Últimas Novas (514)

Últimas novas da asociación LugoPatrimonio

Na páxina http://www.gzcultura.org/campantildeas.html estase a relaizar unha campaña pola titularidade pública e o desfrute universal do patrimonio artístico das antigas Caixas de Aforro Galegas. Podedes premer na ligazón para obter máis información e asinar a favor desta campaña.



Lugopatrimonio, lamenta a retirada do Museo Provincial de Lugo dos fondos de ourivería castrexa e pintura depositados no seu día polo mecenas lucense don Álvaro Gil Varela, debido á falta de acordo entre a Deputación Provincial  e os herdeiros aos que o Tribunal Supremo, confirmou dúas sentenzas anteriores obrigando ao Museo a devolución, cuxa propiedade lle fora negada polo anterior presidente da Deputación, Francisco Cacharro Pardo. Agora, despois de varios anos de conversas cos herdeiros de don Álvaro Gil Varela, e como era de agardar, esta lección de pintura e ourivería váisenos, e con ela, o que até agora foi un símbolo lugués propio, colectivo, o cal nos empobrece e nos deixa na tristeza. Somos conscientes dos esforzos que o actual deputado de Cultura, D. Mario Outeiro, fixo, e iso é xusto lembralo. E botamos de menos tamén unha maior actividade por parte dos diversos sectores culturais da provincia de Lugo durante estes longos meses de conversas, encontros e desencontros, como tamén o estraño desinterese que ao respecto mostrou a Xunta de Galiza en todo momento.

Ante este fatal desenlace é de agardar que as institucións locais e autonómica fagan un esforzo para compensalo, investindo nos proxectos abertos de arqueoloxía, actualmente parados, e moi especialmente no Museo da  Romanización que non só non reagrupa e reorganiza tanta riqueza de obxectos romanos atopados na cidade, senón que deixa no abandono total un edificio singular da mesma.

Esperamos, así mesmo, e como corolario desta experiencia, que outra grande colección artística galega, como é a de Nova Caixa Galicia Banco, pola desidia dos actuais gobernantes, non remate en mans dos coleccionistas europeos ou mesmo norteamericanos.

Lugo, a 25 de outubro do 2013

Por LugoPatrimonio, o presidente

Lois Diéguez

Martes, 15 Outubro 2013 21:27

Actividades para Novembro e Decembro 2013

Outubro e Novembro

  • 31 outubro, xoves: anotacións ás visitas e merenda do 30 de novembro, na Pazo das Pombas (Praza do Campo) entre 19 e 20.

  • 15, venres: proxección da película "O nome da rosa", do director Jean Jacques Annaud, baseada na novela do mesmo nome de Umberto Eco , ás 19,30 h. no salón de actos da Deputación Provincial, como remate do ciclo "Coñecer o Gótico". Introdución: Lois Diéguez.

  • 30, sábado: 15:30 h.: visita á Catedral de Lugo para ver: cubertas e parte gótica, pinturas da Capela Maior. De seguido, convento de san Francisco e San Domingos.

19 h., merenda: chocolate con churros no Hotel Méndez Núñez.


Decembro

  • Día 2, luns: anotacións para a Festa do 14, na Galería Sargadelos, entre 19 e 20 h.

Ás 20 h.: Asemblea Xeral anual, na Galería Sargadelos.

  • Día 14, sábado: Contos e música na Finca Galea de Alfoz: Entrega de premios aos asociados-as distinguidos este ano; contos, chistes e música con intervención aberta. Almorzo e xantar. Visitas á Finca da Galea e ao seu museo da Auga. Até as 20 h. que regresaremos a Lugo. Detallarase o Programa completo nos próximos días. Facemos unha chamada ás asociadas e asociados para que preparen as intervencións segundo o seu criterio.


Lugo, outubro 2013

A Xunta Directiva

Mércores, 21 Agosto 2013 07:47

PROGRAMA DA VIAXE A BURGOS


Información máis detallada das visitas no seguinte documento:

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Sintra +

    MAIO Días 5 ao 8 Viaxe a Sintra (Portugal). Saída ás 8 h. Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe do día 22 de xuño a Pambre, Narla e a viaxe a Mérida +

    Día 10 de maio, venres Salón de actos da Deputación Provincial De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe Ler Máis
  • Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo sobre o escultor Francisco Asorey +

    Día 10 de maio, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO