Martes, 07 Xuño 2022 15:55

Conferencia de María Fernanda Fernández Gutiérrez sobre “O Patrimonio industrial en Asturias”

31 de maio de 2022

Como actividade previa a viaxe a Asturias os días 24 , 25 e 26 de xuño, a licenciada en Historia da Arte e profesional especializada en Patrimonio Industrial, María Fernanda Fernández Gutiérrez, deu unha conferencia ilustrada con imaxes para explicar o estado deste tipo de patrimonio e a súa posta en valor, facendo tamén referencia ao patrimonio lamentablemente destruído.

Comezou dicindo que é un patrimonio cultural como calquera outro que neste caso amosa a un mundo do traballo que desapareceu, polo que tamén é unha memoria do traballo. Que se chegase a valorar o Patrimonio Industrial foi un esforzo, a veces grazas a mobilización da cidadanía que foron as que obrigaron ás administracións a que se ocupasen del, sendo froito destas acción a aprobación recente dunha lei de protección da industrialización de Asturias. Puxo como primeiro exemplo a Fábrica de Armas de Oviedo, un enorme conxunto de deseño urbanístico situado na entrada da cidade, fronte a igrexa prerrománica de Santuyano de los Prados, que marcou o inicio da industrialización de Asturias, no que se poden ver avenidas, instalacións de enxeñería e elementos de arquitectura, pódese dicir que é unha cidade dentro doutra cidade. Tivo Escola de Artes e Oficios para formar aos fillos dos traballadores, conservándose as portadas da capela románica do mosteiro desamortizado que había no lugar onde se levantou este complexo, O claustro dotouse dunha cuberta metálica en serra para destinar o espazo a almacén.

 

Outro dos exemplos do que falou foi a Fábrica de Gas de Oviedo situada en terreos desamortizados na rúa Paraíso. A súa estrutura formaba parte da paisaxe urbana. Tamén se referiu á fábrica de louzas de San Claudio, da que fixo o inventario no ano 2001, pero que despois foi espoliada.

Xa na tradición mineira de Asturias fixo referencia ao Pozo Santa Bárbara o primeiro do Valle del Turón, sendo o primeiro que se declarou BIC, intervindo se nos dous castilletes. Falou tamén do Pozo San Luis que cualificou de moi interesante. Está acondicionado, conservándose a central eléctrica, creándose un Eco-museo, accedéndose mediante un ferrocarril. Esta instalación foi a primeira produtora mundial de cinc.

No exemplo dunha mina de carbón de hulla, falou do Pozo Sotón, situado entre El Entrego e Sotrondio, no concello de San Martín del Rey Aurelio, seguindo despois co interesante poboado mineiro de Bustiello fundado por Claudio López Bru, marqués de Comillas, declarado BIC en outubro do ano 2017, contando cun Centro de Interpretación.

O Socavón de la Rabaldana, no val de Turón, recuperado por unha asociación, quedando como era en 1890. Mostrou tamén o Museo de la Minería e as grúas eléctricas de San Esteban de Pravia, cualificado como un dos conxuntos máis belidos do mundo. Recuperáronse os cargadoiros.

Dixo que custaba recuperar o patrimonio que flota, as carpinterías onde se facían os barcos, mostrando os estaleiros dos anos 40 do século XX. Tamén fixo referencia á minería do ferro, os fornos altos, no conxunto Museo de Quirós, unha mina de montaña tradicional.

Rematou dicindo que si perdemos o Patrimonio Industrial non nos imos a recoñecer.

Máis en ésta categoría « Viaxe a Allariz Viaxe a Cudillero »

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral +

    MARZO Día 6, mércores Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral. De 19,30 a 20 h., anotacións para a Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe do 20 de abril a Cambados +

    MARZO Día 6, mércores Conferencia sobre as camelias por Carmen Salinero Corral. De 19,30 a 20 h., anotacións para a Ler Máis
  • Viaxe para ver os pazos de Oca e Santa Cruz de Rivadulla +

    Día 16, sábado Viaxe para ver os pazos de Oca e Santa Cruz de Rivadulla. Saída ás 8,30 h. Ler Máis
  • Táboa Redonda sobre a vida e a obra de Luisa Villalta +

    Día 19, martes Táboa Redonda sobre a vida e a obra de Luisa Villalta, persoeira das Letras Galegas 2024. Interveñen Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO