Domingo, 26 Marzo 2023 21:13

Conferencia de Felipe Senén López “O monacato en Galicia e a humanización dos ribeiros”

14 de marzo

Previamente á viaxe do día 25 de marzo o arqueólogo e museólogo Felipe Senén López deu unha disertación sobre “O monacato en Galicia e a humanización dos ribeiros”. A erudición do conferenciante fai que chame a unha gran cantidade de público e que ao mesmo tempo tamén concite algunhas diverxencias sobre o que di, pero ambas as dúas peculiaridades fan que o auditorio o siga con especial atención.

Na seu interese por divulgar o concepto de Galicia como país, comezou facendo alusión ao centenario que se celebra este ano da fundación do Seminario de Estudos Galegos, para despois incidir varias veces no concepto de realismo máxico aplicado á historia deste país, fixándose na teorización de dous dos fundadores, Florentino López Cuevillas e Vicente Risco, que se miraba en Irlanda, ambos membros tamén da Xeración Nós, e das Irmandades da Fala, unha xeración de aristócratas ilustrados vinculados co europeismo.

En Europa están presentes o mundo ario e o oriental, e o oriental leva ao cristianismo. Neste sentido fixo mención á lenda do Santo Grial, a copa utilizada por Cristo na Derradeira Cea, levada por José de Arimatea aos países celtas. O Parsifal de Wagner e o caldeiro céltico transfórmanse no cáliz. Compara a Galicia con Irlanda en canto á tradición, ás festas, gaélicas e célticas, de base indoeuropea, aria, moi cristiá e poñéndose xa en situación para a viaxe ás terras do Carballiño, exclamou: ¡Que cousa máis bonita que o pan e o viño!, ambos produtos da terra empregados na Eucaristía.

Mencionou aos cinco ribeiros do Miño e do Sil coa súa viticultura e a vinicultura e falou da importancia da súa cristianización polo labor dos mosteiros vinculados na súa fundación ou refundación á Orde do Cister, como o de Oseira, facendo alusión a vinculación de Afonso VII coa Borgoña por razóns familiares. A capital do reino de Galicia pasou nesta época de Compostela a León porque o rei quería facer un imperio.

Vicente Risco fixo un libro coa simboloxía da nación galega en base aos ritos antigos, Castelao debuxe ese imaxinario e Cabanillas fai un Parsifal galego. Falou da biblioteca de José Paz, que viviu na casa de Gandhi, coas obras do poeta indio Rabindranath Tagore, algunhas traducidas por Risco.

Compara os motivos decorativos da portada de The Secret Rose do escritor irlandés William Butler Yeats coa da revista Nós, con tipoloxía de letra gótica do medievo galego, para ver a influencia. A teoría do nacionalismo culto faina Risco, estando presente o mundo céltico e o cristián.

Rematou facendo alusión ao traballo do pintor Camilo Díaz para o empresario de teatro Isaac Fraga Penedo, produtor e empresario cinematográfico, ao traballo do arquitecto Antonio Palacios e do escultor Francisco Asorey, ao arqueólogo Manuel Chamoso Lamas e un percorrido con imaxes polos monumentos máis destacados da zona do Carballiño.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de Ramón Izquierdo Peiró e Daniel Lorenzo Santos sobre a exposición das Idades do Home en Santiago +

    Día 22, martes Conferencia de Ramón Izquierdo Peiró e Daniel Lorenzo Santos sobre a exposición das Idades do Home en Ler Máis
  • Viaxe a Santiago para visitar as exposicións “As Idade do Home. Hospitalitas” e “Unha vida vikinga”. +

    Día 26, sábado Viaxe a Santiago para visitar as exposicións “As Idade do Home. Hospitalitas” e “Unha vida vikinga”. Ler Máis
  • Anotación para a viaxe a Monforte, visitas ao Museo de Arte Sacra das Clarisas e á Compañía. +

    Día 12, martes Conferencia de Luis Alonso Girgado sobre “100 anos da Revista Ronsel”. De 19,30 h. A 20 h., Ler Máis
  • Conferencia de Luis Alonso Girgado sobre “100 anos da Revista Ronsel”. +

    Día 12, martes Conferencia de Luis Alonso Girgado sobre “100 anos da Revista Ronsel”. De 19,30 h. A 20 h., Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO