Mércores, 22 Abril 2026 15:34

Viaxe a Muxía

18 de abril

A primeira parada foi en Baio, a carón do río Grande, onde tomamos o café e nos agardaba Felipe Senén López que nos acompañou para facer o percorrido por esta parte da Costa da Morte, da que falara na conferencia que deu sobre o tema o día 6. Fomos a Camelle e vimos a humilde casa de Manfred Gnädinger, coñecido como Man, finado en Camelle o 28 de decembro de 2002, cando a súa obra fora cuberta polo alcatrán do Prestige que naufragara o 13 de novembro. Diante do que foi a súa casa, de 4 m2, Felipe contounos a súa historia, propia para unha novela de Manuel Rivas que vive nesas terras. O seu Museo, feito cos cartos que lle deixou ao concello, non o puidemos ver porque non está aberto nin sábados nin domingos, que é cando debía estar.

10 de marzo

O profesor emérito da USC, Xoán Carmona Badía, que como catedrático de Historia e Institucións Económicas, se dedica á investigación sobre historia marítima e industrial, e historia empresarial e patrimonio industrial, fixo un repaso do acontecido desde a última conferencia que deu no ano 2019 sobre Patrimonio Industrial convidado pola Asociación.

Comezou facendo alusión a un comentario que fixo o presidente na presentación en relación con FRIGSA, unha empresa de curta vida, dixo, que seguía o modelo dos grandes matadoiros de Chicago, unha aspiración do agrarismo de comezos do século XX, pero fóra de época, e polo mesmo chegou con corenta anos de retraso, tanto polos cambios nos mercados como polos procesos de transformación dos produtos cárnicos.

Xa no balanzo do acontecido co patrimonio industrial entre o ano 2019 e o 2026, o panorama non é nada positivo en relación coa actuación da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta, a pesar da importancia que na economía ten a industria galega manufactureira e no emprego, que representa o 15 %, e en España o 12 %, mentres que a porcentaxe no PIB por comunidades, temos un peso medio alto, incluso por enriba de Madrid.

Día 20

sábado

Viaxe para ver o Pazo de Meiras e a igrexa románica de Bergondo.

Día 9, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de Carlos Babío e Manuel Pérez Lourenzo sobre “O pazo de Meirás”.

Día 19, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia sobre “Dona Urraca, raíña de Galicia”, con motivo dos 900 anos da súa morte.

Domingo, 03 Mai 2026 09:00

Viaxe ao Alentejo.

Do 3 ao 7

Viaxe ao Alentejo.

Día 18

sábado

Viaxe para ver os faros do cabo Vilán, o faro de Muxía, o santuario da Virxe da Barca e o mosteiro de Moraime.

Día 7, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de Felipe Senén López sobre “Historia e cultura de Muxía nos camiños do confín”.

De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe do día 18 de abril para ver os faros do cabo Vilán, o faro de Muxía, o santuario da Virxe da Barca e o mosteiro de Moraime. Prezo 45 €.

Día 7, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de Felipe Senén López sobre “Historia e cultura de Muxía nos camiños do confín”.

De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe do día 18 de abril para ver os faros do cabo Vilán, o faro de Muxía, o santuario da Virxe da Barca e o mosteiro de Moraime. Prezo 45 €.

Día 21

sábado

Viaxe para ver o centro de interpretación das minas de volframio de San Finx de Lousame e a central hidroeléctrica do Tambre obra de Antonio Palacios.

Páxina 1 de 52

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe ao Alentejo. +

    Do 3 ao 7 Viaxe ao Alentejo. Ler Máis
  • Conferencia sobre “Dona Urraca, raíña de Galicia” +

    Día 19, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia sobre “Dona Urraca, raíña de Galicia”, con Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO