Xoves, 24 Mai 2018 07:06

VIAXE A TERUEL

 

Do 17 ao 20 de maio de 2018

 

Fixemos a viaxe 50 socios con destino final en Teruel como actividade práctica dentro do Ciclo dedicado ao Mudéxar. A primeira parada foi en Tordesillas para ver especialmente a fachada da igrexa, patio e baños árabes do mosteiro de Santa Clara, chamado "Pelea de Benimerín", levantado sobre outro árabe, mandado facer en 1340 por Afonso XI de Castela despois da Batalla del Salado. Na visita acompañounos unha guía contratada pola Asociación. Tivemos que facer dous grupos de maneira que mentres un facía a visita o outro visitaba as Casas do Tratado, onde a tradición sitúa as negociacións entre Castela e Portugal para repartir o Novo Mundo, e que remataron coa sinatura do Tratado de Tordesillas o 7 de xuño de 1494.  A carón está o Museo da Igrexa de San Antolín que tamén vimos.
Despois de xantar en Arévalo fixemos a media tarde un percorrido por Molina de Aragón, cun casco histórico moi interesante pero abandonado debido a despoboación da zona.


O día 18 iniciamos a visita guiada polo casco histórico de Teruel, comezando na Plaza del Torico, onde nos fixeron unha introdución histórica e a lenda relacionada co Torico e a fundación de Teruel. Nesa mesma praza xa vimos dous exemplos de arqiuitectura modernista, a Casa delo Torico e a Casa de La Madrileña, a que seguiron a Casa Ferrán e a Bayo, feitos polo arquitecto municipal o tarraconense Pablo Monguió, un modernismo da escola de Gaudí e Montaner. Deste arquitecto tamén visitamos a escalinata que desde a estación da acceso a Teruel, obra de ladrillo, con azulexo, ferro artesán, e un relevo en mármore sobre os Amantes.
O mudéxar  que alí é Patrimonio da Humanidade, admirámolo visitando as tres torres mudéxares, a de El Salvador, onde vimos un vídeo, San Martín e San Pedro onde está o mausoleo dos Amantes. Despois trasladámonos á catedral de Santa María de Mediavilla, sendo o máis destacado o artesonado mudéxar que vimos desde o ándito seguindo as explicación dunha guía da catedral.
Pola tarde fixemos unha visita a Albarracin, un pobo verdadeiramente notable non só pola súa situación, senón tamén polo conxunto de edificacións populares, palacios e igrexas. Aquí visitamos a Casa Museo da familia Pérez e Toyuela (s. XVII), que é propiedade de El Andador, axencia á que contratamos a guía.
O día 19 pola mañá desprazámonos a Rubielos de Mora, cun casco histórico interesante, entramos na Casa do Concello, un edificio renacentista  do século XVI. Na antiga Colexiata de Santa María la Mayor, o máis notable é o retablo da Virxe na capela do Salvador, do século XV, de estilo gótico Internacional atribuído a Gonçal Peris, da escola valenciana de Pere Nicolau. De volta a Teruel pasamos a ver Mora de Rubielos, menos interesante desde o punto de vista monumental, pero cun gran castelo, onde expoñen maquetas de distintas armas medievais.
O día 20, xa de volta para Lugo, paramos en Guadalajara, visitando cun guía o panteón de arquitectura historicista da Duquesa de Sevillano, pasando despois á concatedral, e os palacios renacentistas de Antonio de Mendoza, dedicado a instituto, cun fermoso patio, e o gran palacio do duque do Infantado, que só puidemos ver polo exterior dado que  por deficiencias estructurais actualmente non se permite a visita interior. Tamén vimos o Salón Chinés, no palacio de la Cotilla dos marqueses de Villamejor, un palacete do século XVII. Un dos salóns foi decorado no século XIX con papel de arroz pintado chinés. Tamén vimos unha exposición permanente do artista José de Creeft Champané.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral +

    MARZO Día 6, mércores Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral. De 19,30 a 20 h., anotacións para a Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe do 20 de abril a Cambados +

    MARZO Día 6, mércores Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral. De 19,30 a 20 h., anotacións para a Ler Máis
  • Viaxe para ver os pazos de Oca e Santa Cruz de Rivadulla +

    Día 16, sábado Viaxe para ver os pazos de Oca e Santa Cruz de Rivadulla. Saída ás 8,30 h. Ler Máis
  • Táboa Redonda sobre a vida e a obra de Luisa Villalta +

    Día 19, martes Táboa Redonda sobre a vida e a obra de Luisa Villalta, persoeira das Letras Galegas 2024. Interveñen Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO