Últimas Novas (529)

Últimas novas da asociación LugoPatrimonio

Luns, 30 Decembro 2024 12:41

PROGRAMACIÓN PARA O ANO 2025

PRIMEIRO SEMESTRE

XANEIRO

Día 21 de xaneiro, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de Pilar García Negro, sobre “Castelao, obra artística”.

De 19,30 a 20 h., anotacións para as viaxes a Pontevedra o día 1 de febreiro, para ver o Museo e para a viaxe do día 22 de febreiro, para ver o castelo de Vimianzo e o Museo do Xoguete e do Deporte en Ponteceso. Prezo 45 €.

FEBREIRO

Día 1, sábado

Viaxe a Pontevedra para ver no Museo a obra de Castelao. Saída ás 8,30 horas.

Día 18 de febreiro, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia do folclorista Isidoro Rodríguez Pérez “Sei cantar e sei bailar”, con motivo da dedicatoria do Día das Letras Galegas ás cantareiras e á poesía popular oral.

De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe a Zaragoza e Tarragona do 5 ao 9 de maio.

Día 22, sábado

Viaxe a Vimianzo e Ponteceso. Saída ás 9 horas.

Domingo, 15 Decembro 2024 13:16

ASEMBLEA ANUAL E FESTA DOS SOCIOS

12 de decembro

Na Asemblea ordinaria celebrada no salón da Deputación Provincial, despois da lectura da acta da Asemblea anterior pola secretaria Celia Besteiro Rodríguez, o presidente, Adolfo de Abel Vilela, deu conta das actividades desemvolvidas no ano 2024, que foron dez conferencias, dúas delas dedicadas ao historicismo, sete viaxes, sendo de catro días os de Sintra, na primavera, e o de Mérida, a comezo do outono. Houbo tamén unha visita guiada á catedral de Lugo e un roteiro pola cidade para ver obras do escultor Francisco Asorey ao que se lle dedicaba o ano.

A vicepresidenta, Branca Rodríguez Pazos, deu conta das actividades do Club de Lectura dirixido por María Casar Díaz, no que se leron once libros participando os autores nalgunha das sesións.

A tesoureira, Julia Cantalapiedra Álvarez, informou sobre o estado das contas e do movemento de asociados. No ano 2024 houbo 24 altas e 15 baixas, sendo o número de socios de 174.

Pasouse despois a propoñer as actividades para o ano 2025 que van xirar a redor de dous aniversarios, os 50 anos da celebración do Bimilenario e os 25 da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade, polo que tanto as conferencias como as viaxes estarán dedicadas á divulgación e ao coñecemento do mundo romano en diversos aspectos. Visitaránse os centros arqueolóxicos da cidade, o castro de Viladonga e Santa Eulalia de Bóvede e faranse viaxes a Astorga, Chaves e Coimbra, Zaragoza e Tarragona, entre outros. Tamén se abrirá a programación cunha conferencia dedica á obra artística de Castelao, con motivo dos 75 anos da súa morte, e sobre á temática do Día das Letras Galegas, comezando en marzo co tema da romanización ou latinización.

Despois, corenta e seis socios participaron nun xantar no Hotel Méndez Núñez, actuando o grupo de cantareiras das “Aulas de Pandeira”, que dirixe Barnca Villares e que foi presentado pola vicepresidenta Branca Rodríguez Pazos, como un anticipo do Día das Letras Galegas 2025 dedicado ás cantareiras e a poesía popular oral.

Martes, 03 Decembro 2024 14:15

Viaxe a Monforte de Lemos

23 de novembro

Como peche das viaxes incluidas na Programación do ano 2024, desprazámonos a Monforte comezando pola visita ao Museo de Arte Sacra das Clarisas, o mellor de Galicia e o segundo de España pola calidade das pezas que se mostran. Acompañounos como experto o cóengo César Manuel Carnero Rodríguez, que fixo unha introdución histórica sobre a personalidade dos fundadores en 1662, Catalina de la Cerda Sandoval, filla do duque de Lerma, valido de Felipe III, e Pedro Fernández de Castro e Andrade, VII conde de Lemos.

Están expostos o legado artístico que doaron, en escultura un Cristo xacente e unha Inmaculada de Gregorio Fernández, bordados en sedas de pezas de indumentaria litúrxicas, relicarios que recolleron, encargaron ou recibiron como agasallo durante e despois do seu virreinato en Nápoles entre os anos 1610 e 1616.

Martes, 19 Novembro 2024 09:30

Viaxe a Coria, Mérida e Zamora

23 ao 26 de setembro

O día 23, camiño de Mérida, paramos en Coria para xantar no restaurante Palacio Ducal de Alba, e pola tarde fixemos unha visita guiada comezando na muralla romana do século I, que coa de Lugo son as únicas na península que conservan o circundo completo. Saimos pola Porta de San Francisco, para ver o tramo entre esta porta e a da Cidade ou de la Guía, coa perspectiva das torres de base rectangular levantadas a intervalos de 20 ou 30 metros, e de bloques de granito colocados a soga e tizón.

De novo no interior fixemos un percorrido polo recinto histórico pasando pola catedral, recibindo as explicacións da guía diante da portada do Perdón e da Porta Norte ou do Evanxeo, onde está tamén a torre-campanario, pasando despois ao interior. Rematamos diante do castelo dos duques de Alba do século XV, obra do arquitecto Juan Carrera, feito na propia muralla romana.

12 de novembro

O profesor de Historia da Arte da Universidade de León comezou a súa disertación relacionando Mérida, Astorga e Lugo. Primeiro explicou que era unha basílica no mundo romano, un edificio público que non só tiña unha función relixiosa, pois podía ter biblioteca, mercados e relacionado co foro, citando como exemplos, a Iulia, a Aemilia, a de Santa Sabina, con mármores, que serán unha característica desde tipo de edificio que toma o cristianismo como exemplo. A máis importante de todas será a de San Pedro en Roma, levantada polo emperador Constantino no século IV para custodiar as reliquias de san Pedro.

Puxo como exemplo dunha das primeiras basílicas hispanas a de Marialba de la Ribera (León) construída entre os anos 300 – 350, escavada polo arqueólogo do Instituto Arqueolóxico Alemán, Helmut Schlunt, as que seguiron a de Fornás de Torelló, do século IV – V, en Menorca, que conserva decoración de mosaicos, e Santa María do Camin en Cas Frares en Mallorca, con temas decorativos do Antigo e do Novo Testamento, como Adán e Eva, a historia de Josué, etc., desaparecida.

22 de outubro

O director do Museo da Catedral de Santiago e un dos comisarios da XXVII exposición das Idades do Home, na sé de Santiago, colaborando no proxecto a Fundación Catedral de Santiago, sendo a primeira vez que se fai en Galicia, e o outro lugar foi Villafranca, abordando conxuntamente o tema da Hospitalidade no Camiño desde unha perspectiva ampla que, no caso compostelán se focalizou no mundo das peregrinacións.

Primeiro falou da orixe destas exposicións organizadas anualmente desde 1988 pola Fundación de las Edades del Hombre, en diversas localidades da comunidade de Castela – León, moitas delas visitadas pola Asociación, e que agora cada dous anos ten dúas sés, unha delas fóra da comunidade.

OUTUBRO

Día 22, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de Ramón Izquierdo Peiró e Daniel Lorenzo Santos sobre a exposición das Idades do Home en Santiago, “Hospitalitas. A graza do encontro. Arte e hospitalidade na peregrinación a Compostela”.

Día 26, sábado

Viaxe a Santiago para visitar as exposicións “As Idade do Home. Hospitalitas” e “Unha vida vikinga”. Saída ás 8 horas.

NOVEMBRO

Día 12, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de José Alberto Morais Morán “Fermosas, magníficas, admirables e de labrados mármores: as basílicas cristiáns de Augusta Emerita".

De 19,30 h. A 20 h., anotacións:

Para a viaxe a Monforte do día 23 de novembro, visitas ao Museo de Arte Sacra das Clarisas e á Compañía, prezo 45 €.

Para o xantar e festa dos socios do día 12, xoves, no Hotel Méndez Núñez, prezo 45 €.

Día 23, sábado

Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. Saída ás 9 horas.

DECEMBRO

Día 12, xoves

Asemblea xeral e festa dos socios.

Xantar no Hotel Méndez Núñez. Actuación do grupo de música clásica Bóreas.

Martes, 17 Setembro 2024 07:26

Emerita Augusta, capital da Lusitania

Felipe Arias Vilas, “Emerita Augusta, capital da Lusitania”

10 de setembro

Como actividade previa á viaxe a Mérida, celebrouse a conferencia impartida polo arqueólogo e museógrafo Felipe Arias Vilar que comezou facendo unha introdución sobre a fundación da cidade de Mérida como colonia romana no ano 25 aC. Sinalando que ten certa relación coa Gallaecia, pois foi fundada para lexionarios vedraños das guerras ástur-cántabras emprendidas por Augusto, constituíndose como capital da importante e extensa provincia da Lusitania, e proporcionando desde hai séculos numerosos achados arqueolóxicos romanos de todo tipo e entidade, ós que despois se sumou a súa importancia como sé episcopal e enclave primeiro visigótico e logo musulmán, antes de englobarse no reino cristián de Castela.

Mércores, 28 Agosto 2024 10:53

PROGRAMACIÓN PARA O 2º SEMESTRE DE 2024

 

SETEMBRO

Día 10, martes

Conferencia de Felipe Arias Vilas sobre “Emerita Augusta, capital da Lusitania".

Día 17, martes

Conferencia de José Alberto Morais Morán “Fermosas, magníficas, admirables e de labrados mármores: as basílicas cristiáns de Augusta Emerita".

De 19,30 h. A 20 h., anotación para a viaxe a Santiago de Compostela o día 26 de outubro para ver as exposicións “As Idades do Home. Hospitalitas” e “Unha vida vikinga”.

Días 23 ao 26

Viaxe a Mérida. Vistas Coria e Puebla de Sanabria.

OUTUBRO

Día 22, martes

Conferencia de Ramón Izquierdo Peiró e Daniel Lorenzo Santos sobre a exposición das Idades do Home en Santiago, “Hospitalitas. A graza do encontro. Arte e hospitalidade na peregrinación a Compostela”.

Día 26, sábado

Viaxe a Santiago para visitar as exposicións “As Idade do Home. Hospitalitas” e “Unha vida vikinga”.

NOVEMBRO

Día 12, martes

Conferencia de Luis Alonso Girgado sobre “100 anos da Revista Ronsel”.

De 19,30 h. A 20 h., anotación para a viaxe a Monforte, visitas ao Museo de Arte Sacra das Clarisas e á Compañía.

Día 23, sábado

Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía.

DECEMBRO

Día 15, domingo

Asemblea xeral e festa dos socios.

Xantar no Hotel Méndez Núñez. Actuación do grupo de música clásica Bóreas.

18 de xuño

O investigador e divulgador Héitor Fontes fixo na súa conferencia un percorrido polas torres, castelos, fortalezas e pontes fortificadas de Galicia, un patrimonio nalgúns casos desaparecido pero que fica documentado en moitos arquivos galegos, noutros abandonado e, en menor número, conservado, si se ten en contan que existen unhas 2.000 construcións das diferentes tipoloxías.

Comezou coa identificación da terminoloxía vinculada coas fortificacións medievais (castelos, casas torre, fortalezas, torres, atalaias...), así como o léxico galego relacionado con tales edificios, significando que o matacán chámase aquí ladroeira e vara a torre da homenxe, aclarando que a amea é oco que hai entre dous merlóns.

Páxina 1 de 38

Busca nesta web

Próximos actos

  • Anotacións para as viaxes a Pontevedra o día 1 de febreiro +

    Día 21 de xaneiro, martes Salón de actos da Deputación Provincial De 19,30 a 20 h., anotacións para as viaxes Ler Máis
  • Conferencia de Pilar García Negro, sobre “Castelao, obra artística”. +

    Día 21 de xaneiro, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Pilar García Negro, sobre Ler Máis
  • Viaxe a Pontevedra para ver no Museo a obra de Castelao +

    FEBREIRO Día 1, sábado Viaxe a Pontevedra para ver no Museo a obra de Castelao. Saída ás 8,30 horas. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO