A Asociación Cultural Lugo Patrimonio celebrou hoxe a asemblea ordinaria anual e a extraordinaria na que se elixiu nova xunta directiva. Aprobouse o programa de actividades para o ano 2020, no que se inclúen conferencias dedicadas a Ricardo Carballo Calero e á Xeración Nós, así como ao Patrimonio Industrial, que contará con catro conferencias e sete viaxes.
Axunta directiva está formada por:
Presidente: Adolfo de Abel Vilela
Vicepresidenta: Branca Rodríguez Pazos
Secretaria: Celia Besteiro Rodríguez
Tesoureira: María Julia Cantalapiedra Álvarez
Vocal: Carolina Casal Chico
Vocal: María do Carme García Negro
Vocal: María do Carme Vázquez Vázquez
En relación co uso do Cuartel de San Fernando a asemblea fixou a súa posición que se reflicte no comunicado que se adxunta.
Punto único: Elección de nova xunta directiva.
Día 14 de decembro, sábado
Por acordo da Xunta Directiva celebrada o pasado día 11 de novembro, convócase Asemblea Xeral Ordinaria para o día 14 de decembro, sábado ás 11,30 horas en primeira convocatoria e ás 12,00 horas en segunda, no Salón de Actos da Deputación Provincia, Rúa de San Marcos, coa seguinte
23 de novembro 2019
Dentro do ciclo dedicado ao patrimonio Industrial, e despois da conferencia de Encarna Otero Cepeda sobre “As minas de wolframio e o poboado de Fontao”, cumpría facer a visita ao Museo da Minería e ao poboado para ver a súa interesante arquitectura vinculada co Movemento Moderno.
De camiño paramos en Melide para ver ás 10,30 horas o Museo da Terra de Melide, onde, nunha visita guiada, nos explicaron a orixe do Museo así como a interesante recuperación do que foi hospital de peregrinos de Sancti Spiritus para a súa sé, mostrado en fotografía moi elocuentes do proceso. A planta baixa está dedicada á exposición de pezas de arqueoloxía pesada e a informar ao peregrino sobre as igrexas do Camiño de Santiago no concello. Na planta primeira están as vitrinas que conteñen pezas do paleolítico, mundo castrexo e romano, algunhas moi raras e interesantes, como as rodelas, así como numismática. As dúas plantas seguintes están fundamentalmente dedicadas a etnografía.