Luns, 27 Febreiro 2017 01:29

CONFERENCIAS DO CICLO O RENACEMENTO

Domingo Luís González Lopo
7 de febreiro de 2017

O Ciclo que este ano dedicamos ao Renacemento, foi aberto por Domingo Luís González Lopo, profesor de Historia Moderna da USC. Versou sobre "A reforma tridentina en Galicia: métodos e consecuencias". Na disertación fixo un balance da situación relixiosa en Galicia a comezos do século XVI, pouco menos que un lugar de misión, segundo expresión da época, cun clero de baixa formación e moi pouca asistencia ao culto por parte dos fieis. O impulso dado por Trento fixo posible a fundación de confrarías e santuarios,  estimulando a relixiosidade e o fervor que terá o seu punto álxido nos séculos XVII e XVIII no período do Barroco.

 

Xabier Raposo Martínez
21 de febreriro de 2017

A segunda conferencia foi impartida por Xabier Raposo Martínez, licenciado en Historia da Arte Antiga, Moderna e Contemporánea, e doutorando na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago. Estivo dedicada á "A arquitectura renacentista en Galicia". Fixo un percorrido polas obras deste estilo más sobranceiras e explicou a razón das influencias portuguesas, castelás e italianas que mostran os estudios máis recentes. Completouse na parte práctica coa viaxe a Santiago de Compostela o día 4 de marzo.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de Juan Manuel Monterroso Montero, profesor de Historia da Arte da USC, "A pintura renacentista en Galicia". +

    Día 21 de marzo, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Juan Manuel Monterroso Montero, Ler Máis
  • Conferencia de Adolfo de Abel Vilela, doutor en Xeografía e Historia, "Retrato do médico e escritor Xesús Rodríguez López nos 100 anos do seu pasamento". +

    Día 24 de marzo, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Adolfo de Abel Vilela, Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO