Últimas novas da asociación LugoPatrimonio
Valentín Carrera introduciunos nas terras do Bierzo a través do seu último libro: “Viaje interior por la provincia del Bierzo”. Tanto el como o libro foron presentados por Lois Diéguez. A conferencia de Valentín Carrera introduciunos tamén de xeito didáctico e ameno na biografía de Enrique Gil y Carrasco e a súa novela “El señor de Bembibre”, coa que percorreremos O Bierzo os próximos días 22 e 23 de maio.
Día 11, martes, conferencia con proxeccións sobre a obra de Gil y Carrasco e O Bierzo, co título de A paisaxe da república independente do Bierzo, a cargo do escritor e xornalista Valentín Carrera, no salón de actos da Deputación provincial de Lugo, ás 20 h.
Neste mesmo día e no mesmo lugar da conferencia, de 18,30 a 20 h. anotacións para a viaxe a O Bierzo. Prazas limitadas a 42.
Días 22, sábado e 23, domingo: Viaxe ás Terras do Bierzo co escritor Valentín Carrera e seguindo a novela El señor de Bembibre (As Médulas, Cornatel, Carracedo,Vilafranca do Bierzo, Cacabelos, Val do Silencio, Carucedo, Ponferrada...).
A Asociación Cultural Lugo Patrimonio, rexistrada pola Xunta de Galicia
co número 2006/009624/1ª (LU), na acta fundacional e nos Estatutos,
recolle como fins preferentes da mesma, entre outros, ”a defensa do
patrimonio material e inmaterial da provincia de Lugo”, por ser o seu
ámbito de actuación, non obstante tamén se sinte identificada con
aquelas outras asociacións e colectivos que teñen os mesmos obxectivos.
É por iso que se solidariza coa plataforma “Salvem el Cabanyal” e co contido
do seu Manifesto Unitario solicitando do goberno municipal de Valencia, o
respecto á integridade dun barrio mariñeiro, non só por ser representativo
dunha cultura e forma de vivir, coa que tan identificada se sintiu esa cidade,
senón tamén polos valores da súa arquitectura.
Ilmo. Sr. Director Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Consellaría de Economía e Industria. Santiago de Compostela.
Día 27, sábado: 1ª viaxe do Ciclo do Ferro: Noia, Porto do Son (Centro de Interpretación do Castro de Baroña, na mesma vila mariñeira), Castro de Baroña, Dolmen de Axeitos (Ribeira), castro de Neixón e Centro de Interpretación Arqueolóxica da Barbanza. Se hai tempo, visita ás Torres do Oeste que, como ben demostraron as escavacións de Naveiro, están sobre un castro costeiro, e algún punto particular de Padrón (rúas antigas, Convento e fonte do Carme, esporón do Sar, fermoso e evocador xardín botánico).
A Plataforma cidadá Queremos Galego convoca a toda a sociedade a unha mobilización xeral contra o retroceso de anos que significara para a nosa lingua propia, o proxecto de decreto contra o galego presentado ás agachadas na mañá do sábado 13 de marzo.
Arestora, están confirmadas concentracións comarcais para o serán deste luns 15 de marzo nos seguintes lugares:
- Santiago de Compostela: ás 20 horas na Praza do Toural
- Vigo: ás 20 horas na Rúa do Príncipe (diante do MARCO)
- A Coruña: ás 20 horas na Praza de Pontevedra (diante do instituto)
- Ourense: ás 20 horas na Avenida da Habana (diante do edificio administrativo da Xunta)
- Lugo: ás 20 horas na Rolda da Muralla (diante do edificio administrativo da Xunta)
- Pontevedra: ás 20 horas na Praza da Peregrina
- Ferrol: ás 20 horas na Praza de España (diante do edificio administrativo da Xunta)
- Vilagarcía de Arousa: ás 20 horas na Praza de Galiza
- Noia: ás 20 horas diante do Concello
- A Pobra do Caramiñal (para toda a Barbanza): ás 20.30 no Cantón da Leña
- Foz: ás 20 horas diante do Concello
- Carballo: ás 20 horas diante do Concello
- A Estrada: ás 20 horas na Praza do Concello
Nas próximas horas pode ser que se vaian confirmando máis concentracións en máis puntos do país.
Para máis información pódese consultar a web de queremos galego. www.queremosgalego.org
Pola nosa lingua, nin un paso atrás!
Do libro Cantares Gallegos:
Do libro Follas Novas
Do libro En las orillas del Sar