Día 13 e 14: Viaxe á Illa de Ons: consiste en pasar os dous días nas praias de Ons, con paseos a última hora da tarde e primeira da maña, pola fresca, para visitar lugares emblemáticos como a Cova do Inferno ou o cume do monte Centolo, furnas, castros, fauna da illa... O sábado ao solpor, gozaremos da posta do sol.

Saída do lugar habitual ás 7,30 h.

Día 3, mércores: conferencia do arqueólogo e museólogo Felipe-Senén López, sobre Arquitectos e escultores do s. XIX, entrando no XX.

Será ás 20 h. no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo.

De 19 a 20 h. e no mesmo lugar, anotacións para a viaxe con Felipe-Senén polas terras do Porriño, Panxón, etc. (día 4 de xullo).

Día 16, sábado: Viaxe á cidade da Coruña onde pasaremos o día para ver a Exposición de Picasso e o Castro de Elviña, tendo como guía a Felipe-Senén López.

Saída ás 8:00 h.

(Estaba programada a Vilanova dos Infantes á Romaría Etnográfica Raigame, pero esta suspendeuse polo asasinato do párroco e roubo da figuriña da Virxe de Cristal, outra xoia do noso patrimonio).

Día 5, martes: Conferencia da profesora da Universidade da Coruña, Carme Fernández Pérezsanjulián sobre "Literatura galega do s. XIX, entrando no

XX".

Será ás 20 h. no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo.

De 19:15 a 20 h. e no mesmo lugar, anotacións para a viaxe á Illa de Ons e tamén para a de Coruña (Exposición de Picasso e Castro de Elviña).

Día 15, mércores: Conferencia da profesora Celia Armas García sobre "Mulleres na cultura do s. XIX galego".

Ás 20 h. no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo.

Páxina 53 de 53

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de José Alberto Morais Morán sobre “Historicismos, neomedievalismos e outros ismos na arquitectura decimonónica hispana: de León a Santander” +

    O próximo día 8 de setembro, martes, ás 19 horas no Salón de actos do Vello Cárcere, conferencia de José Ler Máis
  • Viaxe a Santander e Comillas. +

    Días, 16, 17, 18 e 19  Viaxe a Santander e Comillas. Ler Máis
  • Anotacións para as viaxes do día 24 de outubro, sábado, para ver San Pedro de Rocas +

    Día 9, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Héitor Picallo Fontes sobre “Os mosteiros Ler Máis
  • Conferencia de Héitor Picallo Fontes sobre “Os mosteiros de Galicia”. +

    Día 9, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Héitor Picallo Fontes sobre “Os mosteiros Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO