Martes, 20 Mai 2025 22:51

Visitas ao Mueso e Castro de Viladonga e a Sal Porta Miñá

Visitas ao Mueso e Castro de Viladonga e a Sal Porta Miñá

22 de marzo

Nun día de auga fixemos pola mañá a viaxe ao Museo e Castro de Viladonga dentro do ciclo dedicado ao mundo romano. Despois de ver un vídeo explicativo o presidente da Asociación Adolfo de Abel Vilela fixo uns comentarios relacionados coa historia evolución do xacemento e das instalacións. O interese polo castro comeza en 1911 ao aparecer un torques de ouro, comezando as escavacións na década dos anos 70 baixo a dirección de Manuel Chamoso Lamas, contando coa presenza do arqueólogo Felipe Senén López, descubríndose un gran número de estruturas pertencentes a casas e abundante material de entre os séculos II a V d.C., pertencente á cultura galaico-romana. Desde o ano 1982 os traballos arqueolóxicos fixéronse baixo a dirección de Felipe Arias Vilas.

En 1983 o Ministerio de Cultura creou o Museo, nun edificio que fora construído para almacén nos anos setenta. A partir de 1990 a súa xestión foi transferida á Xunta de Galicia. Entre 1992 e 1994, baixo a dirección de Felipe Arias, fixéronse importantes obras de reforma e ampliación coa construción dun novo edificio a continuación do xa existente.

Despois de visitar as diversas salas do Museo, que se caracteriza por unha montaxe museográfica moi didáctica, e polo mesmo doado de comprender, pasamos ao castro circunvalado pola parte inferior debido á choiva.

Tras xantar en Meira, regresamos a Lugo visitando a Sala Porta Miñá para ver a exposición permanente sobre o Lugo romano, desde a fundación ata a chegada do cristianismo, e un tramo da cloaca recentemente aberto ao público moi ben musealizado.

Máis en ésta categoría « Viaxe a Astorga

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Anotacións para a viaxe á Coruña o día 21 +

    Día 4 de xuño, mércores ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial   Conferencia de Francisco Javier González Ler Máis
  • Conferencia de Francisco Javier González García, profesor de Historia Antiga na USC, sobre “A Torre de Hércules” +

    Día 4 de xuño, mércores   ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial   Conferencia de Francisco Javier Ler Máis
  • Viaxe á Coruña guiada por Felipe Senén López +

    Día 21, sábado Viaxe á Coruña guiada por Felipe Senén López. Saída ás 9,00 h. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO