Domingo, 25 Febreiro 2024 20:28

Viaxe a A Coruña

24 de febreiro de 2024

Foi organizada para ver as exposicións "Viajar para pintar. Sorolla en Galicia", no Museo de Belas Artes, a de fotografía de Helmut Newton, así como o novo Museo de Automoción e Historia (MAHI). Participou un grupo de corenta socios comezando pola visita guiada da exposición de Soroya formándose dous grupos, mentres un visitaba a exposición o outro fixo un percorrido polo Museo.

Con fondos da Fundación Museo Sorolla de Madrid e do de Belas Artes da Coruña, a exposición presenta a participación galega no proxecto Sorolla. Viajar para pintar, dentro do programa “100 años del fallecimiento de Joaquín Sorolla”, na que figuran máis de setenta obras entre óleos, debuxos, notas de color e obxectos etnográficos, realizados e recollidos nos anos 1900, 1010 e 1915. Foi unha visita participativa na que non só se escoitaron as explicacións da guía, senón que algún dos concorrentes fixo comentarios e aportacións sobre o contexto e mesmo sobre o traballo pictórico desenvolvido por Sorolla, para poder pintar a obra dedicada a Galicia por encargo da Hispanic Society of América. Remata a exposición con obras dos artistas galegos cos que mantivo relación, como Francisco Lloréns, Fernando Álvarez de Sotomayor, María Corredoira ou Jenaro Carrero.

Trasladámonos despois ao porto para ver a exposición do fotógrafo Helmut Newton Fact & Fiction, onde o fotógrafo alemán presenta fotografías de pose, maioritariamente nus, provocativas ou irreverentes para a época na que foron feitas, como modelos de alta costura, artistas e mesmo un retrato da que foi primeira ministra Margaret Thatcher, que chama a atención precisamente pola súa ortodoxia en medio dun repertorio de pubis de mulleres famosas.

Despois de xantar os participantes reuníronse diante do monumento a Curros Enríquez onde o escritor e poeta Lois Diéguez, cofundador e presidente que foi de Lugo Patrimonio, dedicou unhas palabras á coruñesa Luisa Villalta á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, lendo algúns versos seleccionados das súas poesías, rematando cunha explicación sobre o significado do monumento a Curros, obra de Francisco Asorey, que foi complementado coa intervención de Julia Cantalapiedra.

A viaxe rematou coa visita en Arteixo de recen aberto Museo de Automoción e Historia MAHI, da Fundación Jorge Jove, un bo exemplo de recuperación do Patrimonio Industrial, que fai un percorrido pola historia da automoción a través de automóbiles de distintas épocas, marcas e usos, así como motocicletas, motores, maquinaría agrícola, e outras coleccións, como aparatos para a reprodución de son, televisores, máquinas de escribir, de reprodución e imprenta, teléfonos, cámaras fotográficas e de cine, numismática, etc.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo sobre o escultor Francisco Asorey +

    Día 10 de maio, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo Ler Máis
  • Conferencia de José Alberto Morais Morán sobre “A arte e a arquitectura historicista”. +

    Día 16, martes Conferencia de José Alberto Morais Morán sobre “A arte e a arquitectura historicista”. Ler Máis
  • Viaxe a Cambados +

    Día 20, sábado Viaxe a Cambados. Visita a Cambados, obra artística de Manolo Paz, Leiro e Asorey. Pazo de Fefiñáns. Ler Máis
  • Viaxe a Sintra +

    MAIO Días 5 ao 8 Viaxe a Sintra (Portugal). Saída ás 8 h. Ler Máis
  • Conferencia de Iván Moure Pazos sobre "Ruína antrópica e biótica na Sintra contemporánea”. +

    Día 23 de abril, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Iván Moure Pazos sobre Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO