Xoves, 14 Mai 2009 00:00

Apoio de LugoPatrimonio á manifestación do día 17 de maio en defensa do noso idioma propio

 

Como defensoras e defensores do Patrimonio galego material e inmaterial, manifestamos o noso dereito irrenunciábel a usar con normalidade na nosa vida diaria o máis grande patrimonio construído por galegos e galegas a través da historia: o idioma.

Porque un pobo que crea esta riqueza non pode quedar calado e pasivo ante a involución á que o propio goberno do país o quere someter. Un goberno que persegue e elimina as tímidas leis que  intentan protexer o galego, por moita aclamación que teña,  é un goberno oposto aos dereitos colectivos que asinaron os organismos internacionais e que elimina o que institucións anteriores crearon en positivo.

Porque un idioma diminuído e debilitado non se pode prohibir no ensino nen se pode excluir da lexislación que o protexe se verdadeiramente estamos pola cooficialidade real de galego e castelán.

Porque só se pode impoñer o forte sobre o débil, e nunca ao revés.

Por iso apoiamos e estaremos presentes na manifestación que o próximo día 17 de maio e convocada pola MESA, se desenvolverá en Santiago de Compostela.

Lugo, a 14 de maio do 2009

O Presidente 

Lois Diéguez

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de José Alberto Morais Morán sobre “Historicismos, neomedievalismos e outros ismos na arquitectura decimonónica hispana: de León a Santander” +

    O próximo día 8 de setembro, martes, ás 19 horas no Salón de actos do Vello Cárcere, conferencia de José Ler Máis
  • Viaxe a Santander e Comillas. +

    Días, 16, 17, 18 e 19  Viaxe a Santander e Comillas. Ler Máis
  • Anotacións para as viaxes do día 24 de outubro, sábado, para ver San Pedro de Rocas +

    Día 9, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Héitor Picallo Fontes sobre “Os mosteiros Ler Máis
  • Conferencia de Héitor Picallo Fontes sobre “Os mosteiros de Galicia”. +

    Día 9, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Héitor Picallo Fontes sobre “Os mosteiros Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO