Mércores, 11 Marzo 2026 16:33

Conferencia de Xoán Carmona Badía sobre “O estado do patrimonio industrial en Galicia”

10 de marzo

O profesor emérito da USC, Xoán Carmona Badía, que como catedrático de Historia e Institucións Económicas, se dedica á investigación sobre historia marítima e industrial, e historia empresarial e patrimonio industrial, fixo un repaso do acontecido desde a última conferencia que deu no ano 2019 sobre Patrimonio Industrial convidado pola Asociación.

Comezou facendo alusión a un comentario que fixo o presidente na presentación en relación con FRIGSA, unha empresa de curta vida, dixo, que seguía o modelo dos grandes matadoiros de Chicago, unha aspiración do agrarismo de comezos do século XX, pero fóra de época, e polo mesmo chegou con corenta anos de retraso, tanto polos cambios nos mercados como polos procesos de transformación dos produtos cárnicos.

Xa no balanzo do acontecido co patrimonio industrial entre o ano 2019 e o 2026, o panorama non é nada positivo en relación coa actuación da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta, a pesar da importancia que na economía ten a industria galega manufactureira e no emprego, que representa o 15 %, e en España o 12 %, mentres que a porcentaxe no PIB por comunidades, temos un peso medio alto, incluso por enriba de Madrid.

 

Fixo despois referencia a o seu libro A industria onte e hoxe, e Galicia distrito industrial, Conversas con Daniel Hermosilla, de Antón Baamonde. Como existe unha industria hai un patrimonio industrial que nace da crise de 1970 na que pechan moitas delas, de xeito que se valoran algunhas destas instalacións abandonadas, o que antes non se facía.

Despois de definir o que se entende por Patrimonio Industrial, segundo a Carta de Nizhny Tagil (2003), publicada polo Comité Internacional para a conservación do Patrimonio Industrial (TICCIH), comentou a lexislación galega, que na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia (2016), só considera patrimonio industrial os elementos anteriores a 1936, de xeito que, de conservarse FRIGSA, non se consideraría legalmente como tal. Como Galicia non foi relevante na Revolución Industrial, e polo mesmo son escasos os elementos patrimoniais anteriores a ese ano, pero hai unha singularidade que é a relación entre o mundo marítimo e o industrial.

Na segunda parte da disertación tratou os cambio recentes, os que tiveron lugar nos últimos seis anos. Non mellorou a normativa de protección, non se protexeron nin se corrixiron os elementos perturbadores, nin se fixo un catálogo dos bens existentes. A Xunta, para sacudirse o problema, cedeu esa competencia aos concellos que non dispoñen de persoal especializado para esas tarefas, ao tempo que son vulnerables nos intereses urbanísticos. Citou os poucos elementos que están declarados BIC, como Sargadelos, os edificios do encoro de Belesar, o Arsenal de Ferrol, o Museo Massó, a fábrica da luz do río Mao, e o funicular para transporte de materias de Novo e Serra, do que só quedan os piares.

O desinterese da Xunta e tal que, como exemplo puxo a ferreiría de Vilar de Cuiña que solicitou a declaración hai dez anos. Fala de Sargadelos, que nin ten plan, que fora redactado polo arquitecto Andrés Fernández-Albalat, nin se reúne o Padroado. Mostrou fotografías da área histórica transformada nun fogar do churrasco, na que se instalaron mesas e asentos de pedra e barbacoas.

O lado positivo ven por parte dos particulares, cunha maior conciencia, xurdindo asociacións que se implican na recuperación de elementos do patrimonio industrial e creación de pequenos museos, e algúns concellos que se preocupan de introducir nos plans xerais de urbanismo algunha protección, como no caso de Vigo, anque despois non é así prevalecendo os intereses da especulación urbanística.

A terceira parte dedicouna Carmona aos dous elementos que se visitarán como práctica, a central hidroeléctrica do Tambre e as minas de wolframio de San Fins de Lousame. Primeiro falou do edificio de Antonio Palacios, o máis notable dos construídos en Galicia, que alberga a central eléctrica, que foi decisiva para o desenvolvemento industrial de Vigo e o cerne sobre o que xurdiu FENOSA. Para facela, en 1923 fusionáronse tres empresas eléctricas.

En relación coa mina de San Fins, que no seu momento foi unha gran fonte de riqueza, dixo que foron as primeiras que se explotaron en Galicia de wolframio, sendo a segunda mina de estaño – wolframio de Europa na II Guerra Mundial, explotadas por un grupo inglés, o que impediu que a Alemaña nazi dispuxera deste mineral estratéxico na industria armamentistica. Despois pasou a FENOSA. Sen ela non existiría esta compañía nin Astano.

Máis en ésta categoría « PROGRAMACIÓN DO 1º SEMESTRE DE 2026

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe para ver os faros do cabo Vilán, o faro de Muxía, o santuario da Virxe da Barca e o mosteiro de Moraime. +

    Día 18 sábado Viaxe para ver os faros do cabo Vilán, o faro de Muxía, o santuario da Virxe da Ler Máis
  • Viaxe ao Alentejo. +

    Do 3 ao 7 Viaxe ao Alentejo. Ler Máis
  • Conferencia sobre “Dona Urraca, raíña de Galicia” +

    Día 19, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia sobre “Dona Urraca, raíña de Galicia”, con Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO