Últimas novas da asociación LugoPatrimonio
Tratábase, nesta rolda de prensa convocada polas asociacións que traballamos pola consolidación do patrimonio inmaterial das Terras de Lemos, e á que foron convidados os delegados e delegada das consellariás de Cultura e Deportes, Innovación e Industria, Medio Rural, Vivenda e solo, Igualdade e a Vicepresidencia da Deputación provincial, de facer unha valoración ante os medios de comunicación do realizado por cada unha delas sobre o proxecto presentado hai oito meses para a consolidación dos ritos festivos obxecto do noso traballo (para ver este Proxecto pica aquí).
Estas foron as respostas: (pica aquí)
A rolda de prensa foi interesante, pois ofreceu unha idea real de como se pode traballar en tempo rápido se se cre no futuro da nosa cultura e das xentes do medio rural. Desde LugoPatrimonio e en nome tamén das demais asociacións coas que traballamos, dámoslle as grazas a estas institucións. Anima esta dinámica para seguirmos a traballar con forza por facer realidade nun prazo de tempo de 8 anos, o Proxecto presentado publicamente en abril do 2008.
Foi unha voz unánime a asemblea; unha aclamación para estes tres homes que de diversos xeitos e perspectivas animaron durante a súa vida o traballo polo noso patrimonio. E non só iso: animaron tamén á nosa asociación a seguir, dalgún xeito, os pasos que eles gastaron con ilusión e acerto. Grazas, queridos Xaime, Isaac e Xesús, de corazón. E como dicía o compañeiro, “o patrimonio continúa”.

Na mesma asemblea aprobouse o proxecto de programa que imos desenvolver o ano próximo, 2009, que é ambicioso, atractivo e completo. En breve poñerémolo nesta páxina para o voso coñecemento. Carlos Ferreiro anunciounos tamén que dentro de pouco estrearemos nova páxina, con máis alternativas para a comunicación. Grazas a Carlos tamén, e a Sonia, pola proxección que fixeron na asemblea das viaxes referidas aos ritos festivos dese impresionante patrimonio inmaterial que temos nas Terras de Lemos. Por algo un é de alí, claro. Non hai quen nos tusa.
Así se desenvolveu a asemblea de LugoPatrimonio…




O escritor Xosé Vázquez Pintor fíxonos, o pasado 11 de decembro, un fermoso relatorio sobre a historia e itinerarios da cidade de Pontevedra. E leu tamén parágrafos da súa novela A memoria do boi, que se desenvolve en Boapedre, ese nome literario que lle puxo á cidade de Pontevedra. Encantados polas súas imaxes, viaxaremos con el o próximo día 21 e miraremos a cidade cos ollos atentos do “boi”. 
O escritor Xosé Vázquez Pintor fíxonos, o pasado 11 de decembro, un fermoso relatorio sobre a historia e itinerarios da cidade de Pontevedra. E leu tamén parágrafos da súa novela A memoria do boi, que se desenvolve en Boapedre, ese nome literario que lle puxo á cidade de Pontevedra. Encantados polas súas imaxes, viaxaremos con el o próximo día 21 e miraremos a cidade cos ollos atentos do “boi”. 
Seguindo o ordenado nos Art. 17, 18 e 19 dos Estatutos da nosa asociación, convócase asemblea xeral ordinaria para o día arriba indicado, ás 11,00 h. en primeira convocatoria, e ás 11,30 h. en segunda, que se rexerá pola seguinte orde do día:
NOTA: a asemblea comezará ás 11,30 h. coa proxección dun dvd sobre as viaxes realizadas neste ano e a exposición da nosa nova páxina web polo autor e membro da Xunta Directiva, Carlos Ferreiro.
Lugo, a 30 de novembro do 2008
O presidente
Asdo.: Lois Diéguez
Pedimos con firmeza que o grande dinamizador da cultura e economía de Grandas, Pepe el Ferreiro, sexa renovado na dirección dese Museo etonográfico, pois é obra del e daqueles e aquelas que co seu traballo construíron esa marabilla que animou a propia economía da zona. Ninguén entendería hoxe esa fermosa vila sen o seu museo. Volvería, nese caso, ao silencio e á despersonalización.
Coa forza da xustiza e do futuro, LugoPatrimonio quere deixar constancia diante de quen comete a inxustiza e a barbarie, que unha xoia sempre se mostra con orgullo, pois ten valor, beleza e brillo, e non se comprende que recoñocida como tal polo noso pobo, sexa botada da mina onde se formou. Pepe el Ferreiro ten que volver aínda con máis forza á esa obra magnificamente creada.
Lugo, a 3 de febreiro do 2010-02-04
O Presidente de LugoPatrimonio
Asdo.: Lois Diéguez


En Pontevedra visitaremos as igrexas de San Francisco e Santa María.
Despois vamos a Soutomaior, para visitar o seu castelo como exemplo de fortalezas construídas no período do que tratamos.
Xantaremos na Fortaleza de Valença de Miño e a seguir darémoslle unha volta completa á catedral de Tui para ver o monumento, as cubertas do mesmo e o museo catedralicio, e de dispoñer de tempo o casco antigo de Tui.
Podedes consultar aquí o programa completo da viaxe: