Últimas novas da asociación LugoPatrimonio
O venres, día 5, comezou o ciclo dedicado a Manuel María: amar a vida, coa conferencia de Felipe Senén López titulada O sistema métrico de Manuel María.
LugoPatrimonio pon, con este ciclo, o interese e o amor pola vida e obra de Manuel María a través de diversos actos que se desenvolverán durante este ano de 2016. Para iso vai contar coas persoas que foron en vida do poeta quen animaron, apoiaron, amistaron de corazón ou estudaron a súa magna obra.
ACTIVIDADES DE FEBREIRO A MAIO DE 2016 DE LugoPatrimonio
FEBREIRO
Día 5 de febreiro, venres
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Ciclo dedicado a Manuel María: "Amar a vida"
Conferencia de Felipe Senén López, "O sistema métrico de Manuel María".
MARZO
Día 3 de marzo, xoves
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Mesa redonda, "Manuel María: poeta do pobo"
Bautista Álvarez
Pilar García Negro
Francisco Rodríguez
Moderador: Manuel López Foxo
Antes deste acto, entre 19 e 20 h. anotacións para a viaxe do día 2 de abril, por Outeiro de Rei e a Terra Cha guiada por Lois Diéguez.
Lugo Patrimonio renovou a súa xunta directiva no transcurso dunha asemblea extraordinaria celebrada a continuación da asemblea anual, cesando como presidente o escritor Lois Diéguez que ostentou o cargo desde a fundación hai dez anos.
A nova directiva, que presidirá o que era vicepresidente, o hisrtoriador Adolfo de Abel Vilela, esta formada por Branca Rodríguez Pazos, como vicepresidenta; Carmen Olga Ventosinos López, como secretaria; José Ángel Lence Iglesias, como tesoreiro; e vogais Julia Cantalapiedra Álvarez, Carolina Casal Chico e Antonio Vázquez Rouco. Dos sete membros de que consta a directiva, catro son novos.
A Asemblea agradeceu a Lois Diéguez a dedicación e entrega á Asociación que baixo o seu mandato adquiriu notable aceptación e prestixio, tanto pola calidade das actividades desenvolvidas como pola súa organización. A nova xunta directiva propuxo organizar un acto de agradecemento ao escritor e poeta que terá lugar no primeiro trimestre deste ano.
Así mesmo, deu a coñecer as actividades a desenvolver no presente ano que virarán en torno a tres ciclos de conferencias e viaxes, sobre o escritor e poeta Manuel María, ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas; outro sobre o Camiño Primitivo, con motivo da súa declaración como Patrimonio da Humanidade e un terceiro sobre a Ribeira Sacra, que aspira a que a UNESCO lle outorgue este recoñecemento. Ademais doutras actividades, haberá dúas conferencias e unha viaxe ás provincias de León e Zamora para coñecer os lugares históricos relacionados con San Froilán, e unha viaxe a Toro (Zamora) para visitar a exposición Aqua de Las Edades del Hombre.
Será o 12 de decembro do 2015, sábado, na casa de turismo rural Da Penela, Mondoñedo.
![]() |
![]() |
Moncho do Orzán | Davíd Méndez |
Podedes ver máis datos de Moncho do Orzán nesta breve biografía e de David Méndez no seu Facebook: https://www.facebook.com/davidmendezmago.
Naceu o 9 de abril de 1970 en Lugo, no Hospital da Milagrosa (actual edificio do xornal O Progreso).
Fillo dunha profesora orixinaria de Castroverde, na súa nenez, pasou longas tempadas na parroquia da Pumarega, non era difícil velo coa súa bicicleta visitando as igrexas dos contornos e facendo fotos ás mesmas, preguntando aos párracos que estilo é esta igrexa?, ou facendo fotos á magnífica torre de Homenaxe de Castroverde.
Foi un dos afortunados raparigos, que viu a película Indiana Jones en busca do Arca Perdida, no Gran Teatro, o que aínda acrecentou máis o seu espírito inquieto, e o seu gusto pola historia.
Estudou o Bacharalato no Instituto “Ánxel Fole” e despois acabou Técnico Superior en prótese dental, empezou o Grado de Xeografía e História pero non chegou a acabalo.
As suas aspiracións laborais foron virando para a fotografía e o vídeo, sin esquecer as lecturas de libros de historia de todas as épocas. Foi cámara ENG de servicios informativos en TVL , e reporteiro gráfico para distintas publicacións. Tamén foi locutor de radio en Cadena 100, nun programa de radio de música rock, e impartiu tamén cursos de fotografía para o Instituto de Formación e Estudos Sociais.
Actualmente é empregado da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
En canto ás emisoras que os alemáns construíron nos anos 40, empezou a investigalas xunto ao seu amigo Ánxo Valín Bermúdez,no ano 1999, despois publicaron o primeiro artigo en conxunto no ano 2002,na páxina websubmarinos (unha páxina dedicada á historia e aos submarinos actuais e do pasado).
Tamén publicaron un artigo na revista do Centro de Estudos Chairegos, e en varios diarios locais.
Foi entrevistado na TVG (Dúas ocasións “Xa hai que foi”, e o programa O Explorador; tamén na Canle 4 (Cuarto Milenio).
Entre o ano 2006 e o 2010 mantivo operativas as páxinas www.torresdearneiro.com e www.torresdearneiro.org , pagando do seu peto, o mantemento das mesmas, coa única intención de manter viva a memoria dun patrimonio único da era industrial.
Actualmente ten en Facebook unha páxina que se chama: Torres de Arneiro e outras noticias da historia. Nela habitualmente mostra información sobre as Torres e tamén sobre outros acontecementos da historia de Galicia e do mundo. Actualmente ten case 200 seguidores.Tamén colabora co grupo de facebook Websubmarinos, con reportaxes fotográficas e artigos sobre todo relacionados coa Primeira e Segunda Guerra Mundial.
Doutora en Química pola USC e Catedrática de Química Inorgánica da USC (Universidade de Santiago de Compostela ).
A miña carreira desenrólase practicamente en Lugo (excepto 2 anos de Prfa en Santiago mentras preparo a miña Tese de Doutoramento).
Unha das primeiras profesoras do Colexio Universitario de Lugo (1973).
Científica adicada a docencia e investigación na Facultade de Ciencias de Lugo.
Formo parte dun grupo de investigación no que estamos a traballar en campos como:
Química ambiental como a determinaciónde residuos de praguicidas en alimentos (leite, mel, viños..)
Química de coordinacion(compostos com metais) que poden ser usados para medicina (biocatalizadores,....) ou para disminuir a sua toxicidade no medio ambiente
Historia da química, poñer en coñecemento os científicos e científicas galegos e tamén os internacionais
Didática da Química: participación en congresos e xuntanzas cós profesores e profesoras de ensino médio
Libros :4
Premio TESIS DOCTORAL 1975 da Excma Diputación Provincial de Pontevedra (por traballar sobre tema da provincia),
Premio X PREMIO LUISA VILLALTA A INICIATIVAS NORMALIZADORAS 2013 do Servicio de Normalización Lingüistica da Universidade de A Coruña.
O domingo pasado, día 25 de outubro, tivo lugar un encontro de reperesentantes das asociacións LugoPatrimonio e das Fachas de Castelo para celebrar o Outono cun bo magosto nas ribeiras do Miño que soben a Castelo (Taboada), e para intercambio de experiencias e perspectivas de futuro de ambas as dúas entidades
Aproveitouse tamén para unha ofrenda floral ao arqueólogo, sacerdote e profundo estudoso do románico, Xaime Delgado no cemiterio onde está soterrado.
Nado en Ferrol, no ano 1968. É licenciado e doutor en Ciencias Físicas pola USC. Entre o ano 1996 e 1998 traballou como investigador post doutoral na Universidade de Cambridge. Neste campo é autor ou coautor de 31 artigos en revistas do máximo nivel internacional. Ten participado en diversos congresos e relatorios e foi invitado pola American Physical Society para abrir unha das mesas do seu congreso anual en Atlanta o ano 1999.
Dende o ano 1998 tamén investiga e colabora en proxectos sobre a historia da ciencia e o patrimonio instrumental, didáctico e documental científico, participando no proxecto de inventario e catalogación dese material en Galicia (USC, 1998). Froito destes traballos son 14 artigos en diversas revistas sobre a materia e relatorios en congresos.
OUTUBRO
Día 27 de outubro, martes: conferencia do profesor de música de Ensino Secundario Andrés Díaz Pazos sobre A música galega do século XIX, entrando no XX. Será no salón de actos da Deputación ás 20 h.
NOVEMBRO
Día 10, martes: conferencia da profesora María Isabel Fernández García, Catedrática de Química Inorgánica, sobre Científicos e científicas do s. XIX entrando no XX. No salón de actos da Deputación ás 20 h.
Antes desta conferencia, entre 19 e 20 h. anotacións para os seguinte actos:
Prazas limitadas a 50 persoas.
Día 7, sábado, Museo Provincial de Lugo: visita á pintura galega do s. XIX como complemento á conferencia ditada pola museóloga Aurelia Balseiro, a cal guiará o itinerario polos distintos cadros.
Comezo ás 10 h., encontrándose os e as que queiran participar na entrada do Museo Provincial de Lugo ás 9,45 h. De ser numerosos os e as participantes a visita farase por grupos.
Día 24 de novembro, martes
Concerto Valadarestiada- Música galega do s. XIX.
Pazo de Tor (Monforte de Lemos) 24 de novembro de 2015
20 h.
Este concerto realízase no pazo de Tor coa fin de recrear as reunións musicais que se facían na casa da familia do escritor Marcial Valladares, nas que se tocaban músicas de corte culto, canda composicións propias dos membros da familia, e outras de carácter máis popular, que se atopan aínda no arquivo familiar da casa Grande de Vilancosta, na Estrada. Estas reunións musicais eran, por outra banda, algo moi común nesa altura en moitas casas burguesas, o que dará unha visión diferente e descoñecida do contexto musical na Galiza do XIX.
Sobre o arquivo e a música nel contida, fará unha pequena introdución Jose Luís Dopico, que foi, xunto con Isabel Rei, o que promoveu a organización de dito arquivo e a súa transcrición.
Haberá unha introdución do profesor de música André Díaz Pazos sobre os interesantes instrumentos musicais que se conservan no salón do pazo.
Contaremos con:
Isabel Rei Samartim: guitarra clásica
José Luís Dopico Orjais: cavaquinho e percusións
Helena de Alfonso: voz
Alonxo Caxade: frauta e gaita
DECEMBRO
Día 2, mércores : conferencia do investigador Serafín R. Trashorras sobre As torres do Arneiro.Salón de actos da Deputación, ás 20 h.
Día 12, sábado: Festa anual de LugoPatrimonio na casa de turismo rural Da Penela, Mondoñedo. Contaremos con músicos, conta-contos e a valiosa prfesionalidade das nosas asociadas e asociados.
Preparade todas as intervencións que se vos ocorran.
XANEIRO
Día 11, luns: Asemblea Xeral de LugoPatrimonio: cambio de Xunta Directiva e Proxectos para o ano 2016.