Últimas Novas (555)

Últimas novas da asociación LugoPatrimonio

 

O 18 de maio, ás 20 h. no salón de actos da Deputación Provincial, o escritor e presidente  de LugoPatrimonio, Lois Diéguez, comenta diversas imaxes dixitalizadas que levan por título Exipto: rostros e paisaxes.

Estas imaxes corresponden á viaxe que a asociación realizou no mes de febreiro a Exipto e servirán para, a través delas, ter un coñecemento básico dese país nos aspectos históricos, económicos, culturais e sociais. Servirán tamén para ir relatando a viaxe ao xeito de caderno de notas.

Ao final das proxeccións, entregarase aos que fixeron a viaxe devandita, o poema A Nubia, da autoría do propio conferenciante e que vai ilustrado polo pintor Felipe Senén.

A entrada é libre.

Lugo, 17 de maio do 2009

conferencia de Valentín Carrera

Valentín Carrera introduciunos nas terras do Bierzo a través do seu último libro: “Viaje interior por la provincia del Bierzo”. Tanto el como o libro foron presentados por Lois Diéguez. A conferencia de Valentín Carrera introduciunos tamén de xeito didáctico e ameno na biografía de Enrique Gil y Carrasco e a súa novela “El señor de Bembibre”, coa que percorreremos O Bierzo os próximos días 22 e 23 de maio.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Venres, 07 Mai 2010 15:38

Actos Maio 2010 sobre O Bierzo

Día 11, martes, conferencia con proxeccións sobre a obra de Gil y Carrasco e O Bierzo, co título de A paisaxe da república independente do Bierzo, a cargo do escritor e xornalista Valentín Carrera, no salón de actos da Deputación provincial de Lugo, ás 20 h.

Neste mesmo día e no mesmo lugar da conferencia, de 18,30 a 20 h. anotacións para a viaxe a O Bierzo. Prazas limitadas a 42.

 

Días 22, sábado e 23, domingo: Viaxe ás Terras do Bierzo co escritor Valentín Carrera e seguindo a novela El señor de Bembibre (As Médulas, Cornatel, Carracedo,Vilafranca do Bierzo, Cacabelos, Val do Silencio, Carucedo, Ponferrada...).

 

 

Saída ás 8,00 do lugar habitual.


A Asociación Cultural Lugo Patrimonio, rexistrada pola Xunta de Galicia
co número 2006/009624/1ª (LU), na acta fundacional e nos Estatutos,
recolle como fins preferentes da mesma, entre outros, ”a defensa do
patrimonio material e inmaterial da provincia de Lugo”, por ser o seu
ámbito de actuación, non obstante tamén se sinte identificada con
aquelas outras asociacións e colectivos que teñen os mesmos obxectivos.

É por iso que se solidariza coa plataforma “Salvem el Cabanyal” e co contido
do seu Manifesto Unitario solicitando do goberno municipal de Valencia, o
respecto á integridade dun barrio mariñeiro, non só por ser representativo
dunha cultura e forma de vivir, coa que tan identificada se sintiu esa cidade,
senón tamén polos valores da súa arquitectura.

LOIS DIÉGUEZ VÁZQUEZ, presidente da Asociación Cultural Lugo Patrimonio con DNI  número 34233746 V, e domicilio a efectos de notificación na Rúa Acacia, nº 5-6º B, 27004 – Lugo,

EXPÓN

A Asociación Cultural Lugo Patrimonio, constituíuse o día 4 de abril de 2006 e foi rexistrada pola Xunta de Galicia co número 2006/009624/1ª (LU).

Na acta fundacional e nos Estatutos aprobados, recóllense como fins preferentes da mesma, entre outros, ”a defensa do patrimonio material e inmaterial da provincia de Lugo”.

Tendo coñecemento de que na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, se tramita o expediente para ampliación da canteira denominada “O Pico” en Vilalba, situada na área coincidente cos xacementos tumulares que integran a necrópole de Penas Miúdas facemos, as seguinte

Alegación

Segundo se describe na memoria da Prospección Arqueolóxica Intensiva da Autorización de Explotación da citada canteira, identificáronse trece elementos patrimoniais pertencentes exclusivamente á categoría de xacementos arqueolóxicos que se corresponden con parte dos xacementos tumulares que integran a necrópole de Penas Miúdas, inventariada parcialmente pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural no ano 1991, revisada no ano 2007 ao redactar o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vilalba, e actualizada, en parte, coa prospección actual, que permitiu documentar sete elementos tumulares máis, situados no sector setentrional da concentración, monte adentro, supóndose que hai máis elementos non visibles na actualidade debido á vexetación.

En consecuencia as obras proxectadas son incompatibles coa realidade patrimonial ao afectar directamente a un dos bens arqueolóxicos considerados no estudo arqueolóxico, caso do túmulo 15-GA27065120, e indirectamente ao túmulo 13-GS27065118 pola alteración do seu entorno máis inmediato, polo que se pide que non se autorize a ampliación solicitada por afectar á destrucción dun xacemento arqueolóxico inventariado coa categoría de Ben de Interese Cultural.

Lugo, 30 de marzo de 2010


Ilmo. Sr. Director Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Consellaría de Economía e Industria. Santiago de Compostela.

 

Venres, 19 Marzo 2010 21:05

Viaxe a Exipto. 2ª parte

Nesta segunda parte da viaxe a Exipto, aparecen 174 fotos dos seguintes lugares e traxectos:

  • Camiño a Dendera
  • Templo de Hathor, Dendera
  • Colosos de Memnon
  • Templo de Medinet Habu
  • Camiño a Deir el-Bahari
  • Templo de Hatsepchut ou Deir el-Bahari
  • Paso do Nilo da zona occidental a Luxor
  • Embarque na motonave Nile Dolphin
  • Luxor de noite
  • Espectáculo de luz e son no templo de Karnac
  • Templo de Karnac

 

 

 

Día  27, sábado: 1ª viaxe do Ciclo do Ferro: Noia, Porto do Son (Centro de Interpretación do Castro de Baroña, na mesma vila mariñeira), Castro de Baroña, Dolmen de Axeitos (Ribeira), castro de Neixón e Centro de Interpretación Arqueolóxica da Barbanza. Se hai tempo, visita ás Torres do Oeste que, como ben demostraron as escavacións de Naveiro, están sobre un castro costeiro, e algún punto particular de Padrón (rúas antigas, Convento e fonte do Carme, esporón do Sar, fermoso e evocador xardín botánico).

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de José Alberto Morais Morán sobre “Historicismos, neomedievalismos e outros ismos na arquitectura decimonónica hispana: de León a Santander” +

    O próximo día 8 de setembro, martes, ás 19 horas no Salón de actos do Vello Cárcere, conferencia de José… Ler Máis
  • Viaxe a Santander e Comillas. +

    Días, 16, 17, 18 e 19  Viaxe a Santander e Comillas. Ler Máis
  • Anotacións para as viaxes do día 24 de outubro, sábado, para ver San Pedro de Rocas +

    Día 9, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Héitor Picallo Fontes sobre “Os mosteiros… Ler Máis
  • Conferencia de Héitor Picallo Fontes sobre “Os mosteiros de Galicia”. +

    Día 9, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Héitor Picallo Fontes sobre “Os mosteiros… Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO