Últimas novas da asociación LugoPatrimonio
Visita os nosos álbumes de fotos da festa das fachas:
|
Outras noticias publicadas:
07 de Setembro: LugoPatrimonio participou na festa das fachas de Castelo
5/12/07: PROPOSTA DE CRIACIÓN DA FIGURA DE “BEN RURAL DE INTERESE CULTURAL E ETNOGRÁFICO”
MANIFESTO: AS FACHAS DE CASTELO: BEN DE INTERESE CULTURAL E FESTA DE INTERESE TURÍSTICO
Foron moitos anos de fidelidade á cultura que nos distingue e diferencia esta secular conmemoración das Fachas de Castelo (Taboada), que como un facho de orgullo cobre de luces cada ano a coroa do castro de Castelo. Traballo de xeracións que nos foron trasladando as raíces dunha forma de ver a nación e o mundo. A declaración de FESTA DE INTERESE TURÍSTICO para as Fachas de Castelo, obríganos, en xustiza e con agrado a agradecerlle á Consellería de Industria e Innovación-Dirección Xeral de Turismo, o seu apoio e acordo, extensivo, loxicamente, á Xunta de Galiza; e a felicitación á Asociación AS FACHAS, pois ela é a protagonista induscutíbel.
LugoPatrimonio ve así realizado o esforzo que, xunto coas outras asociacións do Patrimonio Inmaterial da nosa provincia, puxemos para esta declaración, unha pedra no camiño que servirá, non o dubidamos, para que as outras (Danzas da Cervela, Entroido Ribeirao, Entroido de Salcedo co seu Oso máxico, Fachos de Vilelos e Meco e Pampórnigas da Ermida (Quiroga)), sexan tamén atendidas en idénticos termos. E lembrámoslle tamén á Consellaría de Cultura que sobre a súa mesa segue agardando a declaración como Ben de Interese Cultural.
Lugo, a 30 de outubro do 2008
O Presidente de LugoPatrimonio
Asdo.: Lois Diéguez
O RIBEIRO DE AVIA
* Parada no Carballiño:Visita á Vercruz, obra de Antonio Palacios e dun pobo de pulpeiras, panadeiras, negociantes, emigrantes...síntese das pedras, do saber dos canteiros e das arquitecturas do país.
* De Lebosende a San Tome de Serantes, de igrexas románicas a carón de penedas xigantes e restos de cultos panteístas
* Pena Corneira, ergueita como a lingua pétrea dun menstruo antediluviano asexando os ribeiros e antergos camiños, inspiradora para Cunqueiro, que pon aquí a oirixe do ritual da queimada.
*Terras de Carballedo de Avía...entre petoutos con formas extranas, covas do pasado, posibles mitreos ou serapeos... e de fuxidos....
*Ribadavia: Capital dos ribeiros, feita por xudeos e cristianos, feirantes e feretristas, do malagrado Rei Garcia, señorío dos Sarmiento, pretendida polo de Soutomaior.Onde aquece beber un viño tinto espeso, sangue da terra outonal, ese que fai o "ollo de perdiz en cunca de louza branca.
San Xes de Francelos
A harmonía das celosías en pedra, xogando con luces e sombras nunha igrexa prerrománica, con gravados á entrada cuxa disposición nos lembra os de Santa Eulalia de Bóveda.
* Beade, coa Encomienda de San Xoán, sabechosos iles, andantes de oriente, ese templo de tódalas luces e tempos que ergue espadaña sobre os viñedos (ainda que o seu é este de entre a vendima e a castañeira). Calvarios, Altares merecedores de tódolos sacrificios de paz, de Misas, en brinde de pan e viño, productos da terra....
* Berán:balneario termal, aldea fidalga, igrexa barroca sobre vellas estructuras do pasado...e tabernas nas que tamén mellora o idioma.
* Leiro: co celebrado campo de Romaría da Santa Cruz, nas ribeiras do Avia, coa ponte da Veiga, lanzal e de bós agoiros para quen a cruza, e a ponte das poldras...leccións dos mellores constructores de camiños en homenaxe ó viño. Puzos do Avía, remuiños de trasnos e nereidas, aquelas esquecidas dos contos das lareiras.
* San Clodio: O Mosteiro Cisterciense e a historia do abade que Pedro Madruga fixo pasear a cabalo dun burro, espido, e cunha ristra de allos ó pescozo....terras de Eladio Rodriguez, de Samuel Eijçan, queridas por Alvaro de las Casas...de músicos e poetas, inspiración permante para o sempieterno señor de Trasalba.
Podes velas no Caderno de Viaxes.
Tamén podes visitar a súa páxina web: http://www.myspace.com/aguciosvilelos
A biografia do poeta Curros Enríquez, os lugares por onde andou e o poema A Virxe do Cristal, foron os tres eixos escollidos polo profesor Martínez-Risco para levarnos pola Galiza do século XIX, polas terras de Celanova e polas lendas populares recollidas tamén na obra de Curros. Co reparto do libro “Aires da miña Terra”, os viaxeiros e viaxeiras teremos unha información de privilexio, fermosa e suxestiva para viaxar o próximo domingo, 28 de setembro por unha comarca ateigada de historia e rica en patrimonio, tradicións e contos populares.