INICIO





AXENDA

Caderno de Viaxes



 

 


Asociarse
Descargar
cartón socios

 

  • Novidades
  • outras novas

04/04/2008:Comezo da última parte do ciclo "Coñecer o Barroco"

12/03/2008: Entrega do disfrace do Oso de Salcedo ao museo de Binche

8/03/2008: Pauliña para a Igrexa de Compostela

8/03/2008: Viaxe a Santiago de Compostela

7/03/2008: Inauguración do Obradoiro e conferencias de Carlos Velasco e Xosé Anxo Carreira

6/03/2008: Comezo do Obradoiro "COÑECER O BARROCO"

27/02/08: ANDAR AOS NIÑOS

15/02/08: PRESENTADA A DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA QUE O RITO FESTIVO DE “AS FACHAS DE CASTELO” SEXA DECLARADO BEN DE INTERESE CULTURAL E FESTA DE INTERESE TURÍSTICO

13/02/08: Engadidas fotos do Entroido Ribeirao 2008 no Caderno de Viaxes

12/02/08: Engadidas as fotos do Entroido de Salcedo 2008 no Caderno de Viaxes

04/02/08: OS NOSOS ENTROIDOS

25/01/08: Presentación do Entroido de Salcedo

24/01/08: Lugo, a mellor cidade do Mundo!!!

20/01/08: A Poutada do Oso

19:/01/08: Viaxe a Ourense

13/01/08: NADAL - REIS. CICLO FESTIVO

10/01/08: Itinerario da próxima viaxe: PASEOS POR OURENSE CO ESCRITOR MILLÁN PICOUTO 

10/01/08: ODA A OURENSE (Millán Picouto)

28/12/07: Entrevista de LugoPatrimonio cos Delegados das Consellarías de Cultura, Medio Rural e Industria-Turismo

18/12/07: Apertura da campaña LUGO: BONITO SI, PERO NON ASÍ

11/12/2007: NOVA DIRECTIVA DE LUGOPATRIMONIO E PRÓXIMOS PROXECTOS 

5/12/07: Proposta de criación da figura de "BEN RURAL DE INTERESE CULTURAL E ETNOGRÁFICO"

29/11/07: Actualizado o Caderno de Viaxes coas fotos da viaxe ao Courel

25/11/07: As graves feridas da muralla

20/11/07: Pauliña para a confederación hidrográfica

12/11/07: LugoPatrimonio pide un plan xeral para o Courel

11/11/07: Viaxe ao Courel

8/11/07: CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL DE LUGOPATRIMONIO

27/10/07: Viaxe Pazos con historia, arte e literatura

26/10/07: A vida nos pazos galegos

25/10/07: A arquitectura dos nosos pazos

19/10/07: Galiza no tempo dos pazos

 

AVANCE DO PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA O 2008 

Día 21, luns, 20 h. Deputación provincial

Conferencia de Isidoro Rodríguez (da agrupación María Castaña) sobre Os maios: un rito da primavera.

Día 29, martes, 20 h. Deputación provincial: “A destrución do noso patrimonio”

Proxección de diverso material sobre a destrución dunha parte do castro da Atalaia, con intervención de Manuel Miranda, Lois Diéguez e Adolfo de Abel Vilela 

Maio

Día 10,sábado, 11 h.

Saída de diante do Instituto Lucus Augusti en coches particulares para recoller material (fiúncho, xestas, flores...) que servirá para confeccionar os Maios.

Día 11, domingo (en hora que se determinará), cantos e representacións dos Maios polas rúas de Lugo.

(Quen queira participar terá todos os detalles na conferencia do día 21 de abril, e anotarase durante o seu desenvolvemento). 

Xuño

1ª parte do CICLO DA AUGA: as augas dos ríos...

Día 4, mércores, 20 h. Deputación provincial. A auga na cultura popular, conferencia con proxeccións do antropólogo Ramón Mariño Ferro.

Día 10, martes, 20 h. Deputaciòn provincial. Conferencia con proxeccións de Xosé Manuel Vázquez, etnógrafo, sobre Patrimonio fluvial: legado e novos usos.

Día 14, sábado,  8,00 h. Saída desde o Instituto Lucus Augusti en Viaxe a Belesar- Lugo  (visitas á igrexa de Diomondi, baixada a pé polos Codos de Belesar, visita ao Ecomuseo de Arxeriz, paseos polos Miño, viaxe en catamarán, xantar ao ar libre co que leve cada quen, final do día con visita a unha adega da zona).

Anotacións  para a viaxe, en Sargadelos o día 3, de 18 a 20 h. e na Deputación o día 4,  entre 19 e 20 h., baixo os criterios de sempre. Prazas limitadas a 55 

Xullo

2ª parte do CICLO DA AUGA: as augas dos mares

Día 3, xoves, 20 h. Deputación Provincial. Arte, usos e cultura arredor do mar, conferencia con proxeccións de Francisco L. Rguez Guerreiro, mestre

Día 12, sábado: viaxe a Viveiro con Francisco L. Rodríguez Guerreiro

Saída do Instituto Lucus Augusti ás 8,00 h. A viaxe consistirá nun paseo en barco pola ría, subida ao monte de San Roque, visita á cidade e xantar nos seus arredores. O programa detallarase polo miúdo máis adiante.

Anotacións para a viaxe o día da conferencia, entre 19 e 20 h. na Deputación provincial baixo os criterios habituais. 

Agosto

Día 2, sábado. Viaxe a Castelo (Taboada) onde participaremos con outras asociacións para recoller no monte as plantas (agucios) coas que se confeccionan as fachas, co obxectivo de facer unha como LugoPatrimonio. A hora de saída e lugar determinaranse no mes de xullo ou antes.

Día 26, martes. 20 h. Deputación Provincial. Conferencia do investigador en danza e música tradicional Isidoro Rodríguez, que mediante proxeccións fotográficas nos achegará ao tema Baile e danza na Galiza: desde o rito á ruada.

Día 31, domingo. Viaxe á Cervela (O Incio) para ver as danzas tan características que seguen a perdurar desde moi antigo. Pasaremos o día pola zona e por esta parroquia que ofrece vestixios antigos, castros, fontes rituais, igrexa románica, corredoiras e devesas que gardan aínda toda a súa pureza. 

Setembro

Día 7, domingo. Viaxe  para participar na queima das Fachas en Castelo. Pasaremos o día pola zona para visitar diversos lugares e monumentos de interese, pois a festa comeza a partir da posta do sol. 

Outubro

Día 14, martes, 20 h. Deputación provincial. Conferencia de Felipe-Senén López sobre O Ribeiro no outono: paisaxe e cultura.

Día 18, sábado: viaxe ao Ribeiro con Felipe Senén, para ver Ribadavia, San Clodio, Leiro, Serantes e os viñedos en todo o seu esplendor dourado. 

Novembro

Día 4, martes, conferencia sobre San Martiño de Mondoñedo: unha relación entre a música e a arquitectura-.

Día 8, sábado: viaxe a San Martiño de Mondoñedo, Vilanova de Lourenzá e Mondoñedo.

En data sen determinar: asemblea de asociados e asociadas para entrega de carnets e Estatutos, nunha festa na que veremos tamén unha recopilación das viaxes e feitos que temos realizado. 

Decembro: Coñecer as nosas cidades

Conferencia sobre Pontevedra: a cidade e o mar.

Viaxe a Pontevedra para ver a cidade e pasear polos seus museos. 

Lugo, abril de 2008

A Xunta Directiva

 

 

 

foto grupo

Un xornal puxo nas páxinas da edición do domingo día 6 de abril  unha foto da visita que fixemos o sábado á igrexa de Santo Domingo de Lugo, escribindo no pé da mesma que eramos 30 persoas as que asistimos. Esta foto que aquí vedes mostra só a maior parte dos que realmente asistimos, pois máis de quince xa se tiñan marchado por diversos compromisos. Parece que o grupo supera aos trinta, non si? É unha mágoa que os medios de comunicación non falen, polo menos, cos verdadeiros protagonistas cando queren informar dun suceso. Pero agradecemos tamén que o xornal se interesase por nós, cousa que aplaudimos unha vez máis.

 

MANIFESTO

AS FACHAS DE CASTELO: BEN DE INTERESE CULTURAL E FESTA DE INTERESE TURÍSTICO

 

 

Lugopatrimonio@lugopatrimonio.org


Visitas desde o 18/04/2008:

hidden hit counter


 

 

 

08 de maio: LugoPatrimonio e a Agrupación MARÍA CASTAÑA festexarán Os Maios o sábado, 10, e o domingo, 11 

Sábado, 10 de Maio: ás once da mañá sairase de diante do Instituto Lucus Augusti para recoller material vexetal polos montes dos arredores de Lugo. De regreso, sobre as 14 ou 15 h. haberá uns petiscos nos soportais do Concello de Lugo. A partir das 17 h. confeccionaranse neste mesmo lugar os Maios. 

Domingo, 11 de Maio: Os Maios e persoas que queiran acompañalos sairán ás 13 h. dos soportais do Concello para percorrer as rúas do centro e cantar as coplas características deste comezo da primavera. Para que ela nos dea os froitos que os que mandan nos negan.

VIDE, CANTADE, BAILADE E SENTÍDEVOS LIBRES RECUPERANDO ESTE RITO DE PARTICIPACIÓN TAN COMUNICATIVO. 

 

6 de maio: LugoPatrimonio asina  o Manifesto POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO

A entidade LugoPatrimonio da localidade de Lugo

E, no seu nome o seu presidente  Lois Diéguez

DECLARA o seu apoio ao  

Manifesto

POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO 

(Ver texto completo...)

 

2 de maio: Presentacións sobre o castro da Atalaia

Podedes ver 3 presentacións sobre a destrucción do castro da Atalaia feitas por Manolo Miranda:

Para ver as outras dúas presentacións, pincha nos seguintes enlaces:

http://www.slideshare.net/CastroAtalaia/castro-da-atalaia-2/

http://www.slideshare.net/CastroAtalaia/castro-da-atalaia-3/

 

30 de Abril: O CERAMISTA MANUEL MIRANDA FIXO UN RELATORIO SOBRE A DESTRUCCIÓN DO CASTRO DA ATALAIA 

conferencia Miranda e Lois

Que se denuncie a  licenza que deu o concello de Cervo ao construtor que arrasou con parte do castro da Atalaia, sabendo ambos os dous que os terreos onde se ía construír eran parte dun castro ben coñecido. Que se diga publicamente se os restos que están aparecendo na parte non destruída son de alto interese arqueolóxico e histórico. Que se confirme por parte das institucións implicadas, Concello e Patrimonio, que os restos das parcelas 2 e 3 van ser respectados no seu propio contorno. Que se garanta realmente o control arqueológico por parte da D.X. de Patrimonio e se contrasten os informes remitidos por parte da empresa construtora coa realidade dos feitos acontecidos. Que a fiscalía actúe xa para atallar máis destrucción.

conferencia miranda

Estas foron as conclusións da exposición que Manuel Miranda e mais o noso presidente e vicepresidente, ofreceron o día 29 de abril ante un público asustado polo que estaba a contemplar nas fotografías que se lles poñían. LugoPatrimonio seguirá a batallar para que O CASTRO DA ATALIA SE SALVE DAS PAS, DA ESPECULACIÓN URBANÍSTICA E DA INCOMPETENCIA.  

 

Podedes ver o video do que fala a imaxe pinchando aqui ou no video que aparece abaixo

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

 

29 de Abril: A DESTRUCIÓN DO NOSO PATRIMONIO: O CASO DO CASTRO DA ATALAIA 

Manuel Miranda, Lois Diéguez e Adolfo de Abel expoñerán o próximo martes, día 29 de abril, mediante fotos e vídeos, como se foi destruíndo unha parte importante do castro da Atalaia (San Cibrao-Cervo). Manuel Miranda, ceramista, seguiu, paso a paso, xunto cos viciños de San Cibrao, esta triste historia que bota por terra calquera tipo de sensibilidade e concepto de xustiza que poden ter as persoas responsábeis de respectar o noso patrimonio.

Será ás 20 h. no salón de actos da Deputación de Lugo o 29 de abril.

castro atalaia

 

21 de Abril: ISIDORO RODRÍGUEZ CONSEGUIU, NA SÚA CONFERENCIA QUE VIVÍSEMOS OS MAIOS 

Distinta e moi activa resultou a conferencia que Isidoro Rodríguez, etnógrafo, bailarín, Presidente do colectivo María Castaña…, dictou o día 21 de abril para LugoPatrimonio. O comezo foi alegre, pois dúas mulleres de María Castaña e tamén de LugoPatrimonio, presentárono ante o público relatando a súa biografía nunhas enxeñosas coplas ao estilo dos Maios,. El foinos situando na historia que conformou este rito da primavera, con fotografías de diversas épocas que hoxe son unha xoia. Rematou a conferencia con música e o canto colectivo dos e das presentes doutra copla de Lugo, axudados tamén cuns paus que marcaban o ritmo.

isidoro e presentadoras

A segunda parte deste acto terémola o próximo día 10 de maio, sábado, pois partiremos ás 11 h. do Instituto Lucus Augusti  para recoller no monte xestas, fiúnchos e flores coas que confeccionaremos os Maios pola tarde, na Praza Maior. Quen queira participar pode chamar ao tfne. 676 80 02 27 até o día 29 de abril. Só se lle pide que ese día leve un bocadillo para comer no monte.   

 

 

17 de Abril: ISIDORO RODRÍGUEZ, inicia o LUNS, 21 DE ABRIL os actos sobre OS “MAIOS” 

O próximo luns, día 21 de abril, ás 20 h. no salón de actos da Deputación provincial, o Presidente do colectivo cultural “María Castaña” iniciará os actos programados sobre os “Maios”, cunha conferencia titulada Os Maios: un rito da primavera”. Axudarase de proxeccións fotográficas e de membros da asociación que preside para darlle un sentido práctico. Posteriormente, os días 10 e 11 de maio, os asociados e asociadas de LugoPatrimonio e público en xeral poderán participar tamén na realización dos propios Maios pola nosa cidade e os seus arredores. 

 

15 de Abril: ROLDA DE PRENSA PARA DENUNCIAR A DESTRUCIÓN DUNHA PARTE DO CASTRO DA ATALAIA (SAN CIBRAO-CERVO) 
 

Manuel Miranda e Víctor Mosquera representaron os viciños que na mañá do 15 de abril presentaron 326 sinaturas na delegación de Cultura da Xunta pedindo a paralización da destrución do castro da Atalaia –San Cibrao- Cervo.

rolda de prensa

Despois, co Presidente e Vicepresidente de LugoPatrimonio e mais Daniel Bispo (Adega) fixeron unha rolda de prensa para falar dos feitos que levaron á destrución total da parcela Nº 1 por parte do empresario que quere construír sobre o castro da Atalaia con licenza concedida polo concello de Cervo, a pesar de COÑECER que aquilo era un castro e tiña que estar protexido.

excavando o castro

mapa

Quedan, agora, as parcelas Nº 2 e Nº 3. LugoPatrimonio e os presentes na rolda de prensa, e mentres a xustiza non determina as responsabilidades penais que o Fiscal ten sobre a mesa,  insistiron nos seguintes obxectivos que veñen ser o programa inmediato sobre o que traballan: 

  1. Paralización do estrago sobre calquera resto arqueolóxico.
  2. Protección inmediata das parcelas Nº 2 e Nº 3.
  3. Control arqueolóxico rigoroso das escavacións que se levan neste momento, do que debe dar conta a propia delegación da Consellaría de Cultura-D.X. de Patrimonio.
  4. Urxencia da actuación da Fiscalía sobre as  denuncias que se lle presentaron.
  5. Informe inmediato de Patrimonio sobre a importancia dos achados que apareceron e seguen a aparecer e do significado do castro da Atalaia en termos históricos, arqueolóxicos, etnográficos e culturais.
 

Para levar a cabo estes puntos pedimos 

A REUNIÓN INMEDIATA DE REPRESENTANTES DO CONCELLO DE CERVO, DIRECCIÓN XERAL DE PATRIMONIO, EMPRESA CONSTRUTORA, VECIÑOS DE SAN CIBRAO, ADEGA E LUGOPATRIMONIO

Máis fotos...

 

11 de abril: LugoPatrimonio reuniuse coas asociacións culturais que manteñen vivo o noso patrimonio inmaterial. 

O venres, día 11 de abril, directivos da nosa asociación reuníronse coas que levan adiante o Entroido Ribeirao (Santiago de Arriba-Chantada), Entroido e Oso de Salcedo (A Pobra do Brollón), as Fachas de Castelo (Taboada) e as Danzas da Cervela (O Incio), para debater un ambicioso proxecto de consolidación dos ritos e festas que cada ano protagonizan a súa intensa actividade. Este ambicioso Proxecto abrangue diversos aspectos relacionados coa catalogación do patrimonio inmaterial e material de cada un destes puntos e do seu contorno co obxecto de dalo a coñecer para que podamos gozar del. Crear centros de interpretación, locais sociais convenientemente equipados, recuperación e rehabilitación de edificios de interese, mellora das infraestruturas, adecentamento dos lugares e aldeas onde se representan as festas, un circuíto turístico e cultural que sirva para potenciar estes lugares de xeito que se relacione tamén co comercio e a hostalaría, e unha escola permanente onde se ensine durante o ano ás xeracións novas todo o que ten a ver con ditos ritos.

asociacions

Os proxectos serán presentados proximamente ás distintas consellarías, deputación e outras institucións relacionadas cos aspectos estudados. A reunión serviu tamén para intercambiar unha longa experiencia de traballo, quedando en repetir periodicamente este tipo de encontro e traballar conxuntamente para a consecución destes obxectivos.

 

 

6 de Abril: REMATOU O OBRADOIRO “COÑECER O BARROCO” 

Un paseo polos actos celebrados na segunda e última parte celebrada os días 4, 5 e 6 de abril 

Conferencia Adolfo

O historiador Adolfo de Abel Vilela introduciunos na forma de vivir a festa e outros costumes durante os séculos XVII e XVIII. Completou, por tanto, a conferencia anterior dictada polo profesor Carlos Velasco referida máis aos aspectos políticos, económicos e socio-culturais dese período histórico.  

conferencia de C. Carnero

O restaurador César Carnero incidiu na primeira parte da súa intervención, nos aspectos teóricos que definen a pintura e escultura barrocas galegas. Na segunda, mediante proxeccións fotográficas, fixou dunha forma didáctica o teorizado anteriormente. Para isto valeuse de exemplos recollidos de San Martiño Pinario (Santiago de Compostela), San Vicente do Pino e A Régoa (Monforte de Lemos),  igrexa do mosteiro de Samos, e outros lugares da nosa xeografía. 

adolfo

xulia

ollos grandes

Para concretar o estudado como teoría do barroco galego nas distintas conferencias, os alumnos e alumnas do Obradoiro visitaron durante a tarde do sábado  5 de abril a sancristía, pinturas e altares da igrexa de santo Domingo, os altares da igrexa da Soidade, e a sancristía, claustro, coro e capela da Virxe dos Ollos Grandes da catedral de Lugo. Resultou novidoso para a maioría dos e das participantes, contemplar por primeira vez o impactante decorado da cúpula da sacristía de Santo Domingo. Guiaron as visitas o arquitecto X. A. Carreira, o historiador Adolfo de Abel e Xulia Cantalapiedra, licenciada en Xeografía e Historia. 

san vicente

tor

Samos

O domingo, día 6, os alumnos e alumnas convertéronse en viaxeiros polas terras de Lemos e Sarria para estudar as pinturas da igrexa de San Vicente en Monforte, a arquitectura e estancias do pazo de Tor e a grandiosidade do mosteiro de Samos e a súa igrexa para contemplar obras destacadas dos nosos grandes escultores como Francisco Moure ou Xosé Ferreiro. Guiaron as visitas o restaurador César Carnero e o prior de Samos, Rvdo. D. José Luís Vélez. Este Obradoiro que reuniu arredor de 200 persoas foi clausurado polo noso Presidente, Lois Diéguez e o emocionado e didáctico concerto sobre a música do barroco do grupo vocal SOLO VOCES que, a pesar do frío, tivo que agasallar ao público que enchía completamente a igrexa coa propina de novas composicións. 
 concerto samos

 

4 de Abril: Comezo da última parte do ciclo "Coñecer o Barroco"

O próximo venres, día 4, comeza a última parte do obradoiro "COÑECER O BARROCO" con dúas interesantes conferencias:

- A festa Barroca, conferencia do historiador Adolfo de Abel Vilela, ás 19:00 h.

-Escultura e Pintura do Barroco galego, conferencia do Restaurador César Carnero, ás 20:00h

O sábado, día 5, visitaremos a catedral de Lugo e outros lugares da cidade.

ollos grandes

O domingo finalizará o obradoiro cunha viaxe a Monforte e Samos, onde se realizará a clausura do Obradoiro cun concerto sobre o Contorno da Música Barroca polo grupo Solo Voces.

Máis detalles na AXENDA.

 

12 de Marzo: ENTREGA DO DISFRACE DO OSO DE SALCEDO AO MUSEO INTERNACIONAL DO ENTROIDO E DA MÁSCARA DE BINCHE 

      A Asociación Veciñal de Salcedo, despois da proposta que se lle fixo ao Museo Internacional do Entroido e da Máscara de Binche (Bélxica), foi invitada a viaxar até o Museo para facer entrega do disfrace do Oso de Salcedo e así formar parte das súas colecións e exposicións de maneira permanente. osomuseo

(Continúa lendo a noticia completa aquí)

 

8 de Marzo: Pauliña para a Igrexa de Compostela

A Pauliña ben merecida para a Igrexa de Compostela e en concreto para os seus responsábeis eclesiásticos por seguir de costas á nosa cultura e idioma ( a información da Catedral só se dá en español) e por manter unha manipulación tal da nosa Historia. É inconcibíbel que o Panteón Real onde están soterrados, Reimundo de Borgoña, Afonso VII, Fernando II e Afonso VIII (que eles chaman o IX), a raíña Xoana de Castro, dona Berenguela ou ese interesante personaxe que foi o conde de Traba, don Pedro Froilaz, siga mesturado coas reliquias da Catedral; e que a información que sobre os personaxes aludidos poñen nas cartelas os defina, segundo os casos, como reis de León e Castela e nunca como reis de Galiza.

Coidamos que é urxente que as institucións políticas que nos representan corrixan de inmediato esta afronta.

 

8 de Marzo: Viaxe a Santiago de Compostela

santiago

LugoPatrimonio desprazou 2 autobuses a Compostela o sábado día sete. 83 persoas participaron durante todo o día nesta fermosas viaxe que ilustrou con exemplos prácticos o explicado nos días anteriores polos conferenciantes. Guías de honor foron, ademais de Xosé Anxo Carreira (barroco da Catedral e de outros edificios), o arqueólogo e profesor Xaime Delgado, que ilustrou co seu maxisterio as partes románicas da catedral, e o restaurador César Carnero que o fixo co impresionante barroco do mosteiro de San Martiño Pinario. 

 

Para ver as fotos pincha neste enlace ou visita o caderno de viaxes.

 

7 de Marzo: Inauguración do Obradoiro e conferencias de Carlos Velasco e Xosé Anxo Carreira

Antón Bao, Vicepresidente da Deputación, e Ramón Cortés, delegado de Innovación e Industria en representación do Xacobeo, interviñeron na apertura do Obradoiro, o día 6 de marzo do 2008, xunto co Presidente de LugoPatrimonio (Lois Diéguez) e mais o Vicepresidente (Adofo de Abel) e a secretaria (Tareixa Cabello). LugoPatrimonio ofreceulles a ambas as dúas institucións o agradecemento polo seu patrocinio. De non ser por el, estas xornadas non se terían realizado co esplendor que indubidabelmente mantiveron. 

barroco1

Despois da apertura do Obradoiro, o historiador Carlos Velasco que foi presentado polo noso Presidente, falou, apoiándose en diversas fotos proxectadas nunha grande pantalla, de como se compoñían as relacións sociais nos s. XVII e XVIII e por que razóns se deu o momento axeitado para que os grandes arquitectos galegos lograsen elevar o estilo barroco galego a níveis internacionais. “Nobres, fidalguía e clero investiron o esforzo do traballo dos nosos labregos principalmente, nos edificios, igrexas e pazos que hoxe podemos admirar”, dixo. 

velasco

No segundo día, 7 de marzo, despois da presentación que sobre el fixo o noso Vicepresidente, o arquitecto Xosé Anxo Carreira falou amplamente das características que distinguen a este estilo artístico, parándose nas propias criadas na Galiza. Centrou as súas proxeccións en diversos edificios de Santiago de Compostela, principalmente na Catedral e no mosteiro de San Martiño Pinario. A conferencia, foi seguida, como o día anterior, por máis de 150 persoas que previamente se matricularan neste Obradoiro. 

carreira1

 

6 de Marzo: comezo do Obradoiro "COÑECER O BARROCO"

Hoxe, no salón de actos da Deputación, comeza o obradoiro "COÑECER O BARROCO". A partir das 6 da tarde farase entrega do material do obradoiro ás persoas inscritas. Ás oito menos cuarto presentarase o obradoiro xunto aos representantes dos organismos colaboradores e ás oito comezara o obradoiro coa conferencia A galiza dos s. XVII- XVIII, polo historiador Carlos Velasco.

Para máis información visita a AXENDA.

 

27 de Febreiro: ANDAR AOS NIÑOS

Abaneados polo vento randean carballos e castiros mentras as primeiras nubes fuxen veloces empuxadas por outras máis mouras que de seguro han deixar auga ou sarabia. Entre marceada e marceada raiolas de sol alumean na contorna dando quentura e vida á natureza que esperta. Daquela ao rematar de chover, e tras un breve silenzo, comenza unha variada ringleira de asubíos que se estende polas fragas. É tempo de criar, cos paxaros bulindo sen acougo a construír lugares de acubillo aproveitando o agromar das follas que cubren a paisaxe. Nas silveiras aniñan paporrubios, lavandeiras, merlos, tordos, e tamén carrizos naqueles seus minúsculos habitáculos en forma de nobelo forrados dunha acolledora mulida...

(para continuar lendo preme aquí...)

 

15 de Febreiro: PRESENTADA A DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA QUE O RITO FESTIVO DE “AS FACHAS DE CASTELO” SEXA DECLARADO BEN DE INTERESE CULTURAL E FESTA DE INTERESE TURÍSTICO. 

fachas

O pasado venres, as Asociacións AS FACHAS, de Castelo, e máis LugoPatrimonio, entregaron no rexistro da Xunta para as Consellarías de Cultura-Dirección Xeral do Patrimonio e Consellaría de Industria-Dirección Xeral de Turismo, a documentación cuxo fin é que o rito festivo das FACHAS que se celebra todos os 7 de setembro, entre na catalogación de BIC e Festa de I.T. Foi un longo traballo de recompilación de datos e historia, no que, definitivamente se recolleron artigos dos profesores D. Xaime Delgado Gómez e D. X.M. González Reboredo, que estudan e interpretan en profundidade todo o relacionado coa festa. Recollíanse, ademais, outros artigos aparecidos na prensa, datos da evolución das Fachas, e a declaración do Concello de Taboada uníndose ao traballo das dúas Asociacións. Agardamos, pois, desas Consellarías, que sexan sensíbeis e fagan xustiza a unha petición con grande eco popular e que define un xeito de vivir e gozar con características nacionais galegas.

 

 

 

 

 


lugopatrimonio@lugopatrimonio.org

O  

 

 

6