Venres, 17 Febreiro 2023 17:49

Conferencia de Uxío Breogán Diéguez Cequiel sobre "Francisco Fernández del Riego. Vida e compromiso dun galeguista (1913-2010)"

14 de febreiro

O doutor en Historia Contemporánea e profesor da Universidade da Coruña, na que é director da Cátedra de Memoria Histórica, falou sobre Francisco Fernández del Riego, persoeiro ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, facendo na súa disertación unha aproximación a unha figura notable da nosa historia en clave republicana e nacionalista.

Naceu Francisco Fernández del Riego en Vilanova de Lourenzá (Lugo) o 7 de xaneiro de 1913, nunha familia numerosa de clase media, seu pai estivera emigrado en Cuba e tiña unha tenda de tecidos. Fixo os primeiros estudos na súa vila natal pasando en 1927 a facer o bacharelato ao Colexio dos Escolapios de Monforte, onde xa publica os primeiros artigos sendo na súa traxectoria un escritor prolífico.

Anque quería estudiar Filosofía e Letras, en 1929 pasou a estudiar Dereito na Universidade Central de Madrid na época da chamada ditablanda do xeneral Dámaso Berenguer, onde coñece a varios compañeiros cos que desenvolverá a dinámica política en Galicia. Frecuenta a biblioteca do Ateneo e lee varias das obras de Vicente Risco, especialmente El problema político de Galicia e a Teoría del nacionalismo gallego, que foi divulgado no xornal A Nosa Terra.

En 1931 proclamouse a II República, pasa a continuar os estudios na Universidade de Santiago, sendo unha figura do movemento xuvenil galeguista, sendo o presidente da FUE na Facultade de Dereito, posto que antes desempenara Ricardo Carballo Calero.

Era un gran conferenciante, moi recto, contundente e home de consensos. Tratou a figuras fundamentais do galeguismo como Lois Tobío, Avelino Pousa Antelo, Xaime Illa Couto, Isaac Díaz Pardo, etc. En Santiago forma parte do comité local do grupo galeguista que dará lugar en 1931 ao Partido Galeguista, que centrará a súa ideoloxía fundamentalmente en tres aspectos, o feito diferencial e a autonomía política de Galicia e o idioma galego. Era un habitual da tertulia que se facía na Imprenta Nós rexentada polo que foi alcalde de Santiago Ánxel Casal e María Miramontes, a onde acudían Luis Seoane, Camilo Díaz Valiño, Antonio Fraguas e Ramón Suárez Picallo, entre outros. Tamén formou parte do Seminario de Estudos Galegos do que este ano se cumpre o centenario da fundación.

Destacou nunha organización xuvenil galeguista denominada Ultreya, semellante aos boy scouts, fundado en Noia por Álvaro de las Casas, catedrático de Xeografía e Historia, semellante á Palestra catalá do etnólogo e político nacionalista Josep Maria Batista i Roca, que se dedica a dar a coñecer o país aos rapaces. Casas, que era o presidente e del Riego o secretario, non quixo que esta organización pasase a formar parte das Mocidades Galeguistas, pero si del Riego que era un gran organizador, que a partir de 1932 ocupou o cargo de secretario xeral, con Illa Couto, Pousa Antelo, Celso Emilio Ferreiro, e outros, conseguindo nun ano uns mil afiliados.

O 25 de xullo de 1933 asinase en Santiago o Pacto de Compostela ou Galeuzca (acrónimo de Galicia, Euskadi e Cataluña) asinado no Seminario de Estudos Galegos o 25 de xullo de 1933.

Francisco Fernández del Riego, soberanista, republicano e galeguista, encara o referendo do Estatuto de Autonomía que se ía celebrar o 17 de decembro de 1933, aniversario da execución do mariscal Pardo de Cela, pero suspendeuse. Neste período goberna a Confederación de Dereitas Autónomas (CEDA), que censura e desterra a varios galeguistas como Alexandre Bóveda e Castelao. O Estatuto, que fora elaborado pola Asemblea de Concellos en 1932, falaba dunha Galicia autónoma, para construír un Estado galego libre dentro da República, que tiña que ser un Estado federal.

No verán de 1936 o Partido Galeguista xa contaba con cinco mil persoas que van facer campaña para conseguir a aprobación do Estatuto. En Lugo tiña a Anxel Fole, Ramón Piñeiro, Xosé Ramón Fernández Oxea (Ben Cho Shey). O referendo celebrouse o 28 de xuño de 1936, sendo aprobado con 993.000 votos.

Nas eleccións de febreiro de 1936 prodúcese a escisión do Partido Galeguista por Ourense e Pontevedra que non querían integrarse no Fronte Popular. Obtén 400.000 votos e tres actas de deputados, Castelao por Pontevedra, Suárez Picallo e Vilar Ponte por A Coruña.

Rematou facendo referencia a vida de del Riego despois do golpe militar de 1936 e da guerra civil, que viu como algúns dos seus compañeiros foron fusilados e outros exiliáronse, tendo que agochar a súa actividade política. Residiu en Vigo traballando no despacho de avogados de Valentín Paz Andrade, sendo un dos fundadores da editorial Galaxia e o enlace cos galeguistas do exilio.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral +

    MARZO Día 6, mércores Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral. De 19,30 a 20 h., anotacións para a Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe do 20 de abril a Cambados +

    MARZO Día 6, mércores Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral. De 19,30 a 20 h., anotacións para a Ler Máis
  • Viaxe para ver os pazos de Oca e Santa Cruz de Rivadulla +

    Día 16, sábado Viaxe para ver os pazos de Oca e Santa Cruz de Rivadulla. Saída ás 8,30 h. Ler Máis
  • Táboa Redonda sobre a vida e a obra de Luisa Villalta +

    Día 19, martes Táboa Redonda sobre a vida e a obra de Luisa Villalta, persoeira das Letras Galegas 2024. Interveñen Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO