exemplo de posta en valor do patrimonio urbano e histórico artístico promovido polo Concello, e por outro complementar coa visita a unha aldea de curtumes, as conferencias que sobre este tema tivemos dentro do Ciclo sobre Patrimonio Industrial.
Na visita estivemos acompañados polo profesor Antonio Blanco Rodríguez que nos acompañou a visitar a aldea de Santa Mariña de Augas Santas, un exemplo de recuperación dun conxunto moi coidado, con elementos etnográficos, e a igrexa románica onde se da culto a Santa Maríña, e se segue aínda hoxe coa tradición das augas salutíferas. Despois da visita, saímos para a aldea de Armea para facer un percorrido arqueolóxico pola vía XVIII do itinerario de Antonino, comezando na beira do camiño a visita ao xacemento galaico romano do Monte do Señoriño, descubertos no ano 2011 polo veciño de Armea Manuel Losada, e escavado entre 2011 e 2013 pola Universidade de Vigo, interpretando os restos como os dunha vivenda do século I d. C., con posibles funcións domésticas, administrativas e de control da vía.

Proxección do vídeo “A vivenda ¿un ben social?”, coa intervención da autora Sagrario Fernández Méndez, e do arquitecto Xosé Anxo Carreira Montes e conferencia sobre “A vivenda social nos cascos históricos. O exemplo de Lugo”.
15 de marzo

Proxectouse o vídeo “A vivenda ¿un ben social?”, coa intervención da autora Sagrario Fernández Méndez, e posteriormente interveu o arquitecto Xosé Anxo Carreira Montes que falou sobre “A vivenda social nos cascos históricos. O exemplo de Lugo”.

O vídeo recolle os testemuños de profesionais dos servicios sociais, de afectados por esta problemática, de persoas sen teito, de xuristas, de arquitectos, de sociólogos, de políticos da esfera local, que ofrecen a súa opinión e visión dun problema non resolto que está presente especialmente nas cidades.
Despois da proxección o arquitecto Xosé Anxo Carreira Montes que foi delegado da Consellería da Vivenda cando se comezou a rehabilitación do Barrio da Tinería de Lugo para vivenda social, contou os problemas cos que se atoparon para comezar o desenvolvemento dun plan, aínda hoxe inacabado a pesar dos moitas anos transcorridos, que trataba de recuperar un patrimonio inmoble moi degradado.

Proxección do documental “Mulleres co mundo na cabeza. Os camiños do Pindo” e conferencia da profesora Encarna Otero Cepeda sobre “As mulleres que constrúen vidas. O traballo das de Muros”

22 de febreiro

Como actividade previa a viaxe realizada o día 12 de marzo ás vilas de Noia e Muros, proxectouse o documental homenaxe ás mulleres anónimas do Pindo, que sustentaron ás súas familias cos materiais que transportaban. Encarna Otero traza desde a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega, grupo “Imaxe e voces” no que están tamén Beatriz, Teresa e Genma, unha historia inspirada nas fotografías que polos anos 20 do século XX, fixo a norteamericana Ruth Matilda Anderson,  establecida a través dos testemuños de Olimpia Oreiro, Marisa Vázquez e Marisa Beiro, tres veciñas da zona que reconstrúen a súa vida como cesteiras que percorrían os camiños de Carnota e Monte Pindo para levar a Muros ou Ézaro o leite e diversos produtos cultivados por elas, despois vendidos para o sustento das súas familias, moitas delas cos maridos na emigración, especialmente a Estados Unidos, alí denominados “os do Norte”, que cando viñan traían libros, polo que sorprende que se instruíran a través da lectura..

14 de decembro

A temática desta conferencia está relacionada co Patrimonio Industrial, ao que vimos dedicando a nosa atención, que completaremos cunha viaxe a Allariz no mes de abril de 2022, para ver as aldeas fábricas do curtido de Vilaboa e a Acea de Meire; Augas Santas e Armeá.
O conferenciante definiu o que é unha fábrica de curtumes para despois pasar a dicir que Galicia a día de hoxe non dispón dun catálogo ou inventario de patrimonio industrial, e só moi recentemente ven de incluído como unha categoría singularizada do patrimonio cultural.

8 de febreiro do 2022

Con esta conferencia iniciáronse as actividades do ano 2022, previa a viaxe que se fará o día 12 de marzo. Admirador da obra de Vicente Risco, do que mencionou un dos seus pensamentos, que as cousas son a segun, no contesto do espazo, do tempo. Hai un espírito que quen o dá é a cultura, viaxar, ver, que é o que nos dá capacidade de relación, de comparación. Os espazos, os contextos, coa andaina, contrastando ideas. E aquí mencionou o que di Saramago  na súa Viaxe a Portugal: “A viaxe non acaba nunca. Só os viaxeiros acaban... O fin dunha viaxe é só o inicio doutro. Hai que ver o que non se viu, ver outra vez o que xa se viu, ... Hai que comezar de novo a viaxe. Sempre. O viaxeiro volve ao camiño”. Fixo mención a o poema de Eliot A viaxe dos Magos, viaxan guiados por unha estrela, o que puxo en relación coa peregrinación a Compostela onde a estrela tamén ten o seu protagonismo.

FEBREIRO

Día 8 de febreiro, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia do museólogo Felipe Senén López, “De Muros ao Pindo”.

Día 22 de febreiro, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Proxección do documental “Co mundo na cabeza”, previa á viaxe “De Muros ao Pindo”. Coa intervención da profesora Encarna Otero Cepeda que falará sobre “As mulleres que construen vidas. O traballo das de Muros”.

De 19, 30 a 20 horas

Anotacións para a viaxe do día 12 de marzo á zona do Pindo

MARZO

Día 12 de marzo, sábado

Viaxe “De Muros ao Pindo”

Saída ás 9 horas

26 de outubro de 2021
Nesta conferencia, a terceira dedicada aos Santuarios e cruceiros da Terra Chá,  o doutor Fernando Arribas Arias, especialista no patrimonio etnográfico referido aos cruceiros, cruces, petos de ánimas e esmoleiros, tratou de resolver algunhas dúbidas. A primeira é que se entende por cruceiros e cales son as partes deste monumento relixioso de carácter popular.
En segundo lugar abordou por que falamos de cruceiros galegos, se existen estes monumentos noutras partes do mundo ou é un unha construción típica da nosa terra. A resposta, dixo,  é que hai cruceiros en case todas as comunidades de España, se ben hai que constatar que Galicia é o país do mundo con maior número de cruceiros que, ademais, presentan unha gran variedade tipolóxica e cronolóxica, pois existen en Galicia cruceiros que van dende o século XIV ao XXI, feito que proba que o costume de levantar cruceiros segue aínda vivo na nosa terra.
Todo isto nos leva a afirmar que os cruceiros galegos son o monumento máis representativo da nosa paisaxe, monumento que se converteu nunha icona da nosa identidade como pobo.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe á Coruña guiada por Felipe Senén López +

    Día 21, sábado Viaxe á Coruña guiada por Felipe Senén López. Saída ás 9,00 h. Ler Máis
  • Anotación para a viaxe do día 25 de outubro a Santa Eulalia de Bóveda, Museo etnográfico da Torre de Xiá (Narla) e aos Baños romanos de Lugo +

    Día 9, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Xosé Manuel Sánchez Rei filólogo, escritor, Ler Máis
  • Conferencia de Xosé Manuel Sánchez Rei filólogo, escritor, profesor titular na UDC sobre “O galego-portugués herdeiro do latín” +

    Día 9, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Xosé Manuel Sánchez Rei filólogo, escritor, Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO