Luns, 03 Outubro 2022 21:33

Viaxe a Ponferrada e Villafranca

1 de outubro
Dentro do Ciclo sobre Patrimonio Industrial e como complemento da viaxe realizada a Asturias para ver o Museo das minas de Arnaou, o conxunto mineiro do val do Turón e o poboado mineiro de Bustiello, realizouse a visita a “La fábrica de la luz”, Museo Nacional de la Energía, en Ponferrada, instalación aberta no ano 2011  na antiga central térmica da Minero Siderúrgica de Ponferrada (MSP), que estivo en funcionamento entre 1920 y 1971. Acaba de ser declarada Ben de Interese Cultural (BIC) e os traballos de recuperación recibiron da Unión Europea o Premio á Conservación do Patrimonio Cultural.
Na visita, que tivo por finalidade ver como era unha central térmica que empregaba o carbón para producir enerxía eléctrica, estivemos acompañados por dúas guías do Museo, Silvia e Inés que nos acompañaron  polas tres sección de que consta o Museo: zona de descarga do carbón, sala de caldeiras e sala de turbinas.


Comezou o percorrido na parte onde estaban o muelle de carbóns, antes a ceo aberto e agora pechado constituíndo a primeira sala do Museo, onde se poden ver a forma de colocar os traxes dos mineiros para que secasen, pasando despois a onde se explica o distintos tipos de carbón, turba, lignito, antracita e hulla, produción de briquetas, o tren coa locomotora “Ponferrada” que transportaba o carbón desde o lavadoiro, instalada no lugar onde se descargaba manualmente para despois trasladalo por cintas transportadoras e vagonetas para queimar nos fornos que quentaban a auga para transformala no vapor que se empregaba como forza para mover as tres turbinas que producían a electricidade, todo en condicións ambientais extremas para os traballadores.
Pola tarde fixemos unha visita guiada por Villafranca, comezando na convento de San Nicolás, pasando despois a visitar o teatro Gil Carrasco, a igrexa de San Francisco, o palacio dos marqueses de Villafranca, a igrexa de Santiago, percorrida por la Calle del Agua, con varios palacios, como os dos marqueses de Villafranca, o de Torquemada, as Casas Torre, a Casa Morisca, a casa onde naceu e viviu o  poeta Enrique Gil y Carrasco e o convento de San José,  rematando o percorrido na Colexiata de Santa María de Cluniaco.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Santiago de Compostela +

    Día 30 de setembro, sábado Saída ás 9,00 h. Viaxe a Santiago de Compostela, visitas ao Museo Pedagóxico de Galicia Ler Máis
  • Táboa Redonda “O Seminario de Estudos Galegos en Lugo”. +

    Día 3 de outubro, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Táboa Redonda “O Seminario de Estudos Ler Máis
  • Conferencia de José Alberto Moráis Morán sobre "A beleza do cotián: arte e suntuosidade nas vilas romanas de Palencia". +

    Día 13 de outubro, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de José Alberto Moráis Morán, Ler Máis
  • Viaxe para ver a Vila romana de La Olmeda e o Museo de Saldaña, Astudillo e San Hipólito el Real +

    Día 28 e 29 de outubro, sábado e domingo Viaxe para ver a Vila romana de La Olmeda e o Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO