O Ramo (5)

Sección O Ramo da revista A Xanela

O RAMO para a Área de Cultura da Deputación de  Lugo e o seu representante Mario Outeiro, o Bispado, con Miguel Gómez e César Carnero á cabeza, e os veciños e veciñas de Vilasouto, pois todos eles formaron parte da reivindicación e do traballo que levou a rematar as obras de rehabilitación da igrexa románica de San Mamede de Vilasouto, na súa primeira fase (arranxo de cubertas, lousado, muros e fachada), atallando así a súa destrución e sumando este templo ao noso patrimonio rescatado. Somos gratos a mapleleafonlinecasino.com.

O Ramo para o restaurador e presidente de Amigos do patrimonio de Lemos, don César Carnero pola súa loita a favor da urxentísima rehabilitación da igrexa de san Vicente (Monforte de Lemos). Os estudos sobre pinturas e outro material agachados no chan e nas paredes necesita tamén unha pronta edición.
Martes, 06 Xuño 2006 11:10

O ramo para a Consellaría de Cultura


Pola ampliación que fixo dos días e horarios de apertura do monumento de Santa Eulalia de Bóveda. Poden agora as xentes sensíbeis vir dos lugares máis afastados que sempre terán un tempo para admirar o Monumento. Sabemos que non foi doada a solución e que ten os seus altos custos económicos. Facemos, de todos os xeitos, unha aportación, sempre co ánimo de axuda: quizabes, nos meses de verán, pechar ás 18,00 ou 18,30 h. sexa unha miga cedo. Non se podería axeitar mellor a distribución do horario durante a xornada?

 

O RAMO
para D. SEGUNDO CAPÓN,
cura de Santa María de Temes por ter coidado con tanto amor o complexo monumental.

D. Segundo iniciou, en 1974, o descubrimento dos primeiros vestixios romanos que apareceron na igrexa. Despois, axudado por estudosos da arte e a arqueoloxía como Xaime Delgado, Nicanor Rielo ou Nicandro Ares, foi axeitando os numerosos e importantísimos achados no interior da igrexa para que non fosen roubados. Por iso podemos hoxe achegármonos alí e gozar desas marabillas que construíron os nosos devanceiros. Sen o seu traballo non o poderiamos facer. Para el, portanto ese RAMO tan merecido.

 

Na viaxe a Belesar do 14 de xuño do 2008 comprobamos certas situacións que as distintas institucións (concello do Saviñao, Patrimonio da Xunta de Galiza e Deputación de Lugo) poden arranxar sen grades problemas:

  1. Construcións nos arredores da igrexa de Diomondi que afean o conxunto (é, como sabemos, monumento nacional). Parecen, ademais, sen uso, polo que se podería derrubar o pendello que dá á fronte do camiño e acondicionar esteticamente as casas e palleiras que din abandonadas. Tamén o peto de ánimas que inicia o Camiño dos Codos.
  2. Non se entende que se promocionen arreo as viaxes en catamarán e non haxa un bar ou cafetaría na que se poda tomar algo; ou se teñan sen servizo de auga os lavabos do punto de embarque. É unha situación que non favorece a potenciación das visitas.

Temos que agradecer, tamén a atención esmerada que recibimos:

    • Do concello do Saviñao e do concelleiro Xosé Manuel Rodríguez Martínez pola axuda para ver a igrexa de Diomondi e por ter o camiño dos Codos de Belesar perfectamente transitábel e limpo. Vaia para eles, pois o noso agradecemento e felicitación.
    • Do persoal do catamarán pola disposición a que a viaxe polo Miño fose documentada e agradábel.
    • Da dirección do Ecomuseo de Arxeriz (Carme Casas e X. Antonio Quiroga) polo coidado e presentación que teñen en todas as instalacións, e tamén por esa disposición á información e ao sorriso.
    • Da Adega Lareu personalizada en Primitivo Lareu, tamén pola atención e datos que axudaron a enriquecer os nosos coñecementos. E polo viño, claro.

Para todos eles, pois, e dentro dos conceptos que narramos, vaia O RAMO da Xanela de LugoPatrimonio.

 

 

Lugo, 15 de xuño do 2008

O Presidente

Asdo.: Lois Diéguez

Busca nesta web

Próximos actos

  • Asemblea xeral e festa dos socios. +

    Día 12, xoves Asemblea xeral e festa dos socios. Xantar no Hotel Méndez Núñez. Actuación do grupo de música clásica Bóreas. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO