Martes, 01 Mai 2018 21:12

Manuel Valdés Fernández, A Arquitectura Mudéxar en Castela e León" 24 de abril

Comezou fixando o significado do termo "mudéxar" para o que hai discusión entre diferentes historiadores da arte, o contrario a outros estilos, debido á complexidade desta arte, e que se comezou a definir na Ilustración española como modelos cristiáns dos séculos XII ao XVI revestidos de arquitectura musulmana.

A definición debeuse a Miguel de Asas que en 1857. Nos territorios reconquistados fanse igrexas, como a de Santa Leocadia en Toledo, proxectadas por arquitectos musulmáns e propuxo "mudéxar" porque era así como chamaban aos islamitas "mudexaristas". É unha adxectivación de moitas cousas. Mudéxar é un adxectivo nos reinos de Castela e León que xa se utilizaba no século XIII "mudayan". Miguel de Cervantes en 1605 fala do occidental cautivo que vai á Mancha, xudeos conversos. Aos de Granada chamábanlles mudéxares. Son personaxes fronteirizos que falaban a algarabía. Nas terras conquistadas, en territorio cristián, había dous tipos de mouros, os cautivos e os servos. Son masas vencidas e desculturizadas segundo Claudio Sánchez Albornoz. Amador de los Ríos en 1859 no seu discurso de entrada na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, definiu o mudéxar como a fusión da arte cristián e musulmán, un estilo singular español. Constestoulle Pedro de Madrazo e Curt que asumiu os seus postulados, e desenvolvese a teoría. Estamos no período romántico.

O conferenciante pasou despois a poñer diversos exemplos de igrexas, como a de San Tirso de Sahagún (1123), un edificio que se comeza en románico xa que a planta é da época de Afonso VI, o primeiro rei mudéxar, con pedra, e se continúa con ladrillo, material que xa utilizaban os romanos, e que resulta máis económico. Os monxes tiñan tres alfares. Os constructores son expertos en traballar co ladrillo. O ciborio é como una torre oca, por tanto de pouco peso, que se levanta nun tramo recto antes da cabeceira, semellante aos de Obernia e Borgoña. Vense arcos de medio punto e arcos polilobulados procedentes estes de Toledo e Sevilla. As paredes interior e exterior de perpiaño, e o interior, enchese de ladrillo con morteiro, que ven ser o que os romanos chamaban opus caementicium.

Nesto está implicado Reimundo de Borgoña, xenro de Afonso VI e primeiro esposo da raíña dona Urraca. Pola semellanza das igrexas dedúcese que hai unha cuadrilla que se vai desprazando, o que son obras feitas polos seus sucesores. Comezan construíndo en románico e cando se quedan sen cartos seguen en ladrillo. Estamos diante dunha albanelería románica, non hai nada arábigo de Este a Oeste, chegando ata o occidente de Portugal, Bragança, e ao Sur en Galisteo (Cáceres). Os alfarxes son feitos por artesáns que no son musulmáns.

Como conclusión dicir que estamos ante unha arquitectura promovida pola repoboación mozárabe nas terras da conca do Douro, unha arte hispano musulmán, andalusi para cristiáns de fóra, que o doutor Borrás quere que se lle chame mudéxar, impulsado por familiar reais e nobiliarias que son mudéxares, unha arte que reviste a monumentalidade cristiá con elementos musulmáns. Estamos pois diante dunha arquitectura románica ou gótica que se reviste con solucións andalusis e que se fai para mozárabes.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral +

    MARZO Día 6, mércores Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral. De 19,30 a 20 h., anotacións para a Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe do 20 de abril a Cambados +

    MARZO Día 6, mércores Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral. De 19,30 a 20 h., anotacións para a Ler Máis
  • Viaxe para ver os pazos de Oca e Santa Cruz de Rivadulla +

    Día 16, sábado Viaxe para ver os pazos de Oca e Santa Cruz de Rivadulla. Saída ás 8,30 h. Ler Máis
  • Táboa Redonda sobre a vida e a obra de Luisa Villalta +

    Día 19, martes Táboa Redonda sobre a vida e a obra de Luisa Villalta, persoeira das Letras Galegas 2024. Interveñen Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO