Venres, 21 Xullo 2023 07:05

PROGRAMACIÓN DO 2.º SEMESTRE 2023

SETEMBRO

Día 5 de setembro, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de Xosé Antón Fraga Vázquez, sobre “A Ciencia no Seminario de Estudos Galegos”.

De 19:30 a 20 horas

Anotacións para a viaxe dos días 28 e 29 de outubro para ver a Vila romana de La Olmeda e o Museo de Saldaña, Astudillo e San Hipólito el Real.

 

Día 12 de setembro, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de Santiago Ferrer Sierra sobre “O campamento romano de Aquis Querquennis”.

De 19, 30 a 20 horas

Anotacións para as viaxes do día 16 de setembro, sábado, a Santa Comba de Bande (Ourense) e o campamento romano de Aquis Querquennis e o día 30, sábado a Santiago para ver o Museo Pedagóxico de Galicia, e ás exposicións “A Escola Nova… tamén entre nós (1921-2021)” e “Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos: unha institución de alta cultura”.

 

Día 16 de setembro, sábado

Saída ás 9,00 h.

Viaxe a Santa Comba de Bande e o campamento de Aquis Querquennis

 

Día 30 de setembro, sábado

Saída ás 9,00 h.

Viaxe a Santiago de Compostela, visitas ao Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), e ás exposicións “A Escola Nova… tamén entre nós (1921-2021)” (Pazo de Fonseca) e “Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos: unha institución de alta cultura” (Museo Centro Gaiás, Cidade da Cultura).

 

OUTUBRO

Día 3 de outubro, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Táboa Redonda “O Seminario de Estudos Galegos en Lugo”. Coloquio sobre a pegada do Seminario de Estudos Galegos, a través do labor docente de Xosé Filgueira Valverde, Antonio Fraguas, Ricardo Carvalho Calero e Xosé Ramón Fernández-Oxea, (Ben-Cho-Shey). Participantes: María Pilar García Negro, Antonio Prado Gómez e Adolfo de Abel Vilela. Moderador, Felipe Arias Vilas.

 

Día 13 de outubro, venres

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de José Alberto Moráis Morán, profesor de Historia da Arte da Universidade de León sobre "A beleza do cotián: arte e suntuosidade nas vilas romanas de Palencia".

 

Día 28 e 29 de outubro, sábado e domingo

Viaxe para ver a Vila romana de La Olmeda e o Museo de Saldaña, Astudillo e San Hipólito el Real. Saída ás 8 horas.

 

NOVEMBRO

Día 7 de novembro, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia Javier Gómez Darriba sobre “O Mosteiro de Vilanova de Lourenzá”.

De 19, 30 a 20 horas

Anotacións para a viaxe a Vilanova de Lourenzá.

 

Día 18 de novembro, sábado

Viaxe a Vilanova de Lourenzá.

Saída ás 9 horas

 

DECEMBRO

Día 16 de decembro, sábado

ás 12,00 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Asemblea xeral, elección da directiva, festa dos socios

 

NOTA

Calquera variación nas datas das actividades serán comunicadas polo correo electrónico.

 

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de Juan David Díaz López sobre “A arquitectura do eclecticismo: pompa e fantasía para a cidade burguesa”. +

    Día 27 de febreiro, martes Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Juan David Díaz López sobre “A arquitectura Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe do 16 de marzo aos pazos de Oca e Santa Cruz de Rivadulla +

    Día 27 de febreiro, martes De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe do 16 de marzo aos pazos Ler Máis
  • Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral +

    MARZO Día 6, mércores Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral. De 19,30 a 20 h., anotacións para a Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO