De 19, 30 a 20 horas
Anotacións para a viaxe do día 2 de abril a Allariz.

Día 15 de marzo, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial

Proxección do vídeo “A vivenda ¿un ben social?”, coa intervención da autora Sagrario Fernández e do arquitecto Xosé Anxo Carreira Montes que falará sobre “A vivenda social nos cascos históricos. O exemplo de Lugo”.

Sábado, 12 Marzo 2022 09:00

Viaxe “De Muros ao Pindo”

Día 12 de marzo, sábado
Viaxe “De Muros ao Pindo”

Saída ás 9 horas

De 19, 30 a 20 horas
Anotacións para a viaxe do día 12 de marzo á zona do Pindo

Día 22 de febreiro, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial

Proxección do documental “Co mundo na cabeza”, previa á viaxe “De Muros ao Pindo”. Coa intervención da profesora Encarna Otero Cepeda que falará sobre “As mulleres que construen vidas. O traballo das de Muros”.

De 19, 30 a 20 horas
Anotacións para a viaxe do día 12 de marzo á zona do Pindo

Día 8 de febreiro, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia do museólogo Felipe Senén López, “De Muros ao Pindo”.

26 de outubro de 2021
Nesta conferencia, a terceira dedicada aos Santuarios e cruceiros da Terra Chá,  o doutor Fernando Arribas Arias, especialista no patrimonio etnográfico referido aos cruceiros, cruces, petos de ánimas e esmoleiros, tratou de resolver algunhas dúbidas. A primeira é que se entende por cruceiros e cales son as partes deste monumento relixioso de carácter popular.
En segundo lugar abordou por que falamos de cruceiros galegos, se existen estes monumentos noutras partes do mundo ou é un unha construción típica da nosa terra. A resposta, dixo,  é que hai cruceiros en case todas as comunidades de España, se ben hai que constatar que Galicia é o país do mundo con maior número de cruceiros que, ademais, presentan unha gran variedade tipolóxica e cronolóxica, pois existen en Galicia cruceiros que van dende o século XIV ao XXI, feito que proba que o costume de levantar cruceiros segue aínda vivo na nosa terra.
Todo isto nos leva a afirmar que os cruceiros galegos son o monumento máis representativo da nosa paisaxe, monumento que se converteu nunha icona da nosa identidade como pobo.

20 de outubro de 2021

A segunda conferencia previa á viaxe a Carrión de los Condes e Sahagún, foi impartida por Francisco Singul Lorenzo, doutor en Historia da Arte e xefe da Área de Cultura Xacobea da Xunta de Galicia, experto internacional nas rutas xacobeas, que falou do Camiño por estas terras que xa no século IX eran territorio cristián, por onde pasaba o Camiño Francés, e dos monumentos máis importantes deste tramo, que tamén servía para o comercio, dotado de infraestruturas como pontes, hospitais e novas poboacións.
Referíndose á paisaxe dixo que no século XII sería semellante a actual, como di o Códice Calixtino no libro V sobre Carrión que era unha vila próspera, abondosa en pan, viño, carnes e Sahagún en toda clase de bens, pero despoboada de árbores e chea de homes malos. Neste territorio establecéronse tamén as ordes militares, a dos templarios, dedicados máis ao auxilio aos peregrinos, e os santiaguistas, máis militares.
Dixo que a monarquía de Castela, presidida por Afonso VI, escenificou unha alianza con monxes de Cluny, sendo importante no señorío das terras para poñelas en explotación rendible con novos métodos de cultivo e arados máis modernos, utilizando para iso servos mozárabes.

1 de outubro de 2021

Foi esta a primeira conferencia preparatoria da viaxe a Carrión de los Condes e Sahagún para ver a exposición Lux de Las Edades del Hombre. O profesor Valdés, que xa participara no ciclo que dedicamos a Arte Mudéxar no ano 2018, nesta ocasión centrou a súa disertación en Sahagún, vila  na que Afonso VI mandou fundar un mosteiro cara a o ano 1085, con quince frades que viñeron de Cluny, nun territorio que chegaba ao Mar Cantábrico, de terras chairas e fértiles do vello reino de León, regadas polo río Tea con muiños, campos con ovellas, pombais, hortas, cultivos de pan, e en ocasión de viño, cuxo consumo era sinal dunha deficiente alimentación, a onde foron e asentaron moitos mozárabes para repoboalas e poñelas en produción, colonos que facían as súas casas cos ladrillos que producían as fábricas do poderoso mosteiro, situado no territorio dos Domnos Sanctos Facundo e Primitivo. Dese mosteiro hoxe só quedan a portada  monumental a través da que pasa unha estrada como se fose un arco de trunfo, á beira do convento das bieitas que entre os tesouros artísticos que garda está unha custodia elaborada polo célebre ourive Juan de Arfe e Villafañe.

Preme en Ler Máis para ver o programa completo da viaxe de Las Edades del Hombre.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Roteiro pola obra de Asorey en Lugo +

    Día 25, sábado Roteiro pola obra de Asorey en Lugo: Cemiterio de San Froilán, Parque de Rosalía de Castro, Museo Ler Máis
  • Conferencia de Héitor Picallo Fuentes sobre “Os castelos de Galicia”. +

    XUÑO Día 18 de xuño, martes Conferencia de Héitor Picallo Fuentes sobre “Os castelos de Galicia”.   Ler Máis
  • Viaxe para ver o castelo de Pambre a Casa Torre de Xiá Museo Etnográfico de San Paio de Narla e o mosteiro de Sobrado dos Monxes +

    Día 22, sábado Viaxe para ver o castelo de Pambre a Casa Torre de Xiá Museo Etnográfico de San Paio Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO