Últimas Novas (514)

Últimas novas da asociación LugoPatrimonio


VIAXE AO ENTRODIO DE VILARIÑO DE CONSO: pasaríamos a fin de semana do 18 e 19 de febreiro 2012 en Vilariño e zona para presenciar ese puro e fermosísimo Entroido popular. Teremos datos de visitas, fariñada e folións, dentro duns días, así como os custos, que rondarán, calculamos, os 100 euros con hotel, viaxe e comidas.
Anotacións: día 15 de decembro, xoves, de 19 a 20 h. na Galería Sargadelos, e tamén durante todo o día do 17, sábado, aproveitando a Festa Contos arredor do lume na Rectoral de Castillón.


VIAXE A MARROCOS: anotacións do 14 ao 26 de decembro chamando ao 676 800 227. Preme aquí  ou na miniatura que hai debaixo deste párrafo para ver o Programa completo da viaxe .




O pasado día 14 tivo lugar na Galería Sargadelos de Lugo unha rolda de prensa convocada polas asociacións lucenses Clube Cultural Valle-Inclán; Ágora Lugo; Achádego Teatro; María Castaña e LugoPatrimonio, para informar sobre a solicitude presentada no Concello por estas asociacións para que, coincidindo coas obras de rehabilitación do parque dedicado a Rosalía de Castro, se levante un grande monumento de homenaxe e honra á poeta galega, vinculada á cidade con seu marido Manuel Murguía ao editor Manuel Soto Freire.

Os representantes das citadas asociación trasladáronse despois ao Concello para facer entrega do escrito aos grupos políticos solicitando o seu apoio.

 

 


Os temas "O pan e os fornos de Cea: orixe e actualidade", e "Evolución do consumo do pan", completaron os días 6 e 7 de setembro o Ciclo do Pan, que se ven desenvolvendo desde o mes de maio. Coa viaxe que o próximo 15 de outubro se realizará a Sober, á Escola de Hostelaría, cerrarase definitivamente o ciclo que ten xuntado a máis de 200 persoas nas diversas actividades. Nesta viaxe a Sober iniciarae o estudo doutro tema de interese, "Coñecer os petróglifos", mediante unha visita a varios gravados localizados na zona.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Cambados +

    Día 20, sábado Viaxe a Cambados. Visita a Cambados, obra artística de Manolo Paz, Leiro e Asorey. Pazo de Fefiñáns. Ler Máis
  • Conferencia de Iván Moure Pazos sobre "Ruína antrópica e biótica na Sintra contemporánea”. +

    Día 23 de abril, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Iván Moure Pazos sobre Ler Máis
  • Viaxe a Sintra +

    MAIO Días 5 ao 8 Viaxe a Sintra (Portugal). Saída ás 8 h. Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe do día 22 de xuño a Pambre, Narla e a viaxe a Mérida +

    Día 10 de maio, venres Salón de actos da Deputación Provincial De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe Ler Máis
  • Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo sobre o escultor Francisco Asorey +

    Día 10 de maio, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO