Últimas Novas (513)

Últimas novas da asociación LugoPatrimonio


O RIBEIRO DE AVIA  

* Parada no Carballiño:Visita á Vercruz, obra de Antonio Palacios e dun pobo de pulpeiras, panadeiras, negociantes, emigrantes...síntese das pedras, do saber dos canteiros e das arquitecturas do país.

* De Lebosende a San Tome de Serantes, de igrexas románicas a carón de penedas xigantes e restos de cultos panteístas

* Pena Corneira, ergueita como a lingua pétrea dun menstruo antediluviano asexando os ribeiros e antergos camiños, inspiradora para Cunqueiro, que pon aquí a oirixe do ritual da queimada.

*Terras de Carballedo de Avía...entre petoutos con formas extranas, covas do pasado, posibles mitreos ou serapeos... e de fuxidos....

*Ribadavia: Capital dos ribeiros, feita por xudeos e cristianos, feirantes e feretristas, do malagrado Rei Garcia, señorío dos Sarmiento, pretendida polo de Soutomaior.Onde aquece beber un viño tinto espeso, sangue da terra outonal, ese que fai o "ollo de perdiz en cunca de louza branca.

San Xes de Francelos

A harmonía das celosías en pedra, xogando con luces e sombras nunha igrexa prerrománica, con gravados á entrada cuxa disposición nos lembra os de Santa Eulalia de Bóveda.

* Beade, coa Encomienda de San Xoán, sabechosos iles, andantes de oriente, ese templo de tódalas luces e tempos que ergue espadaña sobre os viñedos (ainda que o seu é este de entre a vendima e a castañeira). Calvarios, Altares merecedores de tódolos sacrificios de paz, de Misas, en brinde de pan e viño, productos da terra....

* Berán:balneario termal, aldea fidalga, igrexa barroca sobre vellas estructuras do pasado...e tabernas nas que tamén mellora o idioma.

* Leiro: co celebrado campo de Romaría da Santa Cruz, nas ribeiras do Avia, coa ponte da Veiga, lanzal e de bós agoiros para quen a cruza, e a ponte das poldras...leccións dos mellores constructores de camiños en homenaxe ó viño. Puzos do Avía, remuiños de trasnos e nereidas, aquelas esquecidas dos contos das lareiras.

* San Clodio: O Mosteiro Cisterciense e a historia do abade que Pedro Madruga fixo pasear a cabalo dun burro, espido, e cunha ristra de allos ó pescozo....terras de Eladio Rodriguez, de Samuel Eijçan, queridas por Alvaro de las Casas...de músicos e poetas, inspiración permante para o sempieterno señor de Trasalba.

A biografia do poeta Curros Enríquez, os lugares por onde andou e o poema A Virxe do Cristal, foron os tres eixos escollidos polo profesor Martínez-Risco para levarnos pola Galiza do século XIX, polas terras de Celanova e polas lendas populares recollidas tamén na obra de Curros. Co reparto do libro “Aires da miña Terra”, os viaxeiros e viaxeiras teremos unha información de privilexio, fermosa e suxestiva para viaxar o próximo domingo, 28 de setembro por unha comarca ateigada de historia e rica en patrimonio, tradicións e contos populares.

 

 

Foron moitos anos de fidelidade á cultura que nos distingue e diferencia esta secular conmemoración das Fachas de Castelo (Taboada), que como un facho de orgullo cobre de luces cada ano a coroa do castro de Castelo.  Traballo de xeracións que nos foron trasladando as raíces dunha forma de ver a nación e o mundo. A declaración de FESTA DE INTERESE TURÍSTICO para as Fachas de Castelo, obríganos, en xustiza e con agrado a agradecerlle á Consellería de Industria e Innovación-Dirección Xeral de Turismo, o seu apoio e acordo, extensivo, loxicamente, á Xunta de Galiza; e a felicitación á Asociación AS FACHAS, pois ela é a protagonista induscutíbel.

LugoPatrimonio ve así realizado o esforzo que, xunto coas outras asociacións do Patrimonio Inmaterial da nosa provincia, puxemos para esta declaración, unha pedra no camiño que servirá, non o dubidamos, para que as outras (Danzas da Cervela, Entroido Ribeirao, Entroido de Salcedo co seu Oso máxico, Fachos de Vilelos e Meco e Pampórnigas da Ermida (Quiroga)), sexan tamén atendidas en idénticos termos. E lembrámoslle tamén á Consellaría de Cultura que sobre a súa mesa segue agardando a declaración como Ben de Interese Cultural.

Lugo, a 30 de outubro do 2008

O Presidente de LugoPatrimonio

Asdo.: Lois Diéguez

ENTRA NO CORAZÓN DAS FACHAS!


Isidoro Rodríguez, presidente do colectivo María Castaña, introuduciunos na súa conferencia do día 26 de agosto nunha viaxe pola danza e baile de Galiza a partir das súas orixes. Foinos levando no tempo histórico para que comprendésemos mellor a importancia de que se siga matendo esta esta xoia da nosa personalidade cultural: as danzas da Cervela. Son as únicas deste tipo que quedan na provincia e animounos a amalas, potencialas e enriquecelas para as próximas xeracións. O domingo, día 31 de agosto, LugoPatrimonio representado por unha morea de asociados e asociadas, estará na Cervela para presenciar o rito, o que nos deixaron, para que o celebremos, os nosos devanceiros.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo sobre o escultor Francisco Asorey +

    Día 10 de maio, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo Ler Máis
  • Conferencia de José Alberto Morais Morán sobre “A arte e a arquitectura historicista”. +

    Día 16, martes Conferencia de José Alberto Morais Morán sobre “A arte e a arquitectura historicista”. Ler Máis
  • Viaxe a Cambados +

    Día 20, sábado Viaxe a Cambados. Visita a Cambados, obra artística de Manolo Paz, Leiro e Asorey. Pazo de Fefiñáns. Ler Máis
  • Viaxe a Sintra +

    MAIO Días 5 ao 8 Viaxe a Sintra (Portugal). Saída ás 8 h. Ler Máis
  • Conferencia de Iván Moure Pazos sobre "Ruína antrópica e biótica na Sintra contemporánea”. +

    Día 23 de abril, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Iván Moure Pazos sobre Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO