Últimas Novas (543)

Últimas novas da asociación LugoPatrimonio

Mércores, 03 Xuño 2009 19:49

A Historia do Viño en Xosé Posada

 

O viño na relixión, desde Noé ao Cristianismo. Na etapa medieval e na moderna. O viño nas culturas diferentes. O Eros do Viño; na sáude tamén, e mesmo na pintura. E como non, no proceso desigual que deu lugar ao que hoxe, desde Galiza, mandamos aos mercados internacionais. O esforzo que supuxo e os perigos desa Europa da especulación. Xosé Posada fixo un emotivo e divertido repaso pola historia do Viño, e brindou ao final no verso do noso poeta máis profundo: Ramón Cabanillas.
 
 
Conferencia de Xosé Posada
 
Conferencia de Xosé Posada
Martes, 02 Xuño 2009 00:00

Condolencia de LugoPatrimonio


 
A Asociación
LugoPatrimonio lamenta o falecemento de don Amador López Valcárcel, cóengo arquiveiro da catedral, que con humildade e discreción dedicou parte da súa vida a estudar e divulgar a historia eclesiástica da diocese, sendo coautor con don Antonio García Conde do “Episcopologio Lucense”, facendo un inventario do seu patrimonio moble con fotografías das pezas máis destacadas co fin de evitar o seu espolio e poder localizalas en caso de roubo ou desaparición.

LugoPatrimonio tiña intención, e así llo fixo saber no seu momento, de recompilar todos os seus artigos nunha publicación, como homenaxe ao seu labor desenvolvido no ámbito do patrimonio histórico artístico da diocese de Lugo, empeño no que seguirá a traballar como unha lembranza póstuma.

 

Lugo, 2 de xuño do 2009

LugoPatrimonio

Venres, 29 Mai 2009 10:42

Conferencia de Xosé Posada

 

Xosé Posadda O enólogo, (entre outras moitas profisións) Xosé Posada, introdúcenos na súa conferencia sobre a Historia do viño, noutro capítulo dos xa iniciados nesta xeira que nos leva polos camiños do viño e a poesía. Filosofía e culturas arredor da uva, da cepa e da mesa, do idioma tamén, o noso, a través dos poetas que inmortalizaron o canto galego e esa forma de ver e sentir nosa, propia, para comprender, así, as outras: Ramón Cabanilla co seu poema Diante dunha cunca de viño espadeiro, e Mª do Carme Kruckenberg, co seu Viño.  

Na viaxe posterior á conferencia, andaremos polas terras do Rosal, Tui (cidade e catedral) e, A Guarda (monte Santa Tegra e museo),  e aprezaremos os viños mimados da adega Terras Gauda. O xantar agárdanos no Restaurante Juan- Tabagón- O Rosal.

(A concreción da conferencia e viaxe tédela na AXENDA)

 

O pasado 18 de Maio, Día Internacional dos Museos, dedicado polo ICOM nesta ocasión a MUSEOS E O TURISMO, a Directiva de Amigos dos Museos de Galicia fixo público o PREMIO PEDRA DO DESTINO 2009, salvagarda do Patrimonio Cultural de Galicia. Nesta ocasión decidiuse que o galardón, dotado coa cantidade de 3.000 euros e o apadriñamento dos Amigos dos Museos, recaese sobre a ASOCIACIÓN DE VICIÑOS DE SALCEDO, Pobra do Brollón, Lugo, pola recuperación do seu enxebre Entroido e fundamentalmente polo símbolo primaveral e fecundativo do Oso, que sae do seu letargo invernal, das tebras das covas, invadindo, enchendo de son de chocas e trastocando a orde rutinaria da aldea. Axudado dos seus criados, acomete e emborrea de farelo e cinza a aqueles vicios que se meten no seu paso. Tradición común a moitos outros pobos montañeses de Europa, si ben o Oso de Salcedo foi obxecto de variados estudios e tema en congresos internacionais.

O acto de entregado premio farase nunha data a determinar, en verau, e na mesma Aldea de Salcedo, cun xantar e festa enxebre.

Máis información na páxina dos AMIGOS dos MUSEOS de GALICIA.

O profesor e escritor Antón Fortes, introduce o tema “O viño na poesía”, no ciclo que LugoPatrimonio está desenvolvendo nestes meses. Mediante proxeccións fotográficas, fai unha panorámica da visión que as poetas e os poetas teñen sobre este licor das alegrías certamente moi cantado. Realiza, ao mesmo tempo, un canto ao idioma galego que neste momentos está sendo tan perseguido.

 

Como defensoras e defensores do Patrimonio galego material e inmaterial, manifestamos o noso dereito irrenunciábel a usar con normalidade na nosa vida diaria o máis grande patrimonio construído por galegos e galegas a través da historia: o idioma.

Porque un pobo que crea esta riqueza non pode quedar calado e pasivo ante a involución á que o propio goberno do país o quere someter. Un goberno que persegue e elimina as tímidas leis que  intentan protexer o galego, por moita aclamación que teña,  é un goberno oposto aos dereitos colectivos que asinaron os organismos internacionais e que elimina o que institucións anteriores crearon en positivo.

Porque un idioma diminuído e debilitado non se pode prohibir no ensino nen se pode excluir da lexislación que o protexe se verdadeiramente estamos pola cooficialidade real de galego e castelán.

Porque só se pode impoñer o forte sobre o débil, e nunca ao revés.

Por iso apoiamos e estaremos presentes na manifestación que o próximo día 17 de maio e convocada pola MESA, se desenvolverá en Santiago de Compostela.

Lugo, a 14 de maio do 2009

O Presidente 

Lois Diéguez

Luns, 27 Abril 2009 00:00

Itinerarios por Portugal


Podes descargar neste enlace o itinerario da viaxe que faremos polas terras de Tras Os Montes.


O luns, 27 de abril, ás 20 h, reunímonos no salón de actos do Complexo Xuvenil Lug, de Lugo, (R/ pintor Corredoira, Nº 4) os viaxeiros e viaxeiras que imos aos vales do Douro e do Coa (Portugal) os días 1, 2 e 3 de maio, para falar dos últimos detalles desta interesante viaxe. No decurso da asemblea distribuiremos unha fermosa edición dos Itinerarios, libriño que describe día a día todo o que veremos nas terras de Tras Os Montes.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de Clara María Ramos Taboada sobre “E ti ¿de quen ves sendo?”. Lucus Augusti como espello das relacións familiares na antiga Roma +

    Día 14, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia da investigadora doutora Clara María Ramos Taboada Ler Máis
  • Anotacións para a visita aos xacementos arqueolóxicos e para o xantar e festa dos socios do día 13 de decembro +

    Día 11, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia do arqueólogo Celso Rodríguez Cao sobre “O Ler Máis
  • Conferencia do arqueólogo Celso Rodríguez Cao sobre “O conxunto arqueolóxico da Casa do Mitreo” +

    Día 11, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia do arqueólogo Celso Rodríguez Cao sobre “O Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO