Día 15 de outubro, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Enmanuel Lázaro sobre a "Rehabilitación das centrais eléctricas do Piago e Mondoñedo".
Días 26 e 27 de outubro
ás 7 horas
Viaxe a Lerma (Burgos) para visitar a exposición de Las Edades del Hombre e Peñafiel (Valladolid).
19 de outubro
Dentro do ciclo dedicado ao Patrimonio Industrial estivo a visita á central hidroeléctrica situada no río Miño no caneiro do Piago de Martul (Outeiro de Rei). Os visitantes foron acompañados por Enmanuel Lázaro Pérez, da empresa Nexia Renovables que xestiona a instalación e que foi un dos técnicos responsables da rehabilitación de esta histórica central eléctrica. A visita comezou ás 11,30 horas polo exterior para ver a presa e a canle que leva a auga á turbina e que foi labrada na rocha viva.
O presidente da Asociación Adolfo de Abel Vilela, fixo unha breve introducción histórica para entender a importancia da instalación e a súa relación coa cidade de Lugo. Dixo que nun primeiro momento a electricidade tiña como finalidade principal o alumado público, que en Lugo foi primeiro con aceite, despois con petróleo, en 1879 con gas e o 18 de setembro de 1894 coa electricidade, ao mesmo tempo que se instalaba nalgunhas casas particulares e edificios públicos. Pero como non era eficiente o subministro que ofrecía a "Sociedad de Alumbrado Público de Lugo" que tiña a concesión municipal do alumado público, un grupo de comerciantes e pequenos industriais crearon en 1898 a "Sociedad Anónima La Eléctrica Lucense", que obtivo o 16 de setembro de 1898, a autorización para o aproveitamento de 10.000 litros de auga por segundo do río Miño no punto denominado Piago de Martul no concello de Outeiro de Rei con destino a forza motriz e outras industrias. A obra da presa, canle e edificio para albergar a central foi dirixida polo arquitecto municipal Juan Álvarez de Mendoza, seguindo os planos da casa instaladora Ahlemeyer y Cª, enxeñeiros de Bilbao.
Día 19 de outubro, sábado
ás 10 horas
Viaxe a Outeiro de Rei para visitar a fábrica hidroeléctrica do Piago.
O 28 de setembro saímos de Lugo ás 8,30 horas para facer a viaxe á Mariña Lucense dentro do Ciclo dedicado ao Patrimonio Industrial. Comezamos as visitas programadas visitando a partir das 10,30 horas a basílica de San Martiño de Mondoñedo, vinculado a San Rosendo, onde recibimos a explicación da guía no interior do templo que nos explicou as características da igrexa, programa iconográfico das pinturas románicas, renacentistas e barrocas e significado do altar pétreo e representacións dalgúns capiteis. Posteriormente fixemos un percorrido polo centro de interpretación do monumento onde completamos a información.
Como o día 10 tivemos a conferencia de Adolfo de Abel Vilela sobre, “As fábricas de fundición e louza de Sargadelos no agromar industrial de Galicia”, era obrigado facer unha visita ao que queda daquela grande iniciativa. Comezamos o percorrido ás 12,15 horas na Casa da Administración recibindo as documentadas e amenas explicacións de Elisa Pérez sobre as orixes e vicisitudes das Reales Fábricas de Sargadelos. O presidente fixo unha breve intervención para falar sobre o proceso de fabricación das louzas estampadas diante das pezas expostas que foron admiradas por los viaxeiros.