Domingo, 20 Outubro 2019 20:46

Visita á central hidroeléctrica do Piago

19 de outubro

Dentro do ciclo dedicado ao Patrimonio Industrial estivo a visita á central hidroeléctrica situada no río Miño no caneiro do Piago de Martul (Outeiro de Rei). Os visitantes foron acompañados por Enmanuel Lázaro Pérez, da empresa Nexia Renovables que xestiona a instalación e que foi un dos técnicos responsables da rehabilitación de esta histórica central eléctrica. A visita comezou ás 11,30 horas polo exterior para ver a presa e a canle que leva a auga á turbina e que foi labrada na rocha viva.
O presidente da Asociación Adolfo de Abel Vilela, fixo unha breve introducción  histórica para entender a importancia da instalación e a súa relación coa cidade de Lugo. Dixo que nun primeiro momento a electricidade tiña como finalidade principal o alumado público, que en Lugo foi primeiro con aceite, despois con  petróleo, en 1879 con gas e o 18 de setembro de 1894 coa electricidade, ao mesmo tempo que se instalaba nalgunhas casas particulares e edificios públicos. Pero como non era eficiente o subministro que ofrecía a "Sociedad de Alumbrado Público de Lugo" que tiña a concesión municipal do alumado público,  un grupo de comerciantes e pequenos industriais crearon en 1898 a "Sociedad Anónima La Eléctrica Lucense", que obtivo o 16 de setembro de 1898, a autorización para o aproveitamento de 10.000 litros de auga por segundo do río Miño no punto denominado Piago de Martul no concello de Outeiro de Rei con destino a forza motriz e outras industrias. A obra da presa, canle e edificio para albergar a central foi dirixida polo arquitecto municipal Juan Álvarez de Mendoza, seguindo os planos da casa instaladora Ahlemeyer y Cª, enxeñeiros de Bilbao.


Enmanuel Lázaro explicou aos visitantes que a rehabilitación foi un reto técnico e profesional xa que non dispoñían de información técnica dos equipos instalados e do seu funcionamento, tendo que recorrer á experiencias dos traballadores da empresa e a firmar externas. Valoraron a posibilidade de instalar un grupo xerador novo pero dado o valor histórico da central optaron por manter unha das dúas turbinas existentes, a de 1929, que produce 283 Kva, mentres que a feita en 1898 pola casa alemana Heindenhein quedou como elemento histórico sen funcionar. A central conta ademais con outra peza histórica, o motor dun barco de 1930 que funcionaba con gasoil para mover a turbina cando non había caudal de auga suficiente no verán. Conservouse algún mobiliario como un armario e a mesa empregada polo encargado da central. A visita rematou as 13 horas.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Sintra +

    MAIO Días 5 ao 8 Viaxe a Sintra (Portugal). Saída ás 8 h. Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe do día 22 de xuño a Pambre, Narla e a viaxe a Mérida +

    Día 10 de maio, venres Salón de actos da Deputación Provincial De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe Ler Máis
  • Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo sobre o escultor Francisco Asorey +

    Día 10 de maio, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO