Artigos filtrados por data: Xuño 2025
Martes, 24 Xuño 2025 10:36

Viaxe a A Coruña

21 de xuño

A viaxe encadrouse dentro do ciclo dedicado ao mundo romano, e tivo por finalidade visitar a Torre de Hércules e o Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón. Nestas dúas visitas acompañounos o arqueólogo e museólogo Felipe Senén López, que comezou as explicacións no centro de interpretación da Torre, ante a escultura de Hércules obra de Leiro, para comprender a evolución do faro vendo as maquetas e os planos, continuando despois coa visita ao monumento, desde as escavacións na base da torre ata a terraza superior.

Día 21, sábado

Viaxe á Coruña guiada por Felipe Senén López. Saída ás 9,00 h.

4 de xuño

Na conferencia o profesor González García desenvolveu tres aspectos básicos que, ao mesmo tempo, permiten coñecer a historia da Torre de Hércules e marcan a súa singularidade como monumento histórico:

En primeiro lugar tratou sobre os motivos que levaron á construción dun faro, na época antiga, nestas paraxes do litoral galaico. Analizou o posible papel desenvolvido por este sector da costa coruñesa, e do litoral galego en xeral, nas liñas de contacto marítimo que, dende a Prehistoria, uniron ás distintas rexións da Europa atlántica e, mesmo, a estas co Mediterráneo.

Domingo, 15 Xuño 2025 14:18

VIAXE A ZARAGOZA E TARRAGONA

Do 5 ao 10 de maio de 2025

Dentro do ciclo dedicado ao Mundo Romano con motivo dos 50 anos de celebración do Bimilenario de Lugo, fixemos a viaxe para ver, no que respecta a arqueoloxía romana, Zaragoza capital e Tarragona na cidade e algún xacemento da provincia.

Dada a distancia organizamos o desprazamento facendo paradas en lugares que nos permitisen ver algún monumento interesante doutros períodos históricos, antes de xantar.

Día 4 de xuño, mércores

 

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

 

Conferencia de Francisco Javier González García, profesor de Historia Antiga na USC, sobre “A Torre de Hércules”.


De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe á Coruña o día 21, sábado, para ver a Torre de Hércules e o Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón. Prezo 45 €. Anotación para a viaxe a Chaves e Braga os días 23, 24 e 25 de setembro.

 

Día 4 de xuño, mércores

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

 

Conferencia de Francisco Javier González García, profesor de Historia Antiga na USC, sobre “A Torre de Hércules”.


De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe á Coruña o día 21, sábado, para ver a Torre de Hércules e o Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón. Prezo 45 €. Anotación para a viaxe a Chaves e Braga os días 23, 24 e 25 de setembro.

 

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de Clara María Ramos Taboada sobre “E ti ¿de quen ves sendo?”. Lucus Augusti como espello das relacións familiares na antiga Roma +

    Día 14, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia da investigadora doutora Clara María Ramos Taboada Ler Máis
  • Anotacións para a visita aos xacementos arqueolóxicos e para o xantar e festa dos socios do día 13 de decembro +

    Día 11, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia do arqueólogo Celso Rodríguez Cao sobre “O Ler Máis
  • Conferencia do arqueólogo Celso Rodríguez Cao sobre “O conxunto arqueolóxico da Casa do Mitreo” +

    Día 11, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia do arqueólogo Celso Rodríguez Cao sobre “O Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO