Últimas Novas (558)

Últimas novas da asociación LugoPatrimonio

Domingo, 23 Outubro 2016 00:00

CONFERENCIA DE RAMÓN YZQUIERDO PERRIN

O día 17 de outubro no Salón de actos da Deputación Provincial tivo lugar unha nova conferencia do ciclo dedicado á Ribeira Sacra, "Talleres mateanos na Ribeira Sacra" que foi pronunciada por Ramón Yzquierdo Perrín Catedrático de Historia da Arte Universidade da Coruña. Foi presentado por Carolina Casal Chico que ademais de dar a coñecer o seu traballo investigador  mostrou a súa admiración polo traballo do profesor o cal na súa disertación centrouse nas igrexas da ribeira do Miño, comezando por la de San Nicolau de Portomarín, que serviu de modelo para as de Santo Estevo de Ribas de Miño, Diomondi e outras de menor entidade, sendo a primeira a que máis influenzas amosa de mostre Mateo, tanto desde o punto de vista arquitectónico como da decoración dos elementos que conforman as columnas e as portadas.

O día 14 de outubro de 2016, tivo lugar no salón de actos da Deputación Provincial unha "Xornada de información e debate sobre a conservación e destino do Cuartel de San Fernando" que foi aberta por Adolfo de Abel Vilela, Lara Méndez, alcaldesa de Lugo e Pilar García Porto, delegada da área de Cultura, Patrimonio Histórico e Artístico e Deseño e Artesanía da Deputación Provincial de Lugo. Tanto a alcaldesa como a deputada comprometéronse para conseguir a colaboracións das dúas institucións e conseguir a rehabilitación por fases do edificio así como a facer as xestións necesarias para que a Xunta de Galicia asuma o seu compromiso de crear o Museo da Romanización.
A continuación Adolfo de Abel Vilela, que foi presentado por Julia Cantalapiedra Álvarez, pronunciou unha conferencia sobre a historia do edificio sinalando que O chamado Cuartel de San Fernando foi un dos tres hospitais de inhábiles que houbo en España e que mandou facer Carlos III para que servisen de lugar de retiro aos inválidos do exército, construído con cartos da provincia entre 1779 e 1790. O 28 de maio de 1761, os Inhábiles quedan organizados en vinteseis compañías: oito en Sevilla, sete en Lugo, tres en Toro e oito en San Felipe (Valencia).

Xoves, 22 Setembro 2016 00:00

CICLO DEDICADO Á RIBEIRA SACRA

 

O día 8 de setembro de 2016, Carolina Casal Chico, licenciada en Xeografía e Historia na especialidade de Arte Medieval, e membro da xunta directiva de LugoPatrimonio, abriu o ciclo coa conferencia titulada "Ryvoyra Sacrata... divinita inspirata...".

O día 17 do mesmo mes desenvolveuse a parte práctica coas visitas realizadas na súa compañía aos mosteiros de Santo Estevo de Ribas de Sil, Santa Cristina e Pombeiro. Neste lugar o arquitecto Xan Rodríguez explicou as características e recuperación dos socalcos onde se fan os cultivos tanto de horta como das vides.

 

SETEMBRO

Día 8, xoves

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Ciclo dedicado á Ribeira Sacra

Conferencia de Carolina Casal Chico, Conservadora do Museo Diocesano Catedralicio de Lugo "Rivoyra Sacrata... divinita inspirata...".

Antes deste acto, entre 19 e 20 h. anotacións para as viaxes do día 17 de setembro, á Ribeira Sacra e a viaxe dos días 5 e 6 de novembro a Toro e Zamora para ver Las Edades del Hombre. Prezo de Toro-Zamora 110 € en habitación dobre e 125 € en simple.

Día 17, sábado

Primeira viaxe á Ribeira Sacra

E teredes que plantar viñas...

Saída ás 8 horas

Visitas a Ribas de Sil, Santo Estevo e Pombeiro, San Vicenzo. Inclúe ver a creación e recuperación de socalcos de Xan Rodríguez

Día 30, venres

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Ciclo dedicado á Ribeira Sacra

Conferencia de José Miguel Andrade Cernadas, profesor titular de Historia Medieval USC, " A Ribeira Sacra: a versatilidade do monacato medieval galego".

O día 14 de xullo celebrouse a última conferencia do ciclo dedicado ao Camiño Primitivo. Estivo a cargo de María Josefa Sanz Fuentes, catedrática no departamento de Ciencias e Técnicas Historiográficas  da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Oviedo e Cronista Oficial de Avilés, que falou sobre "O Camiño Primitivo en Asturias: historia e historias". Ao longo da súa disertación foi facendo un percorrido desde Oviedo ata a Fonsagrada, relatando as vicisitudes polas que pasaron os que foron  pioneiros en reclamar  este Camiño, e como se foi creando infraestructura para servir ao peregrino. As anécdotas tamén estiveron presentes na charla.

Luns, 11 Xullo 2016 00:00

ROTEIRO POR TERRAS DE CASTROVERDE


O 9 de xullo de 2016, e dentro do ciclo dedicado ao Camiño Primitivo, dezaseis socios guiados por Ricardo Gómez Polín, fixeron un percorrido polas terras de Castroverde. Comezaron cunha xira ao núcleo paisaxístico e monumental de Soutomerille, seguindo ao conxunto monumental de Santa María de Vilabade e a Ermida da Nosa Señora do Carme. Despois de xantar visitaron o burgo medieval da Fortaleza, onde está a orixe da vila de Castroverde, e o pazo de Carballedo (Pena),

O día 7, de xullo celebrouese no salón de actos da Deputación Provincial, a terceira conferencia do Ciclo dedicado ao Camiño Primitivo que estivo a cargo de Laureano García Díez, coordenador das Agrupacións de Asociacións dos Camiños do Norte.
Fixo a presentación o presidente Adolfo de Abel Vilela, que destacou como había vintecinco anos que García Díez empezara en Tineo coa Asociación  Astur-galaica del interior, para promover esta rota, hoxe declarada Patrimonio da Humanidade. Preside tamén a Agrupación de Asociaciones del Camino del Norte, País Vasco, Cantabria, Asturias y Galicia, que agrupa a vintetrés asociacións.
Comezou facendo unha breve introdución sobre a invención do sepulcro do Apóstolo e o feito de que o Camiño Primitivo fose a primeira rota xacobea, relacionada coa catedral do Salvador de Oviedo e con Afonso II, o primeiro rei que peregrinou a Santiago. Despois foi comentando as distintas etapas, sete, nas que se pode facer o camiño de Oviedo a Melide, lugar onde se xuntan todos os camiños que van a Compostela, mencionando capelas, mosteiros e hospitais.

Xoves, 30 Xuño 2016 00:00

VIAXE A SANTIAGO

Dentro do ciclo "O Camiño Primitivo onte e hoxe", LugoPatrimonio fixo unha viaxe a Santiago de Compostela o 25 de xuño para visitar o novo Museo das Peregrinacións, que anque xa se visitara na antiga sé, nesta ocasión foi para ver a súa nova instalación no antigo edificio do Banco de España na Praza das Praterías. A visita guiada durou máis dunha hora. Hai que destacar a calidade da nova montaxe e o seu discurso expositivo que comeza na planta cero facendo unha introducción ao fenómeno das peregrinacións no mundo e remata na planta terceira coas vitrinas dedicadas ao traballo dos acibecheiros, prateiros e gravadores de Santiago. Despois subiron ata a última planta para gozar das vistas da catedral.
Pola tarde fixeron unha visita guiada a exposición "Con fío en Galicia", no Museo da Cidade da Cultura, cun discurso que comeza no paleolítico, cunha agulla de oso da cova Eiros de Triacastela, e remata cunha pasarela con vestidos femininos e masculinos dos deseñadores galegos. Ao longo de 300 pezas de distintas épocas, centra a atención no téxtil galego que comezou a desenvolverse nos anos 50 do século pasado, recreando esta historia pinturas, obxectos e documentos. De ambas dúas visitas os viaxeiros quedaron moi satisfeitos.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a A Coruña para ver a exposición na Fundación Barrié, «O Bosco e Bruegel. Unha viaxe a mundos fantásticos» +

    Día 12 xoves Viaxe a A Coruña para ver a exposición na Fundación Barrié, «O Bosco e Bruegel. Unha viaxe… Ler Máis
  • Conferencia de Enrique Montenegro Rúa sobre “Santa Eulalia de Bóveda, cen anos dos descubrimento” +

    Día 24, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Enrique Montenegro Rúa sobre “Santa Eulalia… Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO