A Asemblea será o día 15 de decembro, sábado, ás 12,00 horas en primeira convocatoria e ás 12,30 horas en segunda, na Galería Sargadelos, e ás 14 horas no Hotel Méndez Núñez o xantar, por terse celebrado en 1918 nese establecemento o banquete da I Asemblea das Irmadades da Fala. O xantar será servido pola Casa Grande de Nadela co seguinte menú:
Entrantes
Xamón de porco celta, pan de pobo e tomate natural
Empanada galega
Croquetas caseiras
Primeiro
Xarrete de tenreira galega ao viño mencia
Sobremesa
Filloas con mel e nata
Adega
Godello Lagar de Deuses, denominación de orixe Monterrei
Mencia Vía Romana, denominación de orixe Ribeira Sacra
Café e infusións
Cantará Pilocha e Lis Latas. Para apuntarse no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando ao teléfono 656 23 63 43 ata o día 5 de decembro. Prezo 30 €. Cobrarase no xantar. Se non reunimos 30 asistentes non se fai.
Mohamed, ou familiarmente, Tuqui, o guía, dedica hoxe as explicacións á historia de Marrocos e aspectos que caracterizan o Islam, de camiño a Assilah desde Tánxer, por autopista. Paisaxes movidas, por variadas, secas ou húmidas, verdes, cruzando os ued ou ríos, como o Lukos, que vén do Rif, ancho e azul cando nos achegamos xa á altura de Larache. O seu nome atráeme pola semellanza co noso Lugo (Lucus). Vense arreo invernadoiros dedicados a palmeiras ou fresas, e moito melón. Dominan as empresas españolas nestas explotacións, pois contratan mozos e mozas da zona sen respectar os seus dereitos laborais. Vense tamén, nas cidades, buses de transporte público da empresa Alsa.
Assilah tingue os nosos ollos de azul e graffitis variados que van aparecendo polas rúas estreitas de edificios brancos, produto do Festival Internacional ou Mussem da Cultura que se organiza cada ano aquí. A muralla portuguesa, do s. XV e XVI e a Torre que lembra a de Belém, son construcións harmoniosas e atractivas nas que traballou nesa época o arquitecto Diogo Boitaca, autor do mosteiro dos Xerónimos e da Torre de Belém. Casas e palacios van guiando o noso paseo. Chama o morabito branco de cúpula semiesférica verde ao pé dunha torre da muralla. E logo, perdémonos ao noso ar buscando a xente, os artesáns e os obradoiros, como ese forno no que o panadeiro cocía un pastel de leite ou os nenos e nenas saíndo da escola ou o grupo de mulleres cos característicos sombreiros de palla ; e sempre o zoco no que merco unha orixinal e fermosa alfombra amazigh de debuxos a xeito de conto infantil. Deixamos Assilah, con pena e co desexo de volver. Quizais a ansia polo regreso sexa máis forte aínda que cando se fai realmente. O maxín recréase nas sensacións, libre como un cabalo que se rebela a ser montado.