Fins primordiais da asociación LugoPatrimonio

Asociación Lugo Patrimonio

  1. Defensa, promoción e uso do idioma galego no camiño da súa normalización, pois representa a maior riqueza patrimonial creada polo pobo galego. A este fin, o idioma galego é a expresión propia e oficial usada en todos os ámbitos da Asociación.
  2. Defensa do Patrimonio material e inmaterial recollido este no seu sentido máis amplo e dentro do territorio da provincia de Lugo.
  3. Promoción e realización de actividades de todo tipo encamiñadas á súa divulgación e xeral coñecemento.
  4. Edición e propagación de traballos que o popularicen.
  5. Cantas outras actividades lícitas que sexan da conveniencia e dos intereses comúns dos asociados e asociadas.

LugoPatrimonio, amais do seu carácter reivindicativo, ten tamén como fins a busca de solucións e proxectos que axuden a resolver o deterioro, esquezo ou silenciamento do noso patrimonio.

Criterios xerais de actuación

Ao ter carácter provincial, LugoPatrimonio realizará actos por toda a provincia en colaboración, sempre, coas entidades locais, de tipo cultural, de defensa do patrimonio ou calquera outro, que estexan interesadas na difusión e conservación do noso patrimonio.

As Viaxes programadas por LugoPatrimonio serán presentadas polos guías que as dirixan nun acto público anterior á propia viaxe, no que se dará a coñecer o itinerario e os puntos e monumentos a visitar.

Máis en ésta categoría Xunta Directiva LugoPatrimonio »

Próximos actos

  • Asemblea xeral e festa dos socios. +

    Día 12, xoves Asemblea xeral e festa dos socios. Xantar no Hotel Méndez Núñez. Actuación do grupo de música clásica Bóreas. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO