Xoves, 06 Xuño 2024 09:36

Roteiro das esculturas de Francisco Asorey en Lugo

25 de maio
Con motivo de terlle dedicado o Día das Artes Galegas ao escultor Francisco Asorey, e como complemento á conferencia que impartiu  sobre o escultor Maribel Iglesias Baldonedo, organizouse un roteiro para ver as súas esculturas na cidade.
Participaron nas explicacións Julia Cantalapiedra Álvarez, licenciada en Historia da Arte Moderna e Contemporánea, que se encargou de tratar a parte artística; Adolfo de Abel Vilela, doutor en Xeografía e Historia, que fixo a parte histórica e a cuestión técnica desenvolveuna Juan Ramón Pérez Martínez, graduado en Artes Aplicadas que foi profesor de Escultura e Volume na Escola de Artes Aplicadas de Santiago de Compostela.


Comezouse no Parque de Rosalía de Castro para ver e falar do monumento de este autor, labrado en granito, que o Concello lle dedicou ao alcalde Ángel López Pérez inaugurado en 1958, do que Asorey executou a parte escultórica mentres que a base foi realizada por Manuel Mallo. A xénese do monumento, o significado das esculturas e as técnicas de execución ocuparon as explicacións dos antes citados.
Despois trasladáronse ao cemiterio de San Froilán para ver unha das obras máis peculiares e descoñecida do escultor santiagués, o Cristo Redentor, primeira obra súa na cidade encargada en 1935 por Manuel Barrio Basadre para un panteón da familia de José Fernández López, proxectado polo arquitecto Alfredo Vila, e executada en 1936 en mármore de Carrara, seguramente a única obra Art déco do autor. As vicisitudes polos que pasou o encargo, debedio aos retrasos, o significado da obra e o proceso de execución, tamén foron expostas polos tres guías do roteiro.
Como complemento ao ciclo sobre Historicismo desenvolvido, aproveitouse tamén  para ver os dous panteóns deste estilo proxectados polo arquitecto Nemesio Cobreros, o de García Abad e o da familia de Armando Durán Miranda, que no ano 2015 foi o  gañador do concurso para elixir o mellor monumento arquitectónico funerario de España.
De novo na cidade, os asistente pararon diante do Hospital de Santa María para ver a Virxe co Neno, esculpida en granito, que se atopa sobre a porta da entrada principal do edificio, inspirada na Virxe dos Ollos Grandes, pero interpretada partindo da imaxe dunha campesiña galega.
Rematouse a visita no Museo Provincial para ver as dúas notables esculturas en madeira, a Ofrenda a San Ramón e o San Francisco, primeira medalla da Exposición Nacional de Belas Artes de 1926.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe para ver o castelo de Pambre a Casa Torre de Xiá Museo Etnográfico de San Paio de Narla e o mosteiro de Sobrado dos Monxes +

    Día 22, sábado Viaxe para ver o castelo de Pambre a Casa Torre de Xiá Museo Etnográfico de San Paio Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO