Mércores, 22 Abril 2026 15:34

Viaxe a Muxía

18 de abril

A primeira parada foi en Baio, a carón do río Grande, onde tomamos o café e nos agardaba Felipe Senén López que nos acompañou para facer o percorrido por esta parte da Costa da Morte, da que falara na conferencia que deu sobre o tema o día 6. Fomos a Camelle e vimos a humilde casa de Manfred Gnädinger, coñecido como Man, finado en Camelle o 28 de decembro de 2002, cando a súa obra fora cuberta polo alcatrán do Prestige que naufragara o 13 de novembro. Diante do que foi a súa casa, de 4 m2, Felipe contounos a súa historia, propia para unha novela de Manuel Rivas que vive nesas terras. O seu Museo, feito cos cartos que lle deixou ao concello, non o puidemos ver porque non está aberto nin sábados nin domingos, que é cando debía estar.

Marchamos para o cabo Vilán, en Camariñas, para ver o faro inaugurado en 1896, que foi o primeiro faro eléctrico de España. A seguinte parada foi en Santiago de Cereixo, en Vimianzo, onde vimos o conxunto do pazo das torres de Cereixo, do século XVI, a igrexa, de estrutura románica que conserva a ábsida e dúas portadas, e fachada barroca con espadana. Chamou a atención o enorme carballo que se atopa na praza que forma o conxunto.

Despois de xantar en Muxía, subimos a pé ata o santuario da Virxe da Barca, para ver a igrexa, a pedra de abalar e o faro de Muxía, desde onde, segundo a lenda, Santiago viu chegar á Virxe nunha barca de pedra, da que quedou a chamada pedra de abalar, e a vela que é a pedra dos cadrís. Na subida paramos diante do secadoiro do congro os Cascóns, un dos dous que se conservan. Os bilbilitanos que viña desde Calatayud, traían cordas para os barcos de Muxía e levaban como pago en especie, pezas de congro dos secadoiros.

A seguinte parada foi a igrexa románica de Moraime, lugar relacionado coa familia Traba, coa que se educou Afonso VII o Emperador, fillo de dona Urraca e Reimundo de Borgoña. No cemiterio vimos un busto en mármore feito por Francisco Asorei, retrato do párroco Juan Bautista Durán Ínsua.

A derradeira visita foi ao novo cemiterio municipal de Dumbría, coñecido como de Cores ou Bonito, obra da arquitecta Rosana Pichel, rematado no ano 2012, e inspirado na obra do pintor holandés Piet Mondrian. A tapa dos nichos de parede son de distintas cores e todo o conxunto está cuberto.

 

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de Carlos Babío e Manuel Pérez Lourenzo sobre “O pazo de Meirás”. +

    Día 9, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Carlos Babío e Manuel Pérez Lourenzo Ler Máis
  • Viaxe para ver o Pazo de Meiras e a igrexa románica de Bergondo. +

    Día 20 sábado Viaxe para ver o Pazo de Meiras e a igrexa románica de Bergondo. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO