 Cenlle  (Ourense), 1947. Mestre, historiador e etnógrafo. Membro da extinta  sección de Etnografía e Folclore do Instituto “P. Sarmiento” de  Estudos Galegos (secretario da devandita sección dende 1984); do padroado  do Museo do Pobo Galego (1984), secretario (1992 a 1997) e vocal da  Xunta rectora; da sección de Antropoloxía do Consello da Cultura Galega,  etc. Galardóns: "Premio Concello de Ponteareas, 1983" por  Aproximación a la historia de Ponteareas; "A la mejor labor  continuada" en prensa do certame do Ministerio de Cultura sobre  “Artes y Tradiciones populares”, os anos 1983, 1884, 1885 e 1986;  premio "Investigación-1987" da Deputación Provincial de  Pontevedra por A festa dos maios en Galicia; "O Maio",  galardón anual da Asociación de Veciños "Casco Vello" de  Vigo, 1990; premio "Investigación-1992" da Deputación de  Pontevedra por A producción tradicional do ferro en Galicia: as  grandes ferrerías da provincia de Lugo; “Curuxa de honra” do  Museo do Humor de Fene, 1999; coautor de O Ribeiro. O viño da cultura.  A cultura do viño, premio mundial ao mellor libro publicado sobre  o viño en 2001 (“Gourmand World Wine Books Award 2001”); premio  de investigación “Raigame”-2008, etc.

 Colaborador  da Gran Enciclopedia Gallega, asesor da Enciclopedia Galega  Universal, e do consello consultivo e colaborador da Gran Enciclopedia  Galega.  
 Colabora  en prensa dende 1965 (Faro de Vigo, La Voz de Galicia, O Correo Galego,  Galicia Hoxe...). En 1969 publica o primeiro folleto ao que seguirán  varios libros, entre outros, Castelao: caricaturas e autocaricaturas (1986), A festa dos maios en Galicia  (1989), O concello de Rois (1990); "Aproximación etnográfica  á cultura material da montaña lucense ", vol. II de Antropología  y Etnografìa de las proximidades de  la Sierra de Ancares (1991), As festas cíclicas do ano (1992),  A coca e o mito do dragón (1993), A producción tradicional  do ferro en Galicia; “Arquitectura e tecnoloxía populares no  val de Ancares (León)” (1996),  “Cousas da vida” no Faro  de Vigo, por Castelao (2001), “Aspectos lingüísticos e tecnolóxicos  do Val de Fornela” (2002), Os cruceiros (2003), O Ribeiro:  terra, auga e viño (2003), La iglesia y el cementerio de Santa  María a Nova de Noia, (2003), Cruces e cruceiros antigos de  Vilagarcía de Arousa (2003), Xaquín Lorenzo Fernández  “Xocas” (2003), Román Martínez de Montaos. Un facendista  galego do século XIX (2006), Xosé  María Álvarez Blázquez (2007); A indumentaria tradicional  galega. O traxe de Muros (2008), Mar adiante. As  “xeiras” dos ultreias (2008), As varandas de ferro dos corredores  e balcóns do Ribeiro (2008), etc.  
Conta con máis dun cento de traballos de investigación publicados en diferentes revistas, congresos, estudos preliminares, etc.