Últimas Novas (558)

Últimas novas da asociación LugoPatrimonio

24 de outubro

Acompañados por Héitor Picallo, comezamos a xornada visitando o mosteiro de Santa María de Ferreira de Pallares. Alí, explicou as orixes altomedievais da estrutura, sinalando no exterior, entre outros elementos, un modillón visigodo, e unha inscrición na casa reitoral. No interior da igrexa, falou dos diversos elementos arquitectónicos do conxunto, destacando especialmente o claustro renacentista e a capela funeraria da familia Taboada, do século XV, que alberga dous magníficos sepulcros con efixies xacentes situados en arcosolios.

A continuación, proseguimos a viaxe cara a Esgos para visitar San Pedro de Rocas, que tivo a súa orixe nun eremitorio do século VI.

9 de outubro

O investigador Héitor Picallo Fontes nunha moi elaborada e interesante conferencia compartiu cun auditorio numeroso información de interese sobre o monacato galego. Comezou coa referencia de determinadas obras bibliográficas de sumo interese para poder abordar a súa exposición, da que son autores, nomeadamente e entre outros: Xosé Miguel Andrade Cernadas, Carlos Baliñas Pérez, Alexandra Cabana Outeiro, Natalia Figueiras Pimentel, José Freire Camaniel, Anselmo López Carreira, Jorge López Quiroga e Francisco Xavier Pérez Rodríguez.

Baixo o título “Cenobios e mosteiros da Galicia medieval”, a súa exposición parte dos primeiros contactos do noso país co cristianismo, polo que fixo parada nas figuras de Prisciliano, Exeria, Bachiario, Paulo Orosio e Martiño de Dumio. A continuación, detivo a súa atención en varias comunidades relixiosas existentes canda a época deste santo procedente das terras de Panonia e que deron en chamar o “apóstolo dos Suevos”. San Pedro de Rocas, Samos e Santo Estevo de Ribas de Sil foron motivo de explicación, así como houbo lugar para abordar determinados aspectos sobre a arquitectura e historia de Santa Comba de Bande.

10 de xuño

Carlos Babío Urkidi, un dos investigadores que iniciaron o complexo preito coa familia Franco para a recuperación como patrimonio do Estado do Pazo de Meirás, deu unha conferencia previa á visita sobre a cuestión procesual. Comezou dicindo que se tardaron 43 anos en presentar a demanda debido ao traballo documental imprescindible para a xustificación da reclamación do ben, que comeza en marzo 1938 cun documento titulado “Junta pro pazo del caudillo”, formada para recadar fondos en 93 concellos. En cada un, percorrían casa por casa con esta finalidade, o que deu lugar a abusos, recollidos nun informe realizado por un tenente coronel da Delegación Nacional de Provincias, sobre os abusos que se cometían con isto, pois dicía que: «han contribuido al regalo, no los buenos patriotas, sino los comités de los pueblos por medio de las coacciones».

Xoves, 01 Outubro 2026 15:20

Viaxe a Santander e Comillas

16 – 19 de setembro

 

Como parte do centenario da morte de Antonio Gaudí, do 16 ao 19 de setembro, fixemos unha viaxe a Santander e Comillas para ver parte da obra realizada por este arquitecto fóra de Cataluña.

En Comillas comezamos as nosas visitas ás obras eclécticas do Palacio Sobrellano (1882) e da Capela do Panteón (1878); edificios executados por Joan Martorell e Cristóbal Cascante encargados por Claudio López López, I Marqués de Comillas; e para os que un xoven Gaudí deseñou elementos de mobiliario. No interior do palacio, o gran salón considérase o centro neurálxico do edificio, para o que o pintor Eduardo Llorens realizou oito paneis que amosan as contribucións da familia propietaria á historia de España.

José Alberto Moráis Morán “Historicismos, neomedievalismos e outros ismos na arquitectura decimonónica hispana: de León a Santander”.

8 de setembro

O profesor da Universidade de León, José Alberto Morais Morán, comezou dicindo que o interese, estudo e recuperación das artes e a arquitectura da Idade Media durante o século XIX veu acompañado, tanto nos contextos europeos como en España, por unha profunda transformación dos elementos definitorios esenciais das artes medievais. A Idade Media foi unha escusa para que os arquitectos vinculados cos movementos eclécticos e historicistas inventasen unha imaxe fantástica do mundo medieval.

Xoves, 03 Setembro 2026 10:00

PROGRAMACIÓN DO 2º SEMESTRE DE 2026

LUGO PATRIMONIO

PROGRAMACIÓN DO 2º SEMESTRE DE 2026

 

SETEMBRO

Día 8, martes

ás 19 horas

Salón de actos do Vello Cárcere

Conferencia de José Alberto Morais Morán sobre “Historicismos, neomedievalismos e outros ismos na arquitectura decimonónica hispana: de León a Santander”.

Días, 16, 17, 18 e 19

Viaxe a Santander e Comillas.

OUTUBRO

Día 9, venres

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de Héitor Picallo Fontes sobre “Os mosteiros de Galicia”.

De 19,30 a 20 horas, anotacións para as viaxes do día 24 de outubro, sábado, para ver San Pedro de Rocas (Ourense), o mosteiro máis antigo de Galicia, xantar en Maceda. Pola tarde visita ao mosteiro de Ferreira de Pallares (Guntín), e a do día 12 de novembro, xoves, para ver na Coruña a exposición «O Bosco e Bruegel. Unha viaxe a mundos fantásticos» de ambos os mestres da arte.

O próximo día 8 de setembro, martes, ás 19 horas no Salón de actos do Vello Cárcere, conferencia de José Alberto Morais Morán sobre “Historicismos, neomedievalismos e outros ismos na arquitectura decimonónica hispana: de León a Santander”, actividade previa a viaxe a Santander e Comillas, os días 16 ao 19.

Mércores, 22 Abril 2026 15:34

Viaxe a Muxía

18 de abril

A primeira parada foi en Baio, a carón do río Grande, onde tomamos o café e nos agardaba Felipe Senén López que nos acompañou para facer o percorrido por esta parte da Costa da Morte, da que falara na conferencia que deu sobre o tema o día 6. Fomos a Camelle e vimos a humilde casa de Manfred Gnädinger, coñecido como Man, finado en Camelle o 28 de decembro de 2002, cando a súa obra fora cuberta polo alcatrán do Prestige que naufragara o 13 de novembro. Diante do que foi a súa casa, de 4 m2, Felipe contounos a súa historia, propia para unha novela de Manuel Rivas que vive nesas terras. O seu Museo, feito cos cartos que lle deixou ao concello, non o puidemos ver porque non está aberto nin sábados nin domingos, que é cando debía estar.

10 de marzo

O profesor emérito da USC, Xoán Carmona Badía, que como catedrático de Historia e Institucións Económicas, se dedica á investigación sobre historia marítima e industrial, e historia empresarial e patrimonio industrial, fixo un repaso do acontecido desde a última conferencia que deu no ano 2019 sobre Patrimonio Industrial convidado pola Asociación.

Comezou facendo alusión a un comentario que fixo o presidente na presentación en relación con FRIGSA, unha empresa de curta vida, dixo, que seguía o modelo dos grandes matadoiros de Chicago, unha aspiración do agrarismo de comezos do século XX, pero fóra de época, e polo mesmo chegou con corenta anos de retraso, tanto polos cambios nos mercados como polos procesos de transformación dos produtos cárnicos.

Xa no balanzo do acontecido co patrimonio industrial entre o ano 2019 e o 2026, o panorama non é nada positivo en relación coa actuación da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta, a pesar da importancia que na economía ten a industria galega manufactureira e no emprego, que representa o 15 %, e en España o 12 %, mentres que a porcentaxe no PIB por comunidades, temos un peso medio alto, incluso por enriba de Madrid.

Xoves, 05 Febreiro 2026 16:12

PROGRAMACIÓN DO 1º SEMESTRE DE 2026

 

XANEIRO

Día 7

Viaxe a Santiago e A Coruña para visitas guiadas ás exposicións "Francisco Asorey, unha recuperación necesaria", na Cidade da Cultura (Santiago) e "Fernando Álvarez de Sotomayor (1875-1960)", na Fundación Barrié (A Coruña).

Día 27, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de María Xosé Porteiro García e Pilar García Negro sobre “Begoña Caamaño”, persoeira do Día das Letras Galegas 2026.

De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe ao Alentejo dos días 3 ao 9 de maio. Visitas: Entre outros lugares, Lugo, Santa María da Feira, Evora, Monsaraz, Evoramonte, Vilaviçosa (Palacio Real e museos), adega de Vidigueira, Elvas, Olivenza, Badajoz e Mérida (Museo Nacional de Arte Romano) Lugo. Por razóns de economía pode que se reduza un día. Anticipo 100 € que se poden pagar en efectivo ou ingresar na conta de Lugo Patrimonio no Banco de Sabadell ES07 0081 5223 1000 0140 7841.

FEBREIRO

Día 10, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de Santiago catalán Tobía e Ángeles Porto Porto sobre “A arquitectura racionalista en Lugo. O arquitecto Eloy Maquieira Fernández".

De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe do día 21 de marzo para ver o centro de interpretación das minas de volframio de San Finx de Lousame e a central hidroeléctrica do Tambre, obra do arquitecto Antonio Palacios. Prezo 45 €.

Páxina 1 de 40

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a A Coruña para ver a exposición na Fundación Barrié, «O Bosco e Bruegel. Unha viaxe a mundos fantásticos» +

    Día 12 xoves Viaxe a A Coruña para ver a exposición na Fundación Barrié, «O Bosco e Bruegel. Unha viaxe… Ler Máis
  • Conferencia de Enrique Montenegro Rúa sobre “Santa Eulalia de Bóveda, cen anos dos descubrimento” +

    Día 24, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Enrique Montenegro Rúa sobre “Santa Eulalia… Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO