Luns, 04 Abril 2022 08:44

Viaxe a Allariz

2 de abril

A viaxe a Allariz nun día de primavera con sol, tivo un dobre fin, por un lado ver un exemplo de posta en valor do patrimonio urbano e histórico artístico promovido polo Concello, e por outro complementar coa visita a unha aldea de curtumes, as conferencias que sobre este tema tivemos dentro do Ciclo sobre Patrimonio Industrial.
Na visita estivemos acompañados polo profesor Antonio Blanco Rodríguez que nos acompañou a visitar a aldea de Santa Mariña de Augas Santas, un exemplo de recuperación dun conxunto moi coidado, con elementos etnográficos, e a igrexa románica onde se da culto a Santa Maríña, e se segue aínda hoxe coa tradición das augas salutíferas. Despois da visita, saímos para a aldea de Armea para facer un percorrido arqueolóxico pola vía XVIII do itinerario de Antonino, comezando na beira do camiño a visita ao xacemento galaico romano do Monte do Señoriño, descubertos no ano 2011 polo veciño de Armea Manuel Losada, e escavado entre 2011 e 2013 pola Universidade de Vigo, interpretando os restos como os dunha vivenda do século I d. C., con posibles funcións domésticas, administrativas e de control da vía.

Proxección do vídeo “A vivenda ¿un ben social?”, coa intervención da autora Sagrario Fernández Méndez, e do arquitecto Xosé Anxo Carreira Montes e conferencia sobre “A vivenda social nos cascos históricos. O exemplo de Lugo”.
15 de marzo

Proxectouse o vídeo “A vivenda ¿un ben social?”, coa intervención da autora Sagrario Fernández Méndez, e posteriormente interveu o arquitecto Xosé Anxo Carreira Montes que falou sobre “A vivenda social nos cascos históricos. O exemplo de Lugo”.

O vídeo recolle os testemuños de profesionais dos servicios sociais, de afectados por esta problemática, de persoas sen teito, de xuristas, de arquitectos, de sociólogos, de políticos da esfera local, que ofrecen a súa opinión e visión dun problema non resolto que está presente especialmente nas cidades.
Despois da proxección o arquitecto Xosé Anxo Carreira Montes que foi delegado da Consellería da Vivenda cando se comezou a rehabilitación do Barrio da Tinería de Lugo para vivenda social, contou os problemas cos que se atoparon para comezar o desenvolvemento dun plan, aínda hoxe inacabado a pesar dos moitas anos transcorridos, que trataba de recuperar un patrimonio inmoble moi degradado.

Proxección do documental “Mulleres co mundo na cabeza. Os camiños do Pindo” e conferencia da profesora Encarna Otero Cepeda sobre “As mulleres que constrúen vidas. O traballo das de Muros”

22 de febreiro

Como actividade previa a viaxe realizada o día 12 de marzo ás vilas de Noia e Muros, proxectouse o documental homenaxe ás mulleres anónimas do Pindo, que sustentaron ás súas familias cos materiais que transportaban. Encarna Otero traza desde a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega, grupo “Imaxe e voces” no que están tamén Beatriz, Teresa e Genma, unha historia inspirada nas fotografías que polos anos 20 do século XX, fixo a norteamericana Ruth Matilda Anderson,  establecida a través dos testemuños de Olimpia Oreiro, Marisa Vázquez e Marisa Beiro, tres veciñas da zona que reconstrúen a súa vida como cesteiras que percorrían os camiños de Carnota e Monte Pindo para levar a Muros ou Ézaro o leite e diversos produtos cultivados por elas, despois vendidos para o sustento das súas familias, moitas delas cos maridos na emigración, especialmente a Estados Unidos, alí denominados “os do Norte”, que cando viñan traían libros, polo que sorprende que se instruíran a través da lectura..

14 de decembro

A temática desta conferencia está relacionada co Patrimonio Industrial, ao que vimos dedicando a nosa atención, que completaremos cunha viaxe a Allariz no mes de abril de 2022, para ver as aldeas fábricas do curtido de Vilaboa e a Acea de Meire; Augas Santas e Armeá.
O conferenciante definiu o que é unha fábrica de curtumes para despois pasar a dicir que Galicia a día de hoxe non dispón dun catálogo ou inventario de patrimonio industrial, e só moi recentemente ven de incluído como unha categoría singularizada do patrimonio cultural.

8 de febreiro do 2022

Con esta conferencia iniciáronse as actividades do ano 2022, previa a viaxe que se fará o día 12 de marzo. Admirador da obra de Vicente Risco, do que mencionou un dos seus pensamentos, que as cousas son a segun, no contesto do espazo, do tempo. Hai un espírito que quen o dá é a cultura, viaxar, ver, que é o que nos dá capacidade de relación, de comparación. Os espazos, os contextos, coa andaina, contrastando ideas. E aquí mencionou o que di Saramago  na súa Viaxe a Portugal: “A viaxe non acaba nunca. Só os viaxeiros acaban... O fin dunha viaxe é só o inicio doutro. Hai que ver o que non se viu, ver outra vez o que xa se viu, ... Hai que comezar de novo a viaxe. Sempre. O viaxeiro volve ao camiño”. Fixo mención a o poema de Eliot A viaxe dos Magos, viaxan guiados por unha estrela, o que puxo en relación coa peregrinación a Compostela onde a estrela tamén ten o seu protagonismo.

FEBREIRO

Día 8 de febreiro, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia do museólogo Felipe Senén López, “De Muros ao Pindo”.

Día 22 de febreiro, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Proxección do documental “Co mundo na cabeza”, previa á viaxe “De Muros ao Pindo”. Coa intervención da profesora Encarna Otero Cepeda que falará sobre “As mulleres que construen vidas. O traballo das de Muros”.

De 19, 30 a 20 horas

Anotacións para a viaxe do día 12 de marzo á zona do Pindo

MARZO

Día 12 de marzo, sábado

Viaxe “De Muros ao Pindo”

Saída ás 9 horas

Sábado, 02 Abril 2022 08:00

Viaxe a Allariz

Día 2 de abril, sábado
Viaxe a Allariz

Saída ás 8 horas

Día 25 de marzo, venres
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial

Con motivo do Día das Letras Galegas conferencia do profesor  Arximiro Bautista Villar González sobre o persoeiro do ano 2022,  “Vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán”.

De 19, 30 a 20 horas
Anotacións para a viaxe do día 2 de abril a Allariz.

De 19, 30 a 20 horas
Anotacións para a viaxe do día 2 de abril a Allariz.

Día 15 de marzo, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial

Proxección do vídeo “A vivenda ¿un ben social?”, coa intervención da autora Sagrario Fernández e do arquitecto Xosé Anxo Carreira Montes que falará sobre “A vivenda social nos cascos históricos. O exemplo de Lugo”.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Sintra +

    MAIO Días 5 ao 8 Viaxe a Sintra (Portugal). Saída ás 8 h. Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe do día 22 de xuño a Pambre, Narla e a viaxe a Mérida +

    Día 10 de maio, venres Salón de actos da Deputación Provincial De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe Ler Máis
  • Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo sobre o escultor Francisco Asorey +

    Día 10 de maio, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO