Venres, 19 Abril 2024 08:36

Conferencia de José Alberto Morais Morán sobre “Historicismo, neomedievalismos, e outros ismos na arte do século XIX: de España ao Cono Sur”

16 de abril

Comezou facendo referencia á tese de doutoramento de María Emilia Hernádez Pezzi, Historiografía de la arquitectura Moderna, na que se recollen as obras arquitectónicas mais representativas no intento de explicar o movemento arquitectónico mais característico do século XX. Despois do Neoclasicismo, todos os estilos anteriores, ou historicistas, van ser fonte de inspiración na arquitectura do século XIX. A mestura de estilos dará lugar aos eclecticismos, e pon varios exemplos de arquitecturas encargadas polas élites burguesas e das derradeiras vitorianas. Fanse igrexas en estilos medievais, neorrománicas, neogóticas, nas que, ao igual que nos edificios civís, cuadrillas de artesáns van a reproducir a ornamentación.

Tamén se fan restauracións en estilo, pondo como exemplo a catedral de León, o primeiro edificio declarado Monumento Nacional en 1844, que se atopaba en ruína, refeita en parte, como o hastial triangular da fachada sur en 1869 por Juan de Madrazo, coñecedor do gótico francés que aplicaba as teorías de Viollet-le-Duc, tratando así de recuperar o estado primixenio do gótico puro. En 1880 encargase das obras Demetrio de los Ríos e fai o hastial occidental, e remata as obras Juan Bautista Lázaro, abríndose un taller de vidreiras para facelas ao estilo medieval.

En América do Norte e do Sur hai un impacto dos neos en arquitectura funeraria, poñendo varios exemplos. O Palacio da Pena (1836) de Sintra (Portugal), é un edificio ecléctico por excelencia, demais dos varios estilos que están presentes nel, ten un papel importante a artificialidade da contorna, creándose unha escenografía.

Pasou despois a falar do estilo neoárabe, facendo mención a un libro fundamental, Orientalismo, arte y arquitectura entre Granada y Venecia, un proxecto colectivo de investigación que reuniu os estudos dunha serie de investigadores españois e italianos sobre o conxunto de miradas, reflexións, mitos, actitudes, imaxes, textos, edificios, obxectos e prácticas nos que se configura a visión contemporánea de "Oriente" desde o mundo occidental.

Un dos modelos de inspiración vai ser a Aljama Mior de Córdoba (785-999), as élites queren tela, comprala, e como non poden nas súas mansións reproducen partes, como a fonte dos Leóns dos palacios nazaries da Alhambra de Granada que vai ser moi reproducida. O cristianismo negou a arte islámica, pero a tradución ao francés en 1730 de As mil e unha noite, vai ser un precedente de esta afección polo neoárabe que vai ter desenvolvemento no século XIX. Os arquitectos europeos vanse fixar en España, pois Diego Sánchez Sarabia entre 1760 e 1763, debuxou as plantas, cortes e alzados así como diversos motivos decorativos dos azulexos, frisos e inscricións dos palacios da Alhambra e de Carlos V, por encargo da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.

Tamén se fan baleirados para reproducir en xeso, as veces a tamaño natural, de ornamentos, citando como exemplos elementos da sala Das Dúas Irmáns da Alhambra, no Museo do Prado, ou o Pórtico da Gloria do Museo Vitoria & Albert de Londres.

Influenciados por estas lecturas pasan por España unha morea de europeos, entre eles Owen Jones que en 1856 publica no libro The Grammar of Ornament planos, alzados, seccións e detalles da Alhambra, en color polo procedemento de cromolitografía e que van servir de modelo aos arquitectos. O 1 de maio de 1851 inaugúrase a Exposición Universal de Londres, e no interior dunha estrutura de ferro e cristal, crea a Alhambra Court, e copia a Fonte dos Leóns, que tamén se vai a reproducir noutros edificios de América latina onde impactou o estilo neoárabe.

Rematou o conferenciante a súa exposición facendo mención á Sala das Manufacturas, de Joaquín Pavía, na exposición Colombina de Chigaco de 1893, que se inspira na mesquita de Córdoba. O pavillón de España é unha réplica da Lonxa da Seda de Valencia. Puxo tamén varios exemplos de América do Sur, entre eles a Sala Alhambra do centro Español de Bos Aires, o Palacio das Ursulinas de la Habana, unha reprodución dunha parte da Alhambra en Santiago de Chile do arquitecto Manuel Aldunate Avaría, feita para a familia Osa, incluíndo a fonte dos Leóns, realizada en madeira e adobe para preservar o edificio dos terremotos.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de Ramón Izquierdo Peiró e Daniel Lorenzo Santos sobre a exposición das Idades do Home en Santiago +

    Día 22, martes Conferencia de Ramón Izquierdo Peiró e Daniel Lorenzo Santos sobre a exposición das Idades do Home en Ler Máis
  • Viaxe a Santiago para visitar as exposicións “As Idade do Home. Hospitalitas” e “Unha vida vikinga”. +

    Día 26, sábado Viaxe a Santiago para visitar as exposicións “As Idade do Home. Hospitalitas” e “Unha vida vikinga”. Ler Máis
  • Anotación para a viaxe a Monforte, visitas ao Museo de Arte Sacra das Clarisas e á Compañía. +

    Día 12, martes Conferencia de Luis Alonso Girgado sobre “100 anos da Revista Ronsel”. De 19,30 h. A 20 h., Ler Máis
  • Conferencia de Luis Alonso Girgado sobre “100 anos da Revista Ronsel”. +

    Día 12, martes Conferencia de Luis Alonso Girgado sobre “100 anos da Revista Ronsel”. De 19,30 h. A 20 h., Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO