Luns, 14 Mai 2018 20:57

Conferencia de Yolanda Barriocanal López, “Cubrir a Arquitectura. Armaduras de madeira con solucións mudéxares e aportes clásicos en igrexas de Galicia”

8 de maio de 2018

A profesora de Historia da Arte da Universidade de Vigo no campus de Ourense, Yolanda Barriocanal López disertou sobre a achega dunha das manifestacións patrimoniais máis xenuínas da arte mudéxar: as armaduras de madeira como parte integrante do espazo arquitectónico. Dentro das escasas creacións desta arte en territorio galego, destacou un conxunto de teitumes de par e nudillo, en pequenos templos rurais, construídas na primeira metade do século XVI, con interesantes analoxías nas súas solucións, seguindo un mesmo patrón no terreo do constructivo e decorativo. Todas elas enlazan tradicións islámicas, con decoración de lazo, cun acabado polícromo a base dun rico repertorio de temas e motivos figurados baseados no mundo clásico.

A escasa pervivenza de exemplares con esta tipoloxía de cuberta e acabado decorativo subliña a importancia dos expoñentes conservados, formando, pese á súa modestia, un dos legados e capítulos máis descoñecidos da arte mudéxar en Galicia.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Vigo para ver o Museo do Mar e en Bueu o Museo Masó +

    Día 27 de abril, sábado ás 8 horas Viaxe a Vigo para ver o Museo do Mar e en Bueu Ler Máis
  • Días 16, 17, 18, 19 de maio. Viaxe a Aveiro (Portugal) +

    Días 16, 17, 18, 19 de maio Viaxe a Aveiro (Portugal). Saída ás 7 horas. Ler Máis
  • Conferencia de Adolfo de Abel Vilela sobre "Antonio Fraguas Fraguas. Lugo a etapa da liberdade". +

    Día 21 de maio, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Adolfo de Abel Vilela Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe do día 22 de xuño á ría de Ferrol +

    Día 24 de maio, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial De 19 e 20 h. anotacións Ler Máis
  • Conferencia de Claudio Otero Eiriz sobre "A industria do curtido na provincia de Lugo" +

    Día 24 de maio, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Claudio Otero Eiriz sobre Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO