Artigos filtrados por data: Febreiro 2024

Nesta intervención o conferenciante ofreceu unha panorámica xeral sobre o estilo arquitectónico que se coñece como eclecticismo. Configurado ao longo do século XIX ao abeiro da febre dos historicismos e revivals, fragua no París do Segundo Imperio, na etapa de Napoleón III, como unha aposta estilística híbrida, imaxinativa e grandilocuente que quere encarnar o espírito liberal dun século enquistado en estéticas do pasado.


A intervención foi eminentemente didáctica con numerosos exemplos para poder entender a formación e evolución deste estilo a partir de 1850 como alternativa ao neoclasicismo da etapa anterior. É unha arquitectura moi recargada de decoración que mestura diferentes estilos que perdurará ata os anos 30 do século XX coa chegada do racionalismo e o emprego de novos materiais na construción como o formigón, o cemento, o vidro e o ferro. Prolongada a súa vixencia internacional a través de diversas modulacións formais, en España entrelázase co modernismo e aínda exhibe músculo na arquitectura monumental da década de 1920, antes de quedar estigmatizada polo discurso racionalista que, ata hai ben poucos anos, limitou o recoñecemento do seu valor patrimonial.

Día 27 de febreiro, martes

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de Juan David Díaz López sobre “A arquitectura do eclecticismo: pompa e fantasía para a cidade burguesa”.

De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe do 16 de marzo aos pazos de Oca e Santa Cruz de Rivadulla. Prezo 40 €.

Día 27 de febreiro, martes

De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe do 16 de marzo aos pazos de Oca e Santa Cruz de Rivadulla. Prezo 40 €.

Domingo, 25 Febreiro 2024 20:28

Viaxe a A Coruña

24 de febreiro de 2024

Foi organizada para ver as exposicións "Viajar para pintar. Sorolla en Galicia", no Museo de Belas Artes, a de fotografía de Helmut Newton, así como o novo Museo de Automoción e Historia (MAHI). Participou un grupo de corenta socios comezando pola visita guiada da exposición de Soroya formándose dous grupos, mentres un visitaba a exposición o outro fixo un percorrido polo Museo.

Con fondos da Fundación Museo Sorolla de Madrid e do de Belas Artes da Coruña, a exposición presenta a participación galega no proxecto Sorolla. Viajar para pintar, dentro do programa “100 años del fallecimiento de Joaquín Sorolla”, na que figuran máis de setenta obras entre óleos, debuxos, notas de color e obxectos etnográficos, realizados e recollidos nos anos 1900, 1010 e 1915. Foi unha visita participativa na que non só se escoitaron as explicacións da guía, senón que algún dos concorrentes fixo comentarios e aportacións sobre o contexto e mesmo sobre o traballo pictórico desenvolvido por Sorolla, para poder pintar a obra dedicada a Galicia por encargo da Hispanic Society of América. Remata a exposición con obras dos artistas galegos cos que mantivo relación, como Francisco Lloréns, Fernando Álvarez de Sotomayor, María Corredoira ou Jenaro Carrero.

Sábado, 24 Febreiro 2024 09:00

Viaxe a A Coruña

Día 24, sábado

Viaxe a A Coruña para ver as exposicións "Viajar para pintar. Sorolla en Galicia", no Museo de Belas Artes e a de fotografía de Helmut Newton, así como ao novo Museo de Automoción e Historia. Saída ás 9 h.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Roteiro pola obra de Asorey en Lugo +

    Día 25, sábado Roteiro pola obra de Asorey en Lugo: Cemiterio de San Froilán, Parque de Rosalía de Castro, Museo Ler Máis
  • Conferencia de Héitor Picallo Fuentes sobre “Os castelos de Galicia”. +

    XUÑO Día 18 de xuño, martes Conferencia de Héitor Picallo Fuentes sobre “Os castelos de Galicia”.   Ler Máis
  • Viaxe para ver o castelo de Pambre a Casa Torre de Xiá Museo Etnográfico de San Paio de Narla e o mosteiro de Sobrado dos Monxes +

    Día 22, sábado Viaxe para ver o castelo de Pambre a Casa Torre de Xiá Museo Etnográfico de San Paio Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO