Sábado, 14 Outubro 2023 16:40

Conferencia de José Alberto Moráis Morán sobre "A beleza do cotián: arte e suntuosidade nas vilas romanas de Palencia"

13 de outubro

O profesor de Historia da Arte da Universidade de León comezou a conferencia indicando que durante a Antigüidade romana as vilas convertéronse nos ámbitos domésticos por excelencia, moradas nas que os propietarios patrocinaron e usaron as formas máis luxosas de ornamentación dos seus muros, chans, mobiliario, etc., buscando crear espazos suntuosos para a vida e a representación social. Ademais da imaxes, recorreu a dar lectura a algún parágrafo de textos de autores romanos nos que se fala da vida nestas vilas.

Nos contextos do Mediterráneo, e na mesma Península Ibérica, conserváronse, en ocasións en paraxes illadas de gran beleza, conxuntos habitacionais, vilas, de gran relevancia e calidade artística.

Citou como exemplo que os moradores da chamada vila de Oplontis, preto de Nápoles, posuíron unha das piscinas máis grandes coñecidas no mundo romano. Alí tomaban baños ao sol da costa do Tirreno, mentres gozaban dos seus xardíns e das amplas estancias pintadas.

As vilas máis ricas integrábanse no urbanismo da mesma Pompeya, mentres que outras mansións de gran tamaño elevábanse sobre o porto de Herculano, outorgando aos seus donos unhas vistas incomparables sobre o mar, albiscando no horizonte as illas de Capri e Ischia.

En Hispania a situación non foi diferente. O dono da vila da Noheda (Cuenca) tivo a capacidade económica para contratar a algúns dos mellores artistas do mosaico, que ornaron os chans da súa vila con materiais traídos de diferentes partes do Imperio, mentres que, lonxe de alí, en Navatejera (León), un senior mandou construír a súa gran casa fóra dos muros da vella cidade romana, buscando o descanso, afastado do mundanal. Precisamente, a gran vila situábase na vía que comunicaba Asturica Augusta (Astorga), Legio (León) e Pallantia (Palencia).

O obxectivo desta conferencia buscaba poñer de relevo, a modo de introdución para a visita da vila romana de La Olmeda, as características das vilas máis importantes do mundo romano occidental que coñecemos, pasando a continuación a analizar varios dos conxuntos hispanos.

Tras iso, o foco centrouse no caso concreto da actual provincia de Palencia, explicando os exemplos das vilas, mellor conservadas, da Olmeda e a de Quintanilla de Cózaa (La Tejada); aínda que tamén se expuxo datos sobre outras menos soadas, como a das Quintanas de Santoyo e outras.

Ademais, analizou os enclaves xeográficos nos que se erixiron, as técnicas construtivas utilizadas, así como os ricos mosaicos e pinturas que decoraron chans e muros. Tamén remarcou a importancia das novas técnicas dixitais na reconstrución 3D das estruturas perdidas e que permiten imaxinar mellor como foron esas grandes casas.

A través das súas plantas e muros pódense reconstruír os costumes e formas de vida nesas vilas, e remarcar a importancia que os romanos deron ao concepto de beleza dentro da cotidianeidade do día a día.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Sintra +

    MAIO Días 5 ao 8 Viaxe a Sintra (Portugal). Saída ás 8 h. Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe do día 22 de xuño a Pambre, Narla e a viaxe a Mérida +

    Día 10 de maio, venres Salón de actos da Deputación Provincial De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe Ler Máis
  • Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo sobre o escultor Francisco Asorey +

    Día 10 de maio, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO