Día 26 de maio, xoves
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Ciclo O Camiño Primitivo Onte e Hoxe
Conferencia de Francisco Singul, historiador.
"A cosmovisión medieval como marco para a espiritualidade xacobea. O Camiño de
Santiago na plena Idade Media"
O día 19 de maio, ás 20,30 horas no salón de actos da Deputación Provincial, tivo lugar a actuación do grupo musical A Quenlla que interpretou poemas musicados do poeta Manuel María. O salón completou o aforo sendo moitas as persoas que non puideron entrar. Abriu o acto Adolfo de Abel Vilela, presidente de Lugo Patrimonio, que agradeceu a presenza do grupo musical e de Alfonso Blanco Torrado, que o presentou. O concerto durou hora e media e cada unha das composicións foi comentada con anécdotas e outros detalles polos membros do grupo Mini e Mero. Con esta actuación a Asociación deu por rematado o ciclo "Manuel María: Amar a vida".
Día 19 de maio, xoves
ás 20:30 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Ciclo dedicado a Manuel María: "Amar a vida"
Concerto: "A QUENLLA, canta a Manuel María"
O 3 de maio, con motivo da viaxe a Rumanía que varios socios da Asociación farán do 27 de maio ao 5 de xuño acompañados por Lois Diéguez, o escritor e poeta deu unha charla titulada "Diario de viaxe: polas terras de Rumanía", como limiar á visita a este país para el xa coñecido, facendo proxeccións e comentarios dos lugares a visitar: Bucarest, Sinaia, Bran, Brasov, Prejmer. Rasnouv, Brasov, Medias, Biertan, Sighisoara, Bicaz, Piatra Neamt, Targu Neamt, Humor, Varonet. Marxinea, Sucevita, Moldovita, Sadova, Bogd
Os días 30 de abril e 1 de maio, a Asociación viaxou as provincias de Zamora e León facendo de guía Ignacio Rodríguez Eguibar. Na mañá do primeiro día visitouse o que queda do Mosteiro de San Miguel de Moreruela de onde viñeron para Lugo as reliquias de San Froilán, que pertenceu ao Cister, sendo a parte que se conserva máis importante a cabeceira da igrexa, con sete capelas absidais e deambulatorio, de estilo de transición entre o románico e o gótico.