Martes, 04 Febreiro 2025 11:24

Viaxe a Pontevedra para ver a obra de Castelao

1 de febreiro

Como actividade complementaria á conferencia de Pilar García Negro sobre “Castelao, obra artística”, visitamos o Museo de Pontevedra on de se atopa a colección maís importante da súa obra, precisamente no edificio denominado Castelao.

A visita guiada comezou vendo no edificio Sarmiento algunha das salas máis significativas, como a de arqueoloxía castrexa e romana, e a sala de Sargadelos, dous bos exemplos de historia do país e de museografía.

No edificio Castelao tivemos ocasión de ver as paisaxes de Ovidio Murguía, influencia dos pintores plenairistas, as pinturas de Fernando Álvarrez de Sotomayor, do movemento rexionalista, representativas do tradicional galego, e as paisaxes veraniegas da mariña coruñesa de Francisco Llorens, da corrente luminsta de Sorolla.

Despois fixemos un percorrido polas diversas salas dedicadas ao renovador da arte galega, nas súas facetas de debuxante caricaturista humorista, pintor, ilustrador e escenógrafo, destacando polo gran formato os cadros que foron do Balneario de Mondariz, depósito da Real Academia Galega, e os orixinais do Álbum Nós (1931) Galicia Mártir (1937), Atila en Galicia (1937), e Milicianos, obra expresioniosta da súa última etapa que recolle o drama da guerra civil de 1936 e o seu compromiso político.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Anotacións para a viaxe do día 21 de marzo para ver o centro de interpretación das minas de volframio de San Finx de Lousame e a central hidroeléctrica do Tambre +

    Día 10, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Santiago catalán Tobía e Ángeles Porto Ler Máis
  • Conferencia de Santiago catalán Tobía e Ángeles Porto Porto sobre “A arquitectura racionalista en Lugo. O arquitecto Eloy Maquieira Fernández". +

    Día 10, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Santiago catalán Tobía e Ángeles Porto Ler Máis
  • Visita para ver a obra de Eloy Maquieira en Lugo guiada por Ángeles Porto Porto +

    Día 21, sábado ás 11 horas Visita para ver a obra de Eloy Maquieira en Lugo guiada por Ángeles Porto Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO