Mércores, 12 Abril 2023 19:17

Conferencia de Felipe Arias Vilas “Unha achega ó Vigo ó castrexo e galaico-romano”

11 de abril

O arqueólogo e museólogo Felipe Arias Vilas, comezou dicindo que Vigo é unha cidade que identificamos deseguida coa modernidade contemporánea pero que ten unha longa historia con moi vellas raíces que expuxo ao longo da disertación.

Logo dunha breve introdución sobre as fontes de coñecemento, que son as textuais e documentais pero, sobre todo, as proporcionadas pola arqueoloxía, moi desenvolvida nas últimas décadas pero en débeda con figuras senlleiras como Xosé María Álvarez Blázquez, comentou os problemas da identificación do seu nome orixinal (Vicus Scaporum / Caporum (?), Burbida ?, como mansión discutida da Vía XX (ou da XIX -?-) do chamado Itinerario de Antonino.

Paso a conmtinuación a analizar os restos do antigo Castro galaico situado na ladeira do monte que domina o territorio vigués, que hoxe preside o castelo das guerras do século XVII e XVIII.

En cambio, á beira da antiga liña de costa, hoxe moi modificada, está o núcleo arqueolóxico do Areal e varias rúas adxacentes, co achado dunha trintena de estelas funerarias romanas da rúa Pontevedra, e o importante conxunto de salinas e factorías de salgado das rúas Rosalía de Castro e Marqués de Valladares - Colón, o que xa nos advirte da importancia desta actividade na zona viguesa e do seu importante papel económico (“industrial” e comercial) non só na Gallaecia senón en toda a fachada atlántica, o que deu lugar a que se considere hoxe como un enclave a xeito de emporium galaico-romano que, ademais, perdurará ata a época baixoimperial e paleocristiá e mesmo con contactos co mundo bizantino a teor dos estudos feitos sobre a cerámica atopada nesta área.

Engadiu que esta importancia documéntase tamén arqueolóxicamente na súa contorna e que era obrigado falar do xacemento prerromano (quizais con contactos co mundo púnico) da Punta de Alcabre (hoxe dentro do Museo do Mar), así como da vila ou mansión romana da antiga finca Mirambell na praia do Vao e fronte á illa de Toralla, esta última un xacemento castrexo xa derramado.

Por último, fixo mención ao importante contexto arqueolóxico de toda a ría de Vigo, moi determinante no seu tempo, desde as Illas Cías / Síes (Siccae) ata a rasa costeira de Baiona-Mougás-A Guarda, ao igual que toda a península do Morrazo co singular xacemento habitacional e santuario galaico-romano do Facho de Donón, no Hío de Cangas.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo sobre o escultor Francisco Asorey +

    Día 10 de maio, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo Ler Máis
  • Conferencia de José Alberto Morais Morán sobre “A arte e a arquitectura historicista”. +

    Día 16, martes Conferencia de José Alberto Morais Morán sobre “A arte e a arquitectura historicista”. Ler Máis
  • Viaxe a Cambados +

    Día 20, sábado Viaxe a Cambados. Visita a Cambados, obra artística de Manolo Paz, Leiro e Asorey. Pazo de Fefiñáns. Ler Máis
  • Viaxe a Sintra +

    MAIO Días 5 ao 8 Viaxe a Sintra (Portugal). Saída ás 8 h. Ler Máis
  • Conferencia de Iván Moure Pazos sobre "Ruína antrópica e biótica na Sintra contemporánea”. +

    Día 23 de abril, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Iván Moure Pazos sobre Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO