Luns, 14 Outubro 2013 21:11

Yago Rodríguez Yáñez

Yago Rodríguez Yáñez (Lugo, 8-12-1980) é Licenciado con Grao en Filoloxía Hispánica e Premio Extraordinario de Licenciatura, así como Doutor dende os 25 anos cunha Tese sobre John Keats, coa que obtivo a cualificación de Sobresaliente cum laude por unanimidade, o Premio Extraordinario de Doutoramento e a acreditación de Doutor Europeo. No ano 2002 defendeu a Memoria de Licenciatura titulada El Alma en el verso: «Ode on a Grecian Urn» y la obra de John Keats. Realizou estadías de investigación na British Library e na Senate House Library (Londres), entre outros centros. Actualmente desempeña a función de profesor no CPI Monte Caxado (As Pontes de García Rodríguez).

Presentou numerosos escritos tanto de Literatura coma de Lingüística, ó tempo que practica a investigación e a creación literarias. Publicou versos en distintas revistas e recibiu no ano 2007 o primeiro premio de poesía correspondente ó V Certame Lucus Augusti.

Autor de gran número de ensaios en galego, castelán, francés e inglés, posúe traballos en torno a John Keats e a poesía romántica inglesa en xeral, Darío Xohán Cabana, Miguel Hernández, Tirso de Molina, Miguel de Cervantes, Rosalía de Castro ou Emilia Pardo Bazán.

Pronunciou comunicacións e conferencias sobre a poesía do século XIX, como as tituladas «Sense, Meaning and Influences in John Keats's "To Autumn"» (Northampton, 2005), «Algunos influjos de John Keats y de la poesía romántica inglesa en la lírica hispánica» (Santiago de Compostela, 2006), «John Keats: las grandes odas o el Romanticismo inglés» (Cidade Real, 2008), «For a Bird's Flight: A Comparative Study of the Nightingale in Coleridge's, Wordsworth's and Keats's Works» (Cannington, 2008), durante The Coleridge Summer Conference, ou «Emilia Pardo Bazán et la culture galicienne» (Pau, 2010).

Publicou os libros Helena Villar Janeiro na escola. A visión comprometida dunha escritora multifacética (2006), La propuesta lírica de John Keats. Belleza y verdad: Interpretación, antecedentes e influencias de las «Great Odes» (2006), Emilia Pardo Bazán e a poesía romántica. Estudo, selección e edición da súa produción lírica (2010), o poemario Déixame ancorar... (2011) e máis recentemente A peito descuberto: Análise e edición da obra poética de Fiz Vergara Vilariño (2012).

Co profesor, investigador e amigo Luís Calvo deu a coñecer igualmente os libros Conversas con Darío Xohán Cabana. Vida e escrita (2007), A Voz e o Silencio. Bibliografía e estudo en torno a Darío Xohán Cabana (2007) e A festa máis fermosa do outono galaico (Os escritores falan do San Froilán) (2009).

Busca nesta web

Próximos actos

  • Asemblea xeral e festa dos socios. +

    Día 12, xoves Asemblea xeral e festa dos socios. Xantar no Hotel Méndez Núñez. Actuación do grupo de música clásica Bóreas. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO