Mércores, 08 Marzo 2017 01:03

Viaxe a Santiago. O clasicismo renacentista en Compostela

4 de marzo de 2017

Acompañados polo conferenciante Javier Raposo Martínez, comezamos ás 10.30h. na praza do Obradoiro diante da fachada do Hospital Real. Este edificio rexio merece un único e importante apartado pola súa ubicación e funcións, así como, polo traballo de diversos artistas casteláns, franceses e holandeses que chegan a Santiago da man da Corte.
Despois visitamos o claustro,  o salón mudéxar,  a igrexa e comentou a fachada do colexio de Santiago Alfeo ou Fonseca, matriz da futura Universidade de Santiago de Compostela  promovida polo arzobispo Fonseca III, xoga un papel fundamental coa influencia clara da maneira de compoñer " á salmantina". Pasamos a analizar as trazas dos mestres Juan de Álava e Rodrigo Gil de Hontañón na catedral compostelana.

Pola tarde, despois do xantar, trasladámonos diante da fachada da igrexa do mosteiro benedito de San Martín Pinario. Raposo centrouse na  igrexa, sacristía, claustros procesionais mailo impoñente oratorio de San Felipe Neri. Xunto a éste San Agustín e San Paio de Antealtares, onde tamén indagamos no nacemento da organización e decoración urbana renacentista en Santiago.
Rematamos cun paseo polas rúas do casco histórico pata botar unha ollada a varios edificios do ámbito civil. No noso tour pola cidade non podíamos deixar de lado outros exemplos de arquitectura vinculada a este estilo. Miramos detalladamente: os pazos (como o da rúa Tras Salomé), as escalinatas e reixas (como as da fachada do Obradoiro), as porterías de Hospitais como o de San Roque, o antigo edificio do Concello na praza do Campo, Pan ou Cervantes e os colexios de San Clemente de Pasantes, hoxe instituto Rosalía.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe para ver o castelo de Pambre a Casa Torre de Xiá Museo Etnográfico de San Paio de Narla e o mosteiro de Sobrado dos Monxes +

    Día 22, sábado Viaxe para ver o castelo de Pambre a Casa Torre de Xiá Museo Etnográfico de San Paio Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO