Domingo, 26 Marzo 2023 21:15

Viaxe ás Terras do Carballiño

25 de marzo

Acompañados polo arqueólogo e museólogo Felipe Senén López, os 54 viaxeiros comezamos a viaxe visitando o Mosteiro cisterciense de Oseira, renacido no século XX grazas ao labor dos frades que o reconstruíron. Acompañados por Yolanda iniciamos a visita no claustro renacentista chamado dos medallóns. Comezou dicindo que o topónimo de Oseira procede do latín ursus (oso), en referencia a o lugar agreste onde foi fundado pola Orde do Cister no ano 1137, dependendo de Claraval, fundación promovida por Afonso VII, debido ao parentesco que seu pai Raimundo de Borgoña tiña con San Bernardo.

Como ocorre neste tipo de edificios centenarios ten arquitecturas de diferentes épocas.

Percorréronse os claustros dos Cabaleiros e o dos Pináculos. A igrexa, que se comezou a fins do século XII obedece á tipoloxía do Cister, planta con tres naves e deambulatorio, chamando a atención a bóveda plana do coro do século XVI. Pasouse á sancristía e, a antiga e espectacular sala capitular, a botica rematando na exposición arqueolóxica relacionada co edificio que en 1552 foi destruído por un incendio, no Trienio Liberal (1820-1823) os frades foron expulsados e saqueado o edificio, que tiveron que restauraralo ao regresar en 1824, pero na desamortización de 1835 comezou o saqueo e destrución, conservándose só a igrexa que seguiu con culto.

O bispo de Ourense Florencio Cerviño González interesouse en 1929 por instalar no arruinado mosteiro a unha nova comunidade cisterciense que emprendeu a reconstrución a partir de 1966 recibindo en 1990 o Premio Europa Nostra.

A seguinte parada foi no castro de San Cibrán de Las, coñecido pola súa extensión como a Cidade, pois suponse que foi a coñecida como Lansbricae, onde está o Centro de Interpretación da Cultura Castrexa, que se visitou despois de facer o percorrido polo castro acompañados coas explicacións de Felipe Senén para ver as distintas tipoloxías de vivendas, as murallas, cos corpos de garda, e desde a acrópoles contemplar a extensa vista de toda a contorna e ver a pedra que contén a inscrición IOVI dedicada a Xúpiter. 

Despois de xantan no Carballiño. Fixemos a visita a igrexa da Vera Cruz unha das derradeiras obras do arquitecto galego Antonio Palacios que lle encargou en 1942 o párroco Evaristo Vaamonde, e que non viu rematada, xa que se comezou en 1953 e finalizouse en 1957. Neste templo ecléctico, dun gran simbolismo, está resumida unha parte da tradición arquitectónica galega, a maneira de traballar os canteiros a pedra, a arquitectura do Camiño de Santiago e a inglesa.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de Ramón Izquierdo Peiró e Daniel Lorenzo Santos sobre a exposición das Idades do Home en Santiago +

    Día 22, martes Conferencia de Ramón Izquierdo Peiró e Daniel Lorenzo Santos sobre a exposición das Idades do Home en Ler Máis
  • Viaxe a Santiago para visitar as exposicións “As Idade do Home. Hospitalitas” e “Unha vida vikinga”. +

    Día 26, sábado Viaxe a Santiago para visitar as exposicións “As Idade do Home. Hospitalitas” e “Unha vida vikinga”. Saída Ler Máis
  • Anotación para a viaxe a Monforte, visitas ao Museo de Arte Sacra das Clarisas e á Compañía. +

    Día 12, martes Conferencia de José Alberto Morais Morán “Fermosas, magníficas, admirables e de labrados mármores: as basílicas cristiáns de Ler Máis
  • Conferencia de José Alberto Morais Morán “Fermosas, magníficas, admirables e de labrados mármores: as basílicas cristiáns de Augusta Emerita". +

    Día 12, martes Conferencia de José Alberto Morais Morán “Fermosas, magníficas, admirables e de labrados mármores: as basílicas cristiáns de Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO